Economía de Togo
| Economía de Togo | |
|---|---|
| Moeda | Franco CFA da África Occidental |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 5 202 millóns (2009) |
| Posición do PIB | 158ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 1,8% (2009) |
| PIB per cápita | $ 900 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 26,6%, industria 15,6%, comercio e servizos 57,8% (2009) |
| Inflación | 8% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 50% (2004) |
| Total da forza de traballo | 9.504.000 (2007) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 65%, industria 5%, comercio e servizos 30% (1998) |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | extracción de fosfato, procesamento agrícola, cemento, artesanías, téxtiles, bebidas |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1 399 millóns (2009) |
| Produtos de exportación | produtos reexportados, algodón, fosfato, café, cacao |
| Principais mercados | Gana 12,1%, Burkina Faso 10,5%, India 9,7%, Alemaña 9,3%, África do Sur 7%, Benín 6,6%, Brasil 4,7%, Bélxica 4,6%, Malí 4,2%, Países Baixos 4,1% (2008) |
| Importacións | 1 836 millóns (2009) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, alimentos, derivados de petróleo |
| Principais mercados | República Popular de China 35,3%, Países Baixos 7,7%, Francia 7,1%, Tailandia 5%, India 4,8% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 2 mil millóns (2009) |
| Receitas | 468,7 millóns (2009) |
| Despesas | 535,4 millóns (2009) |
A pequena economía do Togo é moi dependente da agricultura, tanto a comercial como a de subsistencia. As actividades agrícolas empregan 65% da man de obra. Cacao, café e algodón representan xuntos o 40% das exportacións. A pesar da importancia da agricultura, é necesario importar algúns alimentos básicos[1]. Algúns produtos destinadas ao consumo interno son o millo, a mandioca e o millete que permiten nestes momentos garantir un mínimo alimenticio aos togoleses.
Togo é o cuarto produtor mundial de fosfato[1] de que existen preto de 60 millóns de Tm en reservas, extraendo algo máis de 1 millón anual. Os maiores problemas das explotacións derivan da falta de investimentos tecnolóxicos nos procesos industriais e de captación do material e o esgotamento das minas de máis fácil acceso. A principal industria do país é a extracción mineral.