Provincia de Sogdiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Sogdiana

A provincia de Sogdiana (Вилояти Суғд) é unha das catro divisións administrativas e unha das tres provincias (Вилоятҳо, Vilojatxo) que conforman a división administrativa do Taxiquistán. Está situada no noroeste do país. Ten unha superficia de 26.100 km², e unha poboación de 1.870.000 de acordo co censo de 2000.

A provincia comparte unha fronteira coas provincias de Xizagh (Jizax), Namangán, Samarcanda e Ferganá do Uzbequistán, e coas provincias de Ox (Osh) e Batquén (Batken) do Quirguicistán. O río Sir ("Sir Daria") flúe a través da provincia.

A provincia era coñecida co nome de «Leninabad» ata 1991, taxiquizado coma «Leninobod» ata o 2000, e renomeada como Sogdiana en homenaxe á rexión histórica do mesmo nome que ocupaba parte do actual Taxiquistán, no 2004.

A súa capital é Ghuxand, en taxico Хуҷанд (Xushand), "Leninabad" durante o período soviético.

Outras cidades[editar | editar a fonte]

Outras cidades importantes son:

A provincia de Sogdiana conta cos seguintes 14 distritos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]