Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

}

Вилояти Мухтори Кӯҳистони Бадахшон
Viloyati Muxtori Kuhistoni-Badaxshón
/dʒumhɪɪ todʒɪkɪsˈton/
Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso
 
Tj4-kaart.png
 
Capital
 • Poboación
Xorugh
28.000 (2006)
Cidade máis poboada Xorugh
Linguas
 • Oficiais
n/d
n/d
Forma de goberno Provincia Autónoma
Constitución
en xaneiro de 1925, integrándose no Taxiquistán en 1929.
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

64.200 km²

n/d km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade

220.400 (ano 2006)
3,43 hab./km²
Xentilicio Badaghxano, -a
Dominio de Internet .tj
Código ISO ISO 3166-2 TJ-BG
Gorno badakhshan map.png

A Provincia Autónoma de Badaghxán Montañoso (PABM) (Taxico: Вилояти Мухтори Кӯҳистони Бадахшон / Viloyati Mukhtori Kuhistoni Badakhshon) é unha provincia montañosa autónoma ao leste do Taxiquistán. Localizada nas Montañas do Pamir, representa un 45% da superficie total do país.

A PABM ocupa toda a parte oriental do Taxiquistán lindando ao leste coa Provincia de Xinxiang china, ao sur e ao oeste coa Provincia do Badaghxán afgán, e ao norte coa Provincia de Oxe (Osh) de quirguiz. As fronteiras internas son coa Rexión Subordinada da República (RSR) ao oeste e a parte con forma de dedo (o Distrito de Darvoz) coa Provincia de Xatlón ao norte.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do Badaghxán Montañoso remóntase aos tempos dos sacas (escitas que viviron en Asia Central dende o século V a.C. ata o século III da nosa era). De acordo coas evidencias rexistradas no Mahabarata, os altiplanos do Pamir foron territorios poboados polas tribos dos lohas, os parama-camboxas e os rixicas, entre outros. Despois, heftalitas, samánides, mongoles e timúrides controlaron a zona. E, finalmente, os manghitas.

No ano 1883, e incitados polos británicos, os afgáns e os chinos invadiron a rexión e ocuparon os montes do Pamir. A súa invasión puxo fin ao tratado ruso-británico de 1872 que establecía unha fronteira no val do río Panxe (Panj). Afganistán ocupou os vales do Badaghxán oriental e os chineses fixéronse coas montañas dos Pamir. Entón os pamires pediron axuda a Rusia e ofrecéronlles que os montes Pamir foran incorporados a Rusia. Sen embargo, Rusia non aceptou a oferta.

A rexión foi un foco importante de tensións políticas e conflito entre os británicos e a Rusia Imperial. En 1894 os afgáns foron expulsados do val do Panxe e en 1895 o Panxe foi aceptado coma fronteira entre os dominios británicos e o imperio ruso. Os territorios ao norte do río Panxe foron asignados ao Emir de Buxara. A rexión ao sur do Panxe (incluíndo a capital taxica Faizabad) asignouse ao Afganistán definitivamente.

Entre 1920 e 1923 a Unión Soviética ocupou toda a rexión (Parmir e Badaghxán Montañoso) e a PABM foi creada en xaneiro de 1925 e anexionada á RSS do Taxiquistán (República Socialista Soviética) despois da súa creación en 1929. Durante os años 50 moitos dos habitantes autóctonos do Badaghxán Montañoso, coñecidos coma pamires, foron trasladados pola forza ao sudoeste do Taxiquistán, ao igual que moitos outros pobos da ex-URSS. Durante o período de dominación soviética a PABM foi coñecida coma "Горно-Бадахшанская автономная область", isto é, Provincia Autónoma de Gorno-Badaghxán (igual a Badaghxán Montañoso).

Tras obter a independencia o Taxiquistán en 1991, a rexión foi redenominada en lingua taxica coma Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Cando a guerra civil estalou no Taxiquistán no ano 1992 o goberno local da PABM declarou a súa independencia da República do Taxiquistán. Durante dita guerra civil moitos pamires foron obxecto de matanzas por grupos rivais e a PABM converteuse nun bastión da oposición. Máis tarde o goberno local da PABM retractouse da súa declaración de independencia chegando á situación actual.

Xeografía[editar | editar a fonte]

As montañas máis altas da provincia están na cordilleira do Pamir, onde se localizan tres dos cinco cumes de máis de 7.000 m.: o Pico da Independencia (7.134 m.), antes chamado Pico Lenin, na fronteira con Quirguicia, o Pico Ismail Samani (7.495 m.), antes chamado Pico do Comunismo, e o Pico Corxenievski (7.105 m).

Pamir Mountains, Tajikistan, 06-04-2008.jpg

As montañas do Pamir tamén destacan pola existencia de varios glaciares sendo o seu representante máis importante o Glaciar de Fedchenko ao norte do Pico da Independencia que, con 77 quilómetros de longo e 700 km² de superficie, é o glaciar máis longo do mundo fóra das rexións polares.

Distritos[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación é maioritariamente taxica con pequenas minorías quirguizas e rusas, en retroceso, sobre todo a rusa. A cidade máis grande na PABM é Xorugh, cunha poboación de 22.000 habitantes, a segunda máis grande é Murgob (Murghob) con 4.000 habitantes. A PABM é o fogar de múltiples linguas e dialectos do grupo de linguas chamado linguas do Pamir: xugní, ruxaní, vakhí, ixcaximí, vanxí, sariculí, bartanguí, hufí, iazgulomí, e oroxaní. A vanxí, extinguiuse no século XIX e foi falada no val do río Vanxe. Existe unha poboación quirguiz falante importante no distrito de Murgob, que dende a independencia do Taxiquistán en esta en retroceso. Trala desaparición da URSS quedou unha pequena poboación de rusos falantes en Taxiquistán, sendo moi poucos na PABM. A relixión maioritaria na PABM é a xiíta ismaelí. Teñen grande admiración e unha adhesión estendida ao Agá Khan.

Os Garm son un clan asentado no Badaghxán Montañoso. O Partido do Renacemento Islámico no Taxiquistán está conectado a este clan dos Garm.[1]

Transporte[editar | editar a fonte]

Tan só dúas estradas de fácil tránsito conectan a PABM co mundo exterior, Xorugh-Ox (Osh) e Xorugh-Duxanbé, ámbalas dúas son ramificacións da Autoestrada do Pamir. Unha terceira estrada dende Xorugh a Taxcurgán na China a través do Paso de Culma que é bastante curvoso e en mal estado. Badaghxán Montañoso está separado do Paquistán polo estreito case infranqueable chamado Corredor de Vaghán. Outra estrada vai dende Xorugh ata o Vaghán e cruza a fronteira afgá.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]