Tajikistan Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing 757-200 pertencente a Tajik Air.

Tajik Air, coñecida como Tajikistan Airlines é a compañía aérea da República do Taxiquistán. Ten a súa base no Aeroporto de Duxanbé e é practicamente a única compañia aérea do país, realizando traxectos nacionais e internacionais.

Índice

Historia [editar]

A súa primeira ruta foi de Buxara a Duxanbé, feita por avións Junkers F.13. Tajik Air afrontou unha forte competencia de rivais no sector da aviación, o cal foi empeorando dende que dito sector da aviación do Taxiquistán foi desregularizado en setembro de 2006. A compañía aérea tan só transportou 320.000 pasaxeiros nos primeiros nove meses de 2006, unha notable caída con respecto ao ano 2005. Para tratar de vencer o seu declibe, a compañía aérea coa axuda do Banco Europeo para a Reconstrución e Desenvolvemento (BERD-EBRD), (en inglés European Bank for Reconstruction and Development), emprende un estudio técnico para os avións Airbus A320 e Boeing 737[1].

Foi fundada o 3 de setembro de 1924.

Destinos [editar]

Tajik Air realiza as seguintas rutas (segundo datos de outubro de 2007):

Asia [editar]

Asia Central
Asia Oriental
Asia Occidental Meridional

Europa [editar]

Europa Oriental

A flota [editar]

Avión Tu-154 das Liñas Aéreas do Taxiquistán.

A flota da compañía Tajik Air está formada polos seguintes avións (dende o 5 de agosto de 2008) [1]:

Notas [editar]

  1. Compañías Aéreas do Mundo, (Airliner World), febreiro de 2007.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]