Guangzhou
Coordenadas: 23°08′N 113°16′E / 23.133°N 113.267°E
Guangzhou ( chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōou, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur de China. Con anterioridade foi coñecida internacionalmente como Cantón, por unha corrupción europea de "Guangdong", o nome da provincia. En 1999 tiña unha poboación de 6.850.000 habitantes na área urbana, e na área metropolitana 4.050.000.
Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi preto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.
A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.
Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron a China no século XVI.
A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 Km.) mediante trens, autobuses e un servizo de Ferry.
Lugares de interese [editar]
- Templo dos seis banianos: Construído no ano 537, este templo quedou completamente destruído no século X por culpa dun incendio. Reconstruíuse entre o ano 989 e o 990. No seu interior encóntrase a pagode das flores, dunha altura total de 57 metros.
- Casa da familia Chen: O máis rechamante desta casa son os seus tellados, cheos de esculturas e de colorido. O edificio foi rematado no ano 1894.
- Guangxiao Si: Trátase dun templo budista construído no século IV e reconstruído no século XVII.
Cidades irmandadas [editar]
Guangzhou está irmandada coas seguintes cidades:
Fukuoka, Xapón desde 1979
Os Ánxeles, Estados Unidos desde 1982
Manila, Filipinas desde 1982
Vancouver, Canada desde 1985
Sydney, Australia desde 1986
Bari, Italia desde 1986
Frankfurt, Alemaña desde 1988
Lyon, Francia desde 1988
Gwangju, Corea do Sur desde 1996
Maribor, Eslovenia desde 1985
Linköping, Suecia desde 1997
Durba, Africa do Sur desde 2000
Bristol, Inglaterra desde 2001
Ekaterinburgo, Rusia desde 2002
Arequipa, Perú desde 2004
Birmingham, Inglaterra desde 2006
Dubai, Emiratos Árabes Unidos desde 1985
Véxase tamén [editar]