Dushanbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dushanbe
Mapa
Tadschikistan.png
Información
País Flag of Tajikistan.svg Taxiquistán
Distrito [[]]
Superficie 100 km2
Poboación 661.100 (2006)
Densidade 6.611 h/km²
Alcalde Mahmadsaid Ubnydulloyev
Dushanbe-view.gif

Dushanbé, ou se facemos a trasliteración do cirílico ao galego Duxanbé (en taxico Душанбе) é a capital e máis o principal centro cultural e económico de Taxiquistán. No ano 2002 a súa poboación estimábase en 575.900 habitantes. Na época da Unión Soviética recibíu o nome de Stalinabad.

Índice

[editar] Étimo do nome

O nome deriva da palabra taxica para "luns" (du "dous" + xamba o xanbé "día") e refírese ao feito de que a cidade celebraba un mercado moi frecuentado os luns, para eles o segundo día da semana.

[editar] Xeografía

Situada no extremo centro-occidental do país, a uns 800 m de altitude., aséntase no val de Gissar, moi densamente poboado, localizado ao suroeste dunha cadena montañosa do mesmo nome (Montes Guissar).

A cidade está atravesada polo río Varzob (tamén chamado río Dušanbinka),que forma parte da conca do Amu Daria.

[editar] Distritos

Distritos de Duxanbé

Duxanbé divídese nos seguintes distritos:

  1. Abuali Ibn Sina
  2. Firdavsi
  3. Ismail Somoni
  4. Shokhmansur

[editar] Clima

Dado o alonxamento do mar, o clima ten un forte carácter continental, con veráns cálidos e secos, e con invernos fríos e, relativamente, húmidos.

A temperatura media é duns 14,7 °C e as precipitacións medias anuais son duns 568 mm. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 27,1°, mentres que o máis frío é xaneiro con 2,1 °C. O mes máis seco é agosto, entanto as chuvias máis abundantes caen en marzo e abril con cerca de 100 mm.

[editar] Economía

Aeroporto

Desde que foi conectada á rede ferroviaria (1929), durante a época soviética, a cidade converteuse n centro económico e industrial del paese. As industrias principais son a téxtil, alimentarias e manufactureira.

A 80 km ao sur de Dushanbé, atópase a Base Aérea de Farkhor, a única base militar india fora da Unión India.

Na cercanías de Dushanbé están despregadas tamén tropas francesas, estadounidenses e rusas.

[editar] Transportes

A rede ferroviaria taxica non está moi desenvolvida, en parte a causa do relevo do territorio. Con todo o ferrocarril transcaucásico liga diariamente Dushanbe con Tashkent en Usbequistán e con Moscova. Os trens, porén, son lentísimos por mor do trazado tortuoso da liña.

Dushanbe ten un aeroporto internacional, sito a menos de 15 minutos en automóbil da cidade. Lígase con voos diarios para Moscova, Bacú e Taxquent e voos cada dúas semanas para Estanbul).

[editar] Lugares a visitar

  • Museo Etnográfico, cunha colección de artefactos da arte taxica (cerámicas, alfombras, xoiaría e instrumentos musicais, entre outros).
  • Museo Unificado de Taxiquistán.
  • Teatro da Ópera e Ballet Ayni, con fermosa arquitectura interna.
  • Mezquita de Haji Iakub.

[editar] Ensino e cultura

A cidade é a sede da Universidade de Taxiquistán e da Academia das Ciencias.

[editar] Irmandamentos

Entre outros:

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas