Rudolf Steiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rudolf Steiner
Steiner um 1905.jpg
Datos persoais
Nacemento 25 de febreiro de 1861
Lugar Croacia Croacia
Falecemento 30 de marzo de 1925
Lugar Suíza Suíza
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Rudolf Steiner, nado en Donji Kraljevec (Croacia) o 25 de febreiro de 1861[1] e finado en Dornach (Suíza) o 30 de marzo de 1925, foi un filósofo austríaco, erudito literario, educador, artista, autor teatral, pensador social e esoterista.[2][3][4]

Foi o fundador da antroposofía, educación Waldorf, agricultura biodinámica, medicina antroposófica,[5] e a nova forma artística da euritmia.

Caracterizou a antroposofía como:

A antroposofía é un camiño de coñecemento que quixera conducir o espiritual no home ao espiritual no universo. Poden ser antropósofos aqueles que senten determinadas cuestións sobre a esencia do home e do mundo como unha necesidade tan vital como a que se sente cando temos fame e sede.
Rudolf Steiner[6]

Steiner propuxo unha forma de individualismo ético, ao que despois engadiu un compoñente máis explicitamente espiritual. Derivou a súa epistemoloxía da visión do mundo de Johann Wolfgang Goethe, segundo a cal «O pensamento é un órgano de percepción ao igual que o ollo ou o ouvido. Do mesmo modo que o ollo percibe cores e o ouvido sons, así o pensamento percibe ideas».[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e educación[editar | editar a fonte]

Rudolf Steiner als Abiturient.jpg

O pai de Steiner, Johann, deixou un posto de cazador ao servizo do Conde Hoyos en Geras para casar con Franziska Blie (o Conde non dera o seu consentimento); Johann fíxose operador de telégrafo do Ferrocarril do Sur de Austria, e cando naceu Rudolf, estaba destinado en Murakirály, na rexión de Muraköz; que despois formou parte do Imperio austrohúngaro (actualmente é Donji Kraljevec, rexión de Međimurje, extremo norte de Croacia). Nos dous primeiros anos da vida de Rudolf, a familia mudouse dúas veces, primeiro a Mödling, cerca de Viena, e despois (polo ascenso de seu pai a xefe de estación) a Pottschach, situado nas abas dos Alpes do leste austríaco, na actual Burgenland.[5]

De 1879 a 1883, Steiner cursou estudos e graduouse no Instituto de Tecnoloxía (Technische Hochschule) de Viena, onde estudou matemáticas, física e filosofía.[8] En 1882, un dos mestres de Steiner na universidade de Viena (Karl Julius Schröer), suxiriu o nome de Steiner ao Profesor Joseph Kürschner, editor dunha nova edición das obras de Goethe. Entón pediuselle a Steiner que fose o editor científico da edición.[9]

Na súa autobiografía, Steiner relatou que aos 21 anos, no tren entre o pobo onde vivía e Viena, coñeceu un sinxelo herborista (Felix Kogutski) que lle falou do mundo espiritual «como alguén que tivo as súas propias experiencias del...». Este recolector de herbas presentouselle a Steiner unha persoa que Steiner só identificou como un «mestre», quen tivo unha grande influencia sobre o desenvolvemento posterior de Steiner, concretamente dirixíndoo a estudar a filosofía de Fichte.[10]

En 1891, Steiner obtivo un doutorado en filosofía na Universidade de Rostock, en Alemaña, cunha tese baseada no concepto do ego de Fichte,[11] máis tarde publicada de maneira expandida como Verdade e ciencia.

Escritor e filósofo[editar | editar a fonte]

Rudolf Steiner 1900

En 1888, como resultado do seu traballo para a edición Kurschner das obras de Goethe, Steiner foi invitado para traballar como editor nos arquivos de Goethe en Weimar. Steiner permaneceu no arquivo até 1896. Ademais das introduccions e os comentarios a catro volumes de escritos científicos de Goethe, Steiner escribiu dous libros sobre a filosofía de Goethe: Teoría do coñecemento baseada na concepción do mundo de Goethe (1886) e Goethe e a súa visión do mundo (1897). Durante este tempo tamén colaborou en edicions completas da obra de Arthur Schopenhauer e a do escritor Jean Paul, e escribiu artigos para diversas revistas. Así mesmo escribiu a que considerou a súa obra filosófica máis importante: Die Philosophie der Freiheit (A filosofía da liberdade, 1894), unha exploración de epistemoloxía e ética que propuña un camiño polo cal os seres humanos poden converterse en seres libres espiritualmente (véxase máis abaixo).

En 1896, Elisabeth Förster-Nietzsche pediulle a Steiner ordenar o arquivo de Nietzsche en Naumburg. Por aquela altura, o seu irmán xa non estaba compos mentis. Förster-Nietzsche introduciu a Steiner en presenza do filósofo catatónico e Steiner, profundamente emocionado, escribiu máis tarde o libro Friedrich Nietzsche, un loitador contra a súa época. De Nietzsche, Steiner di na súa autobiografía:

As ideas de Nietzsche do eterno retorno e do superhome permaneceron moito tempo na miña mente, pois nelas estaba reflectido o que unha personalidade debe sentir respecto á evolución e ao ser esencial da humanidade, cando a esta personalidade se lle impide captar o mundo espiritual, debido ao pensamento restrinxido da filosofía da natureza que caracterizou o final do século dezanove. O que me atraeu concretamente foi que un podía ler a Nietzsche sen encontrar nada que intente volver o lector «dependente» de Nietzsche.
Rudolf Steiner[12]

En 1897, Steiner deixou os arquivos de Weimar e mudouse a Berlín. Converteuse en propietario, editor xefe e contribuínte activo da revista literaria Magazin für Literatur, onde esperou encontrar lectores que simpatizaran coa súa filosofía. O seu traballo na revista non foi ben recibido polos seus lectores, polo cal moitos subscriptores se deron de baixa, sobre todo despois do impopular apoio de Steiner a Émile Zola no caso Dreyfus. A Magazin für Literatur perdeu máis subscriptores despois de revelarse a íntima amizade de Steiner co escritor anarquista John Henry Mackay ao publicar Steiner extractos da súa correspondencia.[13] A xeral insatisfacción co seu traballo editorial conduciu finalmente á súa saída da revista.

En 1899, Steiner casou con Anna Eunicke. Logo separáronse e Anna morreu en 1911.

Steiner e a Sociedade Teosófica[editar | editar a fonte]

Marie Steiner 1903

En 1899 Steiner publicou un artigo no seu Magazin für Literatur, titulado «A revelación secreta de Goethe», sobre a natureza esotérica do conto de fadas de Goethe «A serpe verde e a branca azucena». Este artigo motivou unha invitación por parte do Conde e a Condesa Brockdorff, para falar nunha reunión de Teósofos sobre Nietzsche. Steiner continuou falandolles regularmente aos membros da Sociedade Teosófica, converténdose en Secretario Xeral da súa recén formada sección alemá en 1902, sen unirse nunca formalmente á sociedade.[13] Dentro desta sociedade, Steiner coñeceu a Marie von Sievers, con quen traballou, e quen se converteu na súa segunda esposa en 1914.

En 1904, Steiner foi nomeado por Annie Besant dirixente da Sociedad Esotérica en Alemaña e Austria. A Sección Alemá da Sociedade Teosófica creceu rapidamente baixo a guía de Steiner, quen impartiu conferencias sobre ciencia espiritual ao longo da maior parte de Europa. Durante este período, e en consonancia co que acordou coa dirección da Sociedade Teosófica,[14] Steiner soamente falou daquilo que el mesmo puido investigar por si mesmo. Inicialmente, e tendo en conta que o seu público estaba no ámbito do movemento teosófico, utilizou a linguaxe teosófica na que predominaban termos en sánscrito, pero máis tarde foi progresivamente substituíndoos por termos europeos capaces de definir por si mesmos os contidos que querían transmitir. O seu enfoque foi sempre orixinal e baseado na súa investigación propia que entroncaba coas ensinanzas espirituais da tradición esotérica e filosófica occidental. Esta e outras diferenzas (concretamente a proclamación por parte de C. W. Leadbeater e de Annie Besant de que Jiddu Krishnamurti era o vehículo dun novo mestre mundial e a reencarnación de Cristo, afirmacions que Steiner rechazou publicamente), levaron a unha ruptura formal en 1912/13,[15] cando Steiner e a maioría dos membros da sección alemá da Sociedade Teosófica se separaron para formar un novo grupo: a Sociedad Antroposófica.

A pesar das grandes converxencias entre a Teosofía e o seu propio sistema esotérico,[16] Steiner mantivo sempre a mesma tónica de basearse na súa propia investigación espiritual. E a pesar de que se afirmara que Madame Blavatsky ou Annie Besant influíran nel, Steiner afirmaba que a súa filosofía proviña da súa percepción espiritual directa.[17]

A Sociedade Antroposófica e as súas actividades culturais[editar | editar a fonte]

A Sociedade Antroposófica creceu rapidamente. Alimentada pola necesidade de encontrar unha sede para as suas conferencias anuais, que incluían representacions de obras teatrais escritas por Édouard Schuré e polo propio Steiner, decidiuse construír un teatro e un centro organizativo. En 1913 comezou a construción do Goetheanum, en Dornach (Suiza). Unha parte significativa do edificio, deseñado por Steiner, construírona voluntarios. Unha vez iniciada a Primeira Guerra Mundial, en 1914, os voluntarios do Goetheanum podían ouvir o son do fogo de canón máis alá da fronteira suíza, pero a pesar da guerra, xente de toda Europa traballou pacificamente lado a lado na construción do edificio. En 1919, o Goetheanum representou a estrea mundial dunha produción completa do Fausto de Goethe. Neste mesmo ano, fundouse a primeira escola Waldorf en Stuttgart (Alemaña).

Desde 1919, a axuda de Steiner foi requirida en numerosas actividades prácticas. A súa actividade como conferenciante expandiuse enormemente. Ao mesmo tiempo, o Goetheanum converteuse nun centro cultural de amplo espectro. Na Noitevella de 1922/1923, o edificio foi incenciado premeditamente e só se salvou unha escultura alegórica de gran tamaño que representa as forzas espirituais activas no mundo e no ser humano: o «representante da humanidade». Steiner comezou inmediatamente a traballar no deseño dun segundo Goetheanum –feito de cemento en vez de madeira–, que se acabou de construír en 1928, tres anos despois da súa morte.

Durante a conferencia da Sociedade Antroposófica do Nadal de 1923, Steiner fundou a chamada Escola de Ciencia Espiritual, prevista como unha universidade aberta para a investigación e o estudo espiritual.

Ataques, enfermidade e morte[editar | editar a fonte]

Bleistiftportät Rudolf Steiner.jpg

O incendio intencionado cometido contra o Primeiro Goetheanum tiña un contexto: nacionalistas nazis ameazaran publicamente o Goetheanum[18] e ao propio Steiner.[19] Reaccionando contra a situación catastrófica da Alemaña de posguerra, Steiner fixo xiras extensas de conferencias promovendo as suas ideas sociais sobre a Orde Social Triformada, implicando unha estrutura política fundamentalmente distinta; suxiriu que catástrofes como a Guerra Mundial podían evitarse a través da independencia dos ámbitos cultural, político e económico. Tamén propuxo unha solución radical na disputada área de Silesia Superior (reclamada por Polonia e Alemaña): a súa suxestión de que lle outorgasen a esta área polo menos unha independencia provisional levouno a ser acusado publicamente de ser traidor a Alemaña.[20]

En 1919, o teórico político do movimiento Nacional Socialista en Alemaña (Dietrich Eckart), atacou a Steiner e suxiriu que era xudeu.[21] En 1921, Adolf Hitler atacou a Steiner nun artigo do xornal de dereitas Völkischer Beobachter, incluíndo acusacions de que Steiner era un instrumento dos xudeus;[22] outros nacionalistas extremistas en Alemaña estaban chamando á «guerra contra Steiner». O Putsch da Cervexaría de 1923 en Múnic fixo que Steiner abandonase a súa residencia en Berlín, dicindo que se os responsábeis do golpe fallido de Hitler e outros chegaban ao poder en Alemaña, xa no lle sería posíbel entrar no país;[23] tamén alertou contra os desastrosos efectos que tería para Europa Central que os Nacional-Socialistas chegaran ao poder.[23]

A perda do Goetheanum afectou seriamente a saúde de Steiner. A partir de 1923 mostrou signos crecentes de fraxilidade e enfermidade. Continuou conferenciando moito e incluso viaxando; especialmente ao final deste período, frecuentemente daba duás, tres ou incluso catro leccions diarias de cursos que tiñan lugar simultaneamente. Por unha parte, moitas deses cursos eran para áreas prácticas da vida: educación, euritmia curativa, arte da palabra e drama. Por outra parte, Steiner principiou unha unha nova serie extensa de conferencias, presentando a súa investigación sobre as vidas sucesivas de diversos individuos, e en xeral sobre a técnica da investigación do karma.[24] Pero no outrono de 1924 estaba demasiado débil para continuar; a súa última conferencia tivo lugar en setembro dese ano. Morreu o 30 de marzo de 1925.

Investigación espiritual[editar | editar a fonte]

Tumba de Rudolf Steiner

Desde a súa decisión de publicar o seu traballo en 1899 até a súa morte en 1925, Steiner artellou unha corrente continua de experiencias que afirmou seren do mundo espiritual —experiencias que dixo que o conmoveron desde moi novo [13]. Steiner intentou aplicar a súa formación en matemáticas, ciencia e filosofía, para producir presentacions rigorosas e verificábeis desas experiencias.[25] Steiner cría que a través de disciplinas éticas e adestramento meditativo libremente escollidos, calquiera podía desenvolver a capacidade de experimentar o mundo espiritual, incluíndo a natureza superior de un mesmo e doutros.[26] Steiner cría que tales disciplina e adestramento axudaríanlle a unha persona a se converter nun individuo libre, moral e creativo –libre no sentido de ser capaz de accions motivadas só por amor.[27]

As ideas de Steiner sobre a vida interior foron influídas por Franz Brentano[28] —con quen estudou— e por Wilhelm Dilthey, fundadores do movemento fenomenolóxico na filosofía europea. Steiner tamén recibiu influencias do enfoque fenomenolóxico da ciencia de Goethe.[28][29][30]

As obras completas de Steiner incluen uns 40 volumes dos seus escritos e máis de 300 volumes de conferencias. Os seus escritos máis destacados incluen:

  • A filosofía da liberdade (1893): a súa principal obra filosófica; véxase más arriba.
  • Teosofía (1904), onde avanza as suas ideas da constitución do ser humano en corpo-alma-espírito, a reencarnación e a unidade do espiritual e o perceptíbel polos sentidos («como dúas caras dunha moeda»).
  • Cómo alcanzar o coñecemento dos mundos superiores (1904/1905), onde describe a súa concepción dun camiño de desenvolvemento espiritual, detallando moitos principios de vida (apertura, positividade, respecto aos demais), exercicios espirituais (control do pensamento e da vontade, imaxinacions dirixidas) e experiencias que probabelmente xurdan neste camiño (probas e percepcions espirituais).
  • A ciencia oculta: un bosquexo (1910), onde describe un vasto panorama de evolución cósmica, as xerarquías espirituais que guían esta evolución e o vieiro de desenvolvemento espiritual que conduce a tales percepcions.

Steiner dirixiu as seguintes escolas esotéricas:

  • A súa Escola esotérica independente, na Sociedade Teosófica, fundada en 1904. Esta escola continuou tras a ruptura coa Teosofía.
  • Unha loxia chamada Mystica Aeterna, dentro da Orde de Memphis e Mizraim, masónica, que Steiner dirixiu de 1906 até ao redor de 1914. Steiner engadiulle ao rito masónico referencias rosacruces.[28] A figura de Christian Rosenkreuz (Christian Rosacruz) tamén xoga un papel importante en varias das suas conferencias posteriores.
  • A Escola de Ciencia Espiritual da Sociedade Antroposófica, fundada en 1923 como desenvolvmento sa súa primeira Escola esotérica. A Escola de Ciencia Espiritual concebiuse para ter tres clases, pero só se desenvolveu a primeira. Todos os textos relacionados coa Escola de Ciencia Espiritual foron publicados na edición da obra completa de Steiner.

Desenvolvemento filosófico[editar | editar a fonte]

Ciencia goetheana[editar | editar a fonte]

Nos seus comentarios ás obras científicas de Goethe, escritos entre 1884 e 1897, Steiner presentou o enfoque científico de Goethe como de natureza esencialmente fenomenolóxica, máis que baseado nunha teoría ou un modelo. Desenvolveu máis este concepto en varios libros (Teoría do coñecemento baseada na concepción do mundo de Goethe, de 1886, e Goethe e a súa visión do mundo, de 1897), que enfatizan particularmente a transformación do enfoque de Goethe, desde as ciencias físicas (onde o experimento xogaba o papel principal) á bioloxía vexetal (onde se requiría imaxinación para encontrar os arquetipos biolóxicos (Urpflanze), e postulou que Goethe buscar (mais sen encontrar completamente) a transformación do pensamento científico necesaria para interpretar e comprender adecuadamente o reino animal.[31]

Steiner defendeu a descrición cualitativa da cor de Goethe como xurdindo sinteticamente da polaridade de luz e escuridade, en contraste coa concepción analítica de Newton, baseada en partículas. Enfatizou o papel do pensamento evolutivo no descubrimento de Goethe do óso intermaxilar en seres humanos; Goethe esperaba que a anatomía humana fose unha transformación evolutiva da anatomía animal.[32]

Coñecemento e liberdade[editar | editar a fonte]

Rudolf Steiner School, New York City

Steiner enfocou as cuestions filosóficas do coñecemento e liberdade en duas etapas. A primeira foi a súa disertación, publicada de maneira expandida en 1892 como Verdade e ciencia. Aquí, Steiner suxire que hai unha incoherencia entre a filosofía de Kant, que postulou que a verdade esencial do mundo era inaccesíbel á conciencia humana, e a ciencia moderna, que asume que todas as influencias poden encontrarse no que Steiner chamou o mundo sinnlichen und geistlichen (sensorio e mental/espiritual), ao que temos acceso. Steiner chamoulle á Jenseits-Philosophie (filosofía dun alén inaccesíbel) de Kant un obstáculo para alcanzar un punto de vista filosófico satisfactorio.[33]

Steiner postula que o mundo é esencialmente unha unidade indivisíbel, pero que a nosa consciencia o divide en aparencia perceptíbel polos sentidos, por un lado, e natureza formal accesíbel ao noso pensamento, por outro. Ve no propio pensamento un elemento que pode ser reforzado e profundizado suficientemente para penetrar todo o que os nosos sentidos non nos revelan. Steiner nega así explicitamente toda xustificación dunha división entre fe e coñecemento; dito doutra maneira, entre os mundos espiritual e natural. A súa aparente dualidade é condicionada pola estrutura da nosa consciencia, que separa a percepción e o pensamento, pero estas duas facultades dan duas visions complementarias do mesmo mundo; ningunha ten primacía e as duas xuntas son necesarias e suficientes para chegar a unha completa comprensión do mundo. Pensando ao percibir (o camiño das ciencias naturais) e percibindo o proceso do pensar (o vieiro do adestrametno espiritual), é posíbel descubrir unha unidade interna escondida entre os dous polos da nosa experiencia.[34] A verdade, para Steiner, é paradoxalmente tanto un descubrimento obxectivo, como:

...unha creación libre do espírito humano, que nunca existiría se non a xerásemos. A tarefa de comprender non é replicar de maneira conceptual algo que xa existe, senón máis ben crear todo un novo reino, que xunto co mundo dado aos nosos sentidos, constitue a plenitude da realidade.
Steiner[35]

Unha nova etapa do desenvolvemento filosófico de Steiner exprésase na súa Filosofía da liberdade. Aquí segue explorando potenciais dentro do pensamento: suxire que a liberdade só pode ser aproximada asintoticamente e coa axuda da actividade creativa do pensar. O pensar pode ser un acto libre; ademais, pode liberar a nosa vontade da súa servidume aos nosos instintos e pulsións. Suxire que os actos libres son aqueles dos cales somos completamente conscientes do motivo da nosa acción: a liberdade é a actividade espiritual de impregnar de consciencia a nosa propia natureza e a do mundo,[36] e a verdadeira actividade de actuar en plena consciencia.[34] Isto inclúe superar influencias tanto hereditarias como ambientais:

Ser libre é ser capaz de pensar os propios pensamentos: non os pensamentos meramente corporais ou da sociedade, senón pensamentos xerados polo noso ser máis interno e profundo, máis orixinal, máis esencial e espiritual, a nosa individualidade.
Rudolf Steiner[37]

Steiner afirma as perspectivas evolucionistas de Darwin e Haeckel, pero esténdeas máis alá das suas consecuencias materialistas: ve a consciencia humana (de feito toda a cultura) como un produto de evolución natural que transcende. Para Steiner, a natureza vólvese auto-consciente no ser humano. A descrición de Steiner da natureza da consciencia humana é, pois, parecida á de Solovyev:[38]

Nos seres humanos, o absoluto suxeito-obxecto aparece como tal, isto es, como pura actividade espiritual, contenndo toda a súa propia obxectividade, todo o proceso da súa manifestación natural, pero conténdoo de maneira totalmente ideal –na consciencia... O suxeito coñece aquí só a súa propia actividade como unha actividade obxectiva (sub specie obxecto). Así, a identidade orixinal de suxeito e obxecto é restaurada no coñecemento filosófico.[39]

Ciencia espiritual[editar | editar a fonte]

Nas súas primeiras obras, Steiner xa falou dos mundos natural e espiritual como unha unidade.[13] Desde 1900, comezou a impartir conferencias sobre detalles concretos do mundo espiritual, culminando na publicación en 1904 da primeira de varias presentacions sistemáticas (a súa Teosofía: unha introdución aos procesos espirituais na vida humana e no cosmos), seguida de Como alcanzar o coñecemento dos mundos superiores (1904/5), Crónicas do akasha (unha colección de artigos escritos entre 1904 e 1908) e A ciencia oculta: un bosquexo (1909). Os temas importantes incluen:

  • O ser humano como corpo, alma e espírito;
  • O camiño de desenvolvemento espiritual;
  • Influencias espirituais sobre a evolución mundial e a historia, e
  • Reencarnación e karma, que poden considerarse o seu propio tema central.

Steiner enfatizou que hai un mundo obxectivo natural e espiritual, que pode ser coñecido, e que as percepcions do mundo espiritual e de seres incorpóreos son reproducibéis por múltiples observadores, baixo condicions de adestramento comparábeis ás requiridas para as ciencias naturais, pero incluíndo extraordinaria auto-disciplina. Sobre esta base é posíbel a ciencia espiritual, con fundamentos epistemolóxicos bastante distintos aos das ciencias naturais.

Para Steiner, o cosmos está permeado e transformado continuamente pola actividade creativa de procesos non físicos e seres espirituais. Para que o ser humano se volva consciente da realidad obxectiva destes procesos e seres, é necesario tratar de representar a súa actividad creativa unha e outra vez, internamente, de maneira creativa. Así, o coñecemento obxectivo sempre implica actividade creativa interna.[13] Steiner artellou tres etapas de calquera acto creativo:[34]

  • Intuición moral: a capacidade de descubrir principios éticos apropiados ás circunstancias particulares: ética da situación
  • Imaxinación moral: a transformación imaxinativa dun principio ético nunha intención concreta para a evolución futura da situación particular
  • Técnica moral: a realización da transformación buscada, dependente dun dominio de habilidades prácticas.

A partir deste período, Steiner chámoulle á súa obra «antroposofía». Enfatizou que o vieiro espiritual que el representaba se construe sobre a liberdade individual e o xuízo independentes e soportaos; por esta razón, para que os resultados da investigación espiritual sexan adecuadamente presentados nun contexto moderno, deben estar nunha maneira accesébel á comprensión lóxica, para que os que non teñan acceso ás experiencias espirituais subxacentes á investigación antroposófica, poidan facer evaluacions independentes dos seus resultados.[34] Steiner considerou que o propósito da evolución humana era o desenvolvemento das cualidades interdependentes de amor e liberdade.[15]

Áreas de actividade[editar | editar a fonte]

Tras a Primeira Guerra Mundial, Steiner cultivou unha gran variedade de contextos culturais. Fundou unha escola, coñecida como a escola Waldorf,[40] que despois se convirteu nunha redr escolar mundial. O sistema agrícola que fundou (agora coñecido como Agricultura biodinámica) foi unha das formas iniciais da moderna agricultura ecolóxica, en cuxo desenvolvemento contribuíu significativamente.[41] A medicina antroposófica, que creou un amplo rango de medicamentos antroposóficos, así como un amplo espectro de terapias de apoio — tanto artísticas como biográficas —, xurdiron a partir do traballo de Steiner.[42] Fogares para nenos e adultos con discapacidades baseadas na súa obra (incluíndo os do movemento Camphill) están moi estendidos.[43] As suas pinturas e debuxos teñen sido expostos en museos e galerías, e influíu en Joseph Beuys e noutros artistas modernos significativos. Os seus dous edificios do Goetheanum son xeralmente aceptados como obras mestras da arquitectura moderna,[44][45] e outros arquitectos antropósofos contribuíron á modernidade con miles de edificios. Unha das primeiras institucións en practicar banca ética foi un banco antroposófico, traballando a partir das ideas de Steiner.

O legado literario de Steiner é analogamente amplo. Os escritos de Steiner publicáronse nuns corenta volumes, incluíndo libros, ensaios, obras de teatro (dramas misterio), versos mántricos e unha autobiografía. A súa antoloxía de conferencias compoñen aproximadamente outros 300 volumes e neles está cuberto case calquera tema imaxinábel (gran parte da obra de Steiner é accesíbel na rede no arquivo Rudolf Steiner, e as obras completas de Steiner poden buscarse no arquivo en lingua alemá). Os debuxos de Steiner están recollidos nunha serie separada de 28 volumes. Moitas publicacións cubriron o seu legado arquitectónico e a súa obra escultórica.

Educación[editar | editar a fonte]

Antiga fábrica de cigarros Waldorf-Astoria.

Sendo novo, Steiner xa apoiou a independencia de institucions educativas respecto ao control gobernamental. En 1907, escribiu un longo ensaio titulado A educación á luz da Ciencia Espiritual, onde describiu as fases principais do desenvolvemento do neno e suxeriu que serían as bases dun enfoque saludábel da educación. Asi os nenos son identificados como estudantes segundo os catro humores que di ter o ser humán: melancólico, sanguíneo, colérico ou flemático. A futura educación dos nenos está orientada segundo esta clasificación[46].

En 1919, Emil Molt invitouno a dar conferencias sobre o tema da educación aos traballadores da súa fábrica de Molt en Stuttgart. Disto xurdiu unha nova escola: a escola Waldorf de Woldorf Astoria, o nome da fábrica de cigarros. Cando vivía Steiner, tamén se fundaron escolas baseadas nos seus principios educativos en Hamburgo, Essen, A Haia e Londres; actualmente hai máis de 1.000 escolas Waldorf no mundo.

Activismo social[editar | editar a fonte]

Durante un tempo despois da Primeira Guerra Mundial, Steiner foi extremadamente activo como conferenciante de cuestións sociais. Unha petición expresando as súas ideas sociais básicas (asinada por Herman Hesse, entre outros) circulou amplamente. O seu principal libro sobre cuestións sociais (Cara a unha renovación social), vendeu milleiros de copias. Hoxe hai en todo o mundo algúns bancos innovadores, compañías, institucións caritativas e escolas para desenvolver novas formas cooperativas de negocio, todas traballando en parte a partir de ideas sociais de Steiner. Un exemplo é a Rudolf Steiner Foundation (RSF), formada en 1984, cuxos bens foron estimados en 2004 en 70 millóns de dólares. RSF subministra «servizos financeiros caritativos innovadores». Segundo as organizacións independentes Co-op America e o Social Investment Forum Foundation, RSF é «unha das 10 organizacións que mellor exemplifican a construción de oportunidades e esperanza económicas para os individuos a través de inversións comunitarias».[47]

Steiner suxiriu que as esferas sociais cultural, política e económica necesitaban ser suficientemente independentes entre elas para poder corrixirse mutuamente de maneira continua. Manifestou que a sociedade humana estivera movéndose lentamente durante miles de anos para chegar a unha articulación da sociedade en tres reinos independentes, pero mutuamente correctoras, e que unha Orde Social Triformada non era unha utopía que puidese ser implantada en un día nin en un século. Era un proceso gradual que esperaba que se continuaría desenvolvendo durante miles de anos. Así e todo, deu moitas suxestións específicas de reformas sociais que pensaba que aumentarían a triarticulación da sociedade. Cría na igualdade dos dereitos humanos na vida política, liberdade na vida cultural e cooperación fraternal voluntaria, non represiva, na vida económica.[47]

Arquitectura e artes plásticas[editar | editar a fonte]

O primeiro Goetheanum.

Steiner deseñou 17 edificios, incluíndo os dous Goetheanum. Estes dous edificios, construídos en Dornach (Suíza), foron concibidos para albergar unha Universidade de Ciencia Espiritual. Tres dos edificios de Steiner (incluíndo os dous edificios do Goetheanum), incluíronse entre as obras máis significativas da arquitectura moderna.[48]

Como escultor, as súas obras inclúen O representante da humanidade (1922). Esta escultura de madeira de nove metros de alto foi un proxecto conxunto coa escultora Edith Maryon e está exposta permanentemente no Goetheanum, en Dornach.

Os debuxos sobre encerado de Steiner eran únicos no seu tempo e case con certeza non se concibiron como obras de arte. A obra de Joseph Beuys, fortemente influída por Steiner, conduciu á comprensión moderna dos debuxos de Steiner como obxectos artísticos.[49]

Artes escénicas[editar | editar a fonte]

Xunto con Marie Steiner-von Sievers, Rudolf Steiner desenvolveu a arte da euritmia, ás veces referida como unha «linguaxe visíbel e canto visíbel». Segundo os principios da euritmia, hai movementos arquetípicos ou xestos que corresponden a todos os aspectos da fala (os sons ou fonemas, os ritmos, a función gramátical, etc), a todas as «cualidades da alma» (riso, desesperación, intimidade, etc) e a todos os aspectos da música (tons, intervalos, ritmos, harmonías, etc). Como autor teatral, Steiner escribiu catro Dramas misterio entre 1909 e 1913, incluíndo O portal da iniciación e O despertar da alma. Seguen sendo representados hoxe por grupos antroposóficos.

Steiner tamén fundou un novo enfoque do discurso e drama artísticos. Diversos elencos traballan con este enfoque, chamado «arte da palabra» (en alemán: Sprachgestaltung), e existen formacións en diversos países, incluíndo Inglaterra, os Estados Unidos, Suíza e Alemaña. O actor Michael Chekhov estendeu este enfoque no que agora se coñece como o método Chekhov.[50]

Medicina antroposófica[editar | editar a fonte]

Desde finais da década de 1910, Steiner traballou con doutores para crear un novo enfoque da medicina. En 1921, varios farmacéuticos e médicos reuníronse baixo a guía de Steiner para crear unha compañía farmacéutica chamada Weleda, que agora distribúe medicamentos por todo o mundo. Nesa época, a Dra. Ita Wegman fundou unha primeira clínica médica antroposófica en Arlesheim (Suíza), agora chamada a Clínica Wegman.

As descripcións de Steiner dalgúns órganos corporais e das súas funcións, ás veces difiren significativamente das encontradas en libros de texto médicos. Por exemplo, afirmó que o corazón non é unha bomba mecánica, senón un regulador dinámico do fluxo circulatorio[51], unha opinión que foi confirmada recentemente pola investigación médica.[52]

Agricultura e xardinaría biodinámicas[editar | editar a fonte]

A Agricultura biodinámica (ou biolóxico-dinámica) é un sistema agrícola ecolóxico sostíbel que inclúe moitas das ideas da agricultura ecolóxica (pero é anterior a ese termo). En 1924, un grupo de agricultores preocupados polo futuro da agricultura pediron a axuda de Steiner; Steiner respondeu cunha serie de leccións de agricultura. Esta foi a orixe da agricultura biodinámica, que agora se practica en gran parte de Europa, Norteamérica e Australasia.[53] Un concepto central destas conferencias foi individualizar a granxa: producir todos os materiais necesarios (como esterco e forraxe) dentro do que chamou o «organismo da granxa», sen introducir (ou introducindo poucos) materiais externos. Outros aspectos da agricultura biodinámica inspirados polas conferencias de Steiner inclúen actividades temporais como plantar en relación aos patróns de movemento da lúa e os planetas, e aplicar «preparados» (que consisten en materiais naturais procesados de maneira específica) ao solo, ao composto e ás plantas, coa intención de implicar seres non físicos e forzas elementais. Steiner, nas súas leccións, animou os seus oíntes a verificar as súas suxestións cientificamente, pois el aínda non o fixera.

As primeiras décadas da agricultura do século vinte comezaron usando fertilizantes inorgánicos, como nitróxeno «condensado» do ar e posteriormente aplicado nos campos. Steiner cría que a introdución desta agricultura química era moi nociva, afirmando:

A fertilización mineral é algo que debe cesar completamente no tempo, pois o efecto de calquera tipo de fertilización mineral, despois dun tempo, é que os produtos cultivados nos campos así tratados, perden o seu valor nutritivo. É unha lei absolutamente xeral.
Rudolf Steiner[54]

Steiner estaba convencido de que a calidade da comida na súa época estaba degradada, e cría que a fonte do problema era o uso por parte da agricultura química de fertilizantes artificiais e pesticidas; pero non cría que isto se debese só ás propiedades químicas ou biolóxicas relacionadas coas substancias implicadas, senón tamén debido a carencias espirituais en todo o enfoque químico da agricultura. Steiner consideraba o mundo e todo o que está nel como de natureza simultaneamente espiritual e material, un enfoque chamado monismo. Tamén creu que a materia viva era distinta da materia morta. Dito doutra maneira, Steiner cría que os nutrientes sintéticos non eran iguais aos correspondentes máis vivos.[55] O nome «dinámica biolóxica» ou «biodinámica» foi acuñado polos seguidores de Steiner. Un aspecto central da biodinámica é que a granxa en conxunto é vista como un organismo e por tanto debería ser un sistema cerrado que se auto-alimenta coas preparacións. As enfermidades dos organismos non han de tratarse illadamente, senón como un síntoma de problemas en todo o conxunto.

Aínda que o número de granxas biodinámicas no mundo é relativamente pequeno, no ano 2006 un cuarto das granjas da India -aproximadamente- adoptaron prácticas biodinámicas.[56]

Steiner e o cristianismo[editar | editar a fonte]

Monumento Rudolf Steiner

En 1899, Steiner experimentou o que describiu como un encontro persoal con Cristo, suceso que o transformou internamente. Previamente tivo pouca relación con calquera forma de cristianismo. Entón e despois, as suas relacions co cristianismo permaneceron totalmente fundadas na experiencia persoal, e por tanto sen denominación e sorprendentemente distintas ás formas relixiosas convencionais.[11]

Cristo e a evolución humana[editar | editar a fonte]

Steiner describe o ser de Cristo e a súa misión na Terra como un punto central na evolución humana:[56]

O ser de Cristo é central en todas as relixións, aínda que é chamado con distintos nomes por cada unha.
Rudolf Steiner

Considera que toda relixión é válida e verdadeira no tempo e contexto cultural no que nace, e que as formas históricas do cristianismo necesitan ser transformadas considerabelmente no noso tempo para acompañar a evolución da humanidade.

Steiner vía a forza central da evolución humana no ser que unifica todas as relixións (e non unha fe relixiosa particular). Pero comprendía a encarnación de Cristo como unha realidade histórica e un punto de inflexión na historia humana. Para Steiner, o «ser de Cristo» non é só o redentor da caída do paraíso, senón tamén o único pivote e sentido dos procesos evolutivos da Terra e de toda a historia humana.[56] A esencia de ser cristián é, para Steiner, unha busca de equilibrio entre extremos polares[57] e a capacidade de manifestar amor en liberdade.[11]

Diverxencias co pensamento cristián convencional[editar | editar a fonte]

As opinions de Steiner sobre o cristianismo diverxen do pensamento cristián convencional en cuestions claves e incluen elementos gnósticos.[58] Un dos puntos centrais de diverxencia está nas opinions de Steiner sobre a reencarnación e o karma.

Steiner tamén postulou dous meniños Xesús implicados na encarnación do Cristo: un meniño descendido de Salomón, como se describe no Evanxeo segundo San Mateo; e outro meniño descendido de Natán, como se describe no Evanxeo segundo San Lucas.[47] A este respecto, menciona o feito de que as xenealoxías dadas nestes dous evanxeos diverxen unhas trinta xeracións antes do nacemento de Xesús.

A opinión de Steiner sobre a segunda vinda de Cristo tamén é inusual. Suxirió que esta non sería unha reaparición física, senon que significaba máis ben que o ser de Cristo se manifestaría en forma non física, no «reino etéreo» (isto é, visíbel á visión espiritual e aparente na vida comunitaria) a un número crecente de persoas, comenzando ao redor do ano 1933. Enfatizou que o futuro requiriría que a humanidade recoñecese este Espírito de Amor en todas as suas xenuínas formas, independentemente de como fose nomeado. Tamén advirtiu que o nombre tradicional (Cristo) podía ser usado ignorando a verdadeira esencia deste Ser de Amor.[59]

A Comunidade de cristiáns[editar | editar a fonte]

Na década de 1920, Friedrich Rittelmeyer (un pastor luterano cunha congregación en Berlín) preguntoulle a Steiner se era posíbel crear unha forma máis moderna de cristianismo. Axiña, outros se uniron a Rittelmeyer (na súa maioría pastores protestantes), pero incluíndo varios sacerdotes católicos romanos. Steiner ofreceu consellos sobre a renovación dos sacramentos nos seus diversos servizos, combinando a énfase católica nos ritos dunha tradición sagrada coa énfase na liberdade de pensamento e unha relación persoal coa vida relixiosa, característica do cristianismo xoánico, moderno.[47]

Pero Steiner aclarou que o movemento resultante para a renovación do cristianismo, que se deu a coñecer como a «comunidade de cristiáns», era un xesto persoal de axuda a un movemento fundado por Rittelmeyer e outros, independentemente da Sociedade Antroposófica.[47] A distinción era importante para Steiner, porque coa antroposofía buscaba crear unha espiritualidade científica, non baseada na fe.[56] Pero para aqueles que desexaban encontrar formas máis tradicionais, unha renovación das relixións tradicionais era tamén unha necesidade vital dos tempos.

Recepción e controversia[editar | editar a fonte]

A obra de Steiner influíu nun amplo rango de personalidades notábeis. Entre elas houbo moitos escritores, artistas e músicos, incluíndo a Inkling e o filósofo Owen Barfield, o gañador do Premio Pulitzer e Premio Nobel Saul Bellow,[60] a Andrej Belyj,[61][62] a Josef Beuys,[63] a Michael Chekhov, a Michael Ende, a Vasili Kandinski,[64][65] os premios nobel Selma Lagerlöf[66] e Albert Schweitzer, a Andrei Tarkovsky,[67] a Richard Tarnas e a Bruno Walter.[68]

Olav Hammer, xeralmente moi crítico cos movementos esotéricos, chama a Steiner «quizais o portavoz máis sofisticado histórica e filosoficamente da tradición esotérica».[69]

Cientifismo[editar | editar a fonte]

Críticos, como o profesor sueco de historia da relixión Olav Hammer, criticaron como cientifismo a pretensión de Steiner de usar unha metodoloxía científica para investigar fenómenos espirituais baseado nas suas declaracións de experiencia clarividente e a súa colocación da «ciencia espiritual» sobre as ciencias naturais. Steiner cosideraba as observacións da investigación espiritual como máis fiábeis (e sobre todo, consistentes) que as observacións da realidade física, pero consideraba que a investigación espiritual non era infalíbel,[9] e quizais sorprendentemente, mantivo a opinión de que calquera capaz de pensar loxicamente estaba en posición de corrixir erros de investigadores espirituais.[70]

Raza e etnia[editar | editar a fonte]

Nun estudo exhaustivo, Helmut Zander conclúe que «o que un lector dado interprete “Antroposofía” como racista ou non, depende dos seus intereses».[71] Isto ocorre en parte porque os comentarios de Steiner sobre a raza son incoherentes, como era típico na súa época. Consideraba que todo pobo ten unha única esencia, espírito ou «alma do pobo»,[69] vía a raza como unha manifestación física da evolución espiritual da humanidade e colocou as diversas razas identificadas na súa época nunha complexa xerarquía derivada en gran parte de opinions teosóficas, pero marxinou fortemente o papel dos factores raciais e étnicos no desenvolvemento dun individuo.[72]

Por un lado, caracterizou razas, nacións e etnias específicas dunha maneira que foi chamada racista polos seus críticos,[73] incluíndo:

  • Caracterizacións de diversas razas e grupos étnicos como retardadas ou destinadas a desaparecer, e doutras como florecentes.[74]
  • Opiniones xerárquicas sobre a evolución espiritual de razas distintas,[75] incluíndo (ás veces, incoherentemente) o retrato da raza branca, a cultura europea ou o pobo alemán como representando o punto álxido da evolución humana ao principio do século XX, mais describíndoas como destinadas a ser superadas por futuras culturas.[74]

Por outra parte, Steiner enfatizou a unidade espiritual nuclear de todos os pobos do mundo e criticou fortemente o prexuízo racial, afirmando a súa crenza de que:

  • A natureza individual de calquera persoa é más alta que ninguna afiliación racial, étnica, nacional ou relixiosa,[47][5]
  • Raza e etnia son aspectos provisionais e superficiais do individuo, non esenciais,
  • Cada individuo encarna en moitos pobos e razas distintos en vidas sucesivas, levando así no seu interior un abano de razas e pobos,[76][74]
  • A raza está perdendo rapidamente calquera significado remanente para a humanidade.[74]

Xudaísmo[editar | editar a fonte]

  • Steiner publicou unha serie de artigos que tratan diversas manifestacións de Antisemitismo[77] e criticou algúns dos máis prominentes anti-semitas do tempo como «bárbaros» e «inimigos da cultura».[78]
  • Os primeiros dirixentes Nacional Socialistas (incluíndo a Adolf Hitler) e outros nacionalistas de dereita emprenderon masivos ataques difamantes na prensa contra Steiner. Criticaron o pensamento de Steiner e a Antroposofía, como incompatíbeis coa ideoloxía racista Nacional Socialista e acusaron a Steiner de estar influído polas súas íntimas conexions con xudeus e que el mesmo era xudeu.[78][21]
  • Steiner promoveu a asimilación completa do pobo xudeu nas nacions en que vivían, unha postura que foi criticada en anos recentes.[74]

Tamén criticou a meta do seu contemporáneo Herzl de crear un estado sionista (e noutro lugar criticou a idea das nacions determinadas etnicamente).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Escritos (selección)[editar | editar a fonte]

Os máis de 350 volumes das obras completas de Steiner incluen uns 40 volumes contendo os seus escritos, así como máis de 6000 conferencias (deixamos traducións ao castelán, cando existen).

  • Goethe y su visión del mundo (1883-1897)
  • Teoría del conocimiento fundamentada en la concepción goethiana del mundo (1886)
  • Verdad y ciencia doctoral (1892), tesis
  • El pensamiento intuitivo como sendero espiritual, también publicado como Filosofía de la libertad (1894, ISBN 0-88010-385-X)
  • Mysticism at the Dawn of Modern Age (1901/1925)
  • El cristianismo como hecho místico (1902)
  • Crónicas akáshicas: prehistoria de la Tierra y del hombre (1904)
  • Teosofía: una introducción a los procesos espirituales en la vida humana y en el cosmos (1904, ISBN 0-88010-373-6)
  • Cómo se adquiere el conocimiento de los mundos superiores: un sendero moderno de iniciación (1904-5, ISBN 0-88010-508-9)
  • La educación del niño (1907, ISBN 0-85440-620-4)
  • La ciencia oculta: un bosquejo (1910, ISBN 0-88010-409-0)
  • Cuatro dramas - Misterio (1913)
  • Hacia una renovación del organismo social (1919)
  • El reordenamiento de la sociedad: la ley social fundamental (1919) (artículo)
  • Fundamentos de la terapia: una extensión del arte de curar a través del conocimiento espiritual (1925)
  • El curso de mi vida (1924-5) (autobiografía)

Obras sobre Steiner por outros autores[editar | editar a fonte]

  • Ahern, Geoffrey. Sun at Midnight. The Rudolf Steiner Movement and the Western Esoteric Tradition (1984, ISBN 0-85030-338-9)
  • Almon, Joan (ed). Meeting Rudolf Steiner, experiencias de primera mano compiladas del Journal for Anthroposophy desde 1960 (ISBN 0-9674562-8-2)
  • Childs, Gilbert. Rudolf Steiner: His Life and Work (ISBN 0-88010-391-4)
  • Davy, Adams and Merry. A Man Before Others: Rudolf Steiner Remembered. Rudolf Steiner Press (1993)
  • Easton, Stewart. Rudolf Steiner: Herald of a New Epoch (ISBN 0-910142-93-9)
  • Hemleben, Johannes and Twyman, Leo. Rudolf Steiner: An Illustrated Biography. Rudolf Steiner Press (2001)
  • Lachman, Gary. Rudolf Steiner: An Introduction to His Life and Work (2007, ISBN 1-58542-543-5)
  • Lindenberg, Christoph. Rudolf Steiner: Eine Biographie (2 vols.). Stuttgart (1997, ISBN 3-7725-1551-7)
  • Lissau, Rudi. Rudolf Steiner: Life, Work, Inner Path and Social Initiatives. Hawthorne Press (2000)
  • McDermott, Robert. The Essential Steiner. Harper Press (1984)
  • Seddon, Richard. Rudolf Steiner. North Atlantic Books (2004)
  • Shepherd, A.P. Rudolf Steiner: Scientist of the Invisible. Inner Traditions (1990)
  • Schiller, Paul. Rudolf Steiner and Initiation. Steiner Books (1990)
  • Swassjan, Karen. The Ultimate Communion of Mankind: A Celebration of Rudolf Steiner's Book "The Philosophy of Freedom" (ISBN 0-904693-82-1)
  • Tummer, Lia and Lato, Horacio. Rudolf Steiner and Anthroposophy for Beginners. Writers & Readers Publishing (2001)
  • Turgeniev, Assya. Reminiscences of Rudolf Steiner and Work on the First Goetheanum (ISBN 1-902636-40-6)
  • Welburn, Andrew. Rudolf Steiner's Philosophy and the Crisis of Contemporary Thought (ISBN 0-86315-436-0)
  • Wilkinson, Roy. Rudolf Steiner: An Introduction to his Spiritual World-View (ISBN 1-902636-28-7)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A data de nacemento de Steiner acostuma considerarse o 27 de febreiro; pero este foi o día de su bautismo. Véxase Christoph Lindenberg: Rudolf Steiner. Rowohlt, 1992, ISBN 3-499-50500-2, páx. 8
  2. Algunhas referencias sobre a obra de Steiner nestes diversos campos:
    P. Goulet: «Les Temps Modernes?», L’Architecture D’Aujourd’hui, decembro de 1982, pp. 8-17;
    Architect Rudolf Steiner en GreatBuildings.com;
    Rudolf Steiner International Architecture Database;
    M. Brennan: Rudolf Steiner ArtNet Magazine, 18 de marzo de 1998;
    R. Blunt: Waldorf Education: Theory and Practice — A Background to the Educational Thought of Rudolf Steiner (tese de mestría). Grahamstown: Rhodes University, 1995;
    E. J. Ogletree: «Rudolf Steiner: Unknown Educator», en Elementary School Journal, 74 (6): 344-352, marzo de 1974;
    A. Nilsen: A Comparison of Waldorf & Montessori Education, Universidade de Michigan;
    L. Rinder: «Rudolf Steiner's Blackboard Drawings: An Aesthetic Perspective e exhibition of Rudolf Steiner's Blackboard Drawings», en Berkeley Art Museum, 11 de outubro de 1997 – 4 de xaneiro de 1998;
    Aurélie Choné: «Rudolf Steiner's Mystery Plays: Literary Transcripts of an Esoteric Gnosis and/or Esoteric Attempt at Reconciliation between Art and Science?», en Aries, volume 6, número 1, Brill Publishing, 2006, pp. 27-58 (32);
    Christopher Schaefer: «Rudolf Steiner as a Social Thinker», Re-vision, vol. 15, 1992;
    Antoine Faivre, Jacob Needleman e Karen Voss: Modern Esoteric Spirituality. Crossroad Publishing, 1992.
  3. Richard Garner (education editor): «Who was Rudolf Steiner and what were his revolutionary teaching ideas?», en The Independent.
  4. A autobiografía de Steiner dá a súa data de nacemento como o 27 de febreiro de 1861. Pero hai un fragmento autobiográfico sen datar escrito por Steiner, ao que se refire unha nota ao pé da súa autobiografía en alemán (GA 28), que di: «O meu nacemento foi o 25 de febreiro de 1861. Dous días despois fun bautizado».
  5. 5,0 5,1 5,2 Christoph Lindenberg: Rudolf Steiner. Rowohlt, 1992, ISBN 3-499-50500-2, pp. 123-126
  6. Rudolf Steiner: Anthroposophical Leading Thoughts (1924)
  7. Rudolf Steiner: «Goethe y su visión del mundo», GA1, 1883.
  8. Helmut Zander, Anthroposophie in Deutschland, Göttingen 2007, ISBN 3-525-55452-4.
  9. 9,0 9,1 Rudolf Steiner - A Biographical Sketch en southerncrossreview.org
  10. Steiner, Rudolf, O curso da miña vida, Capítulo III e GA 262, pp. 7-21. Fichte é mencionado por Alfred Heidenreich; véxase este artigo, pero a súa referencia á autobiografía de Steiner como a súa fonte parece ser errónea.
  11. 11,0 11,1 11,2 Robert A. McDermott: «Rudolf Steiner and Anthroposophy», en Faivre e Needleman: Modern Esoteric Spirituality, ISBN 0-8245-1444-0, pág. 288ff
  12. Rudolf Steiner: O curso da miña vida, capítulo 18.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Gary Lachman, Rudolf Steiner, Tarcher/Penguin 2007
  14. Véxase Rudolf Steiner: El curso de mi vida (capítulo XXX), Buenos Aires: Editorial Antroposófica Argentina, ISBN 950-9559-53-9
  15. 15,0 15,1 Robert A. McDermott: «Rudolf Steiner and Anthroposophy», en Faivre e Needleman, Modern Esoteric Spirituality, ISBN 0-8245-1444-0, pág. 288ff
  16. Geoffrey Ahern: Sun at Midnight. The Rudolf Steiner Movement and the Western Esoteric Tradition (páx. 68 e 89). Wellingborough, Acquarian Press, 1984.
  17. Olav Hammer: Claiming Knowledge: Strategies of Epistemology from Theosophy to the New Age (pp. 329; 64f; 225-8; 176). Brill, 2004.
  18. «Home of Theosophy Burns», New York Times, 2 de xaneiro de 1923.
  19. «Riot at Munich Lecture», New York Times, 17 de maio de 1922.
  20. A acusación publicouse no Frankfurter Zeitung do 4 de marzo de 1921.
  21. 21,0 21,1 Uwe Werner, Anthroposophen in der Zeit des Nationalsozialismus, Munich (1999), p. 7.
  22. Völkische Beobachter, 15 de marzo de 1921.
  23. 23,0 23,1 Werner, p. 8
  24. Lindenberg, Christoph, Rudolf Steiner: Eine Biographie Vol. II, Capítulo 52. ISBN 3-7725-1551-7
  25. Lindenberg: Schritte auf dem Weg zur Erweiterung der Erkenntnis, pp. 77ff
  26. Gary Lachman, Rudolf Steiner, Tarcher/Penguin 2007.
  27. Capítulo 4.
  28. 28,0 28,1 Gary Lachman: Rudolf Steiner. Tarcher/Penguin, 2007.
  29. J. Bockemühl: Toward a Phenomenology of the Etheric World, ISBN 0-88010-115-6.
  30. S. Edelglass et al.: The Marriage of Sense and Thought, ISBN 0-940262-82-7.
  31. Johannes Hemleben, Rudolf Steiner: A documentary biography, Henry Goulden Ltd, 1975, ISBN 0-904822-02-8, pp. 37-49 (edición alemá: Rowohlt Verlag, 1990, ISBN 3-499-50079-5)
  32. Johannes Hemleben: Rudolf Steiner: A documentary biography (pp. 37-49). Henry Goulden Ltd, 1975, ISBN 0-904822-02-8 (Edición alemá: Rowohlt Verlag, 1990, ISBN 3-499-50079-5).
  33. Anthony Storr, Feet of Clay, Free Press-Simon and Schuster, 1996. Storr cita a Steiner p72, «Mais, se miramos a suma de todas as percepcions como unha parte e a contrastamos cunha segunda parte (concretamente as cousas-en si), enton estamos filosofando no ceo. Estamos meramente xogando con conceptos».
  34. 34,0 34,1 34,2 34,3 Capítulo 4
  35. Rudolf Steiner: Verdade e ciencia, prefacio.
  36. Ser consciente das leis que subxacen as nosas accións é ser conscientes da nosa liberdade. O proceso de coñecer (Erkenntnis) é o proceso de desenvolvemento cara a liberdade. Steiner, GA3, pp. 91f, citado en Rist e Schneider, p. 134
  37. Robert A. McDermott, Rudolf Steiner and Anthroposophy, en Faivre e Needleman, Modern Esoteric Spirituality, ISBN 0-8245-1444-0, p. 288ff
  38. Richard Tarnas, The Passion of the Western Mind, ISBN 0-7126-7332-6
  39. Solovyov, Vladimir, The Crisis of Western Philosophy, Lindisfarne 1996 pp. 42-33
  40. In Context, n.º 6, verán de 1984
  41. ATTRA - National Sustainable Agriculture Information Service.
  42. M. Evans, e I. Rodger: Anthroposophical Medicine: Treating Body, Soul and Spirit.
  43. Camphill list of communities
  44. Os edificios do Goetheanum están citados entre os 100 edificios máis significativos da arquitectura moderna por Goulet, Patrice, Les Temps Modernes?, L'Architecture D'Aujourd'hui, decembro de 1982
  45. Great Buildings Online
  46. Schwarz, Mauricio-José. "El ataque a la educación y las escuelas Waldorf". el retorno de los charlatanes. http://charlatanes.blogspot.com.es/2013/10/el-ataque-la-educacion-y-las-escuelas.html. Consultado o 12 de outubro de 2013.
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 47,4 47,5 Robert McDermott, The Essential Steiner, Harper San Francisco 1984 ISBN 0-06-065345-0
  48. P. Goulet: «Les Temps Modernes?» (pp. 8-17), en L’Architecture D’Aujourd’hui, dic. 1982.
  49. Lawrence Rinder, Rudolf Steiner: An Aesthetic Perspective.
  50. Byckling, L: «Michael Chekhov as Actor, Teacher and Director in the West». En Toronto Slavic Quarterly, n.º 1, verán de 2002. Universidade de Toronto, Academic Electronic Journal in Slavic Studies.
  51. Marinelli, Ralph e outros: «The Heart Is Not A Pump». En Frontier Perspectives 5 (1), 1995.
  52. «Así pois, o corazón embrionario sen válvulas non conduce a circulación a través de peristalsia». Forouhar et. al: «The Embryonic Vertebrate Heart Tube is a Dynamic Suction Pump», na revista Science 312 (5774): 751–3 (5 de maio de 2006). doi:10.1126/science.1123775. PMID 16675702.
  53. Groups in N. America, List of Demeter certifying organizations, Other biodynamic certifying organization, Some farms in the world.
  54. Rudolf Steiner: Curso de agricultura, 1924. Esta cita aparece na discusión posterior á sexta lección.
  55. Steve Diver: Biodynamic Farming & Compost Preparation.
  56. 56,0 56,1 56,2 56,3 Carlo Willmann, Waldorfpädagogik: Theologische und religionspädagogische Befunde, Kölner Veröffentlichungen zur Religionsgeschichte, Volumen 27, ISBN 3-412-16700-2, especialmente los capítulos 1.3, 1.4
  57. p. 102-3
  58. Johannes Hemleben, op. cit., pp. 96-100.
  59. Johannes Hemleben, op. cit., pp. 96-100
  60. Robert Fulford: «Bellow: the novelist as homespun philosopher», The National Post, 23 de outubro de 2000
  61. Andrey Bely.
  62. J. D. Elsworth, e Andrej Bely: A Critical Study of the Novels. Cambridge, 1983, cf.
  63. John F. Moffitt: «Occultism in Avant-Garde Art: The Case of Joseph Beuys», na revista Art Journal, vol. 50, n.º 1 (primavera de 1991), pp. 96-98
  64. Peg Weiss: «Kandinsky and Old Russia: The Artist as Ethnographer and Shaman», na revista The Slavic and East European Journal, vol. 41, n.º 2 (verán de 1997), pp. 371-373
  65. Kandinsky: The Path to Abstraction (1908-1922).
  66. Selma Lagerlöf, Biography.
  67. [Nostalghia.com|The Topics :: Layla Alexander Garrett on Tarkovsky]
  68. Bruno Walter: «Mein Weg zur Anthroposophie». En: Das Goetheanum 52 (pág. 418–2), 1961.
  69. 69,0 69,1 Olav Hammer: Claiming Knowledge: Strategies of Epistemology from Theosophy to the New Age (pp. 329; 64f; 225-8; 176). Brill, 2004. Véxase tamén p. 98, onde Hammer afirma que (cousa inusual en fundadores de movementos esotéricos) as autodescricións de Steiner sobre as orixes do seu pensamento e obra, corresponden ás opinións de historiadores externos.
  70. Steiner: «Podería incluso ocorrer que un investigador que teña o poder de percepción en reinos suprasensíbeis, caia nun erro na súa presentación lóxica, e que alguén que non teña percepción suprasensíbel, pero que teña a capacidade de pensamento san, poida corrixilo». Ciencia oculta, capítulo IV.
  71. «Es hängt dabei von den Interessen der Leser ab, ob die Anthroposophie rassistisch interpretiert wird oder nicht» (‘se a antroposofía é racista ou non depende dos intereses dos lectores’). Helmut Zander: «Sozialdarwinistische Rassentheorien aus dem okkulten Untergrund des Kaiserreichs», en Puschner et al.: Handbuch zur “Völkischen Bewegung” (1871-1918), 1996.
  72. «Es hängt dabei von den Interessen der Leser ab, ob die Anthroposophie rassistisch interpretiert wird oder nicht» (‘se a antroposofía é racista ou non depende dos intereses dos lectores’). Helmut Zander, "Sozialdarwinistische Rassentheorien aus dem okkulten Untergrund des Kaiserreichs", in Puschner et al.: Handbuch zur “Völkischen Bewegung” (1871-1918): 1996.
  73. Arno Frank: «Einschüchterung auf Waldorf-Art», en Die Tageszeitung, 4 de agosto de 2000.
  74. 74,0 74,1 74,2 74,3 74,4 "Es hängt dabei von den Interessen der Leser ab, ob die Anthroposophie rassistisch interpretiert wird oder nicht." Helmut Zander, "Sozialdarwinistische Rassentheorien aus dem okkulten Untergrund des Kaiserreichs", in Puschner et al., Handbuch zur "Völkischen Bewegung" 1871-1918: 1996.
  75. Corinna Treitel: A Science for the Soul: Occultism and the Genesis of the German Modern (pág. 103). EE. UU.: Johns Hopkins Press, ISBN 0-8018-7812-8.
  76. Eugen Blume, "Joseph Beuys". En Kugler and Baur, Rudolf Steiner in Kunst und Architektur, ISBN 3-8321-9012-0, p. 186
  77. Mitteilungen aus dem Verein zur Abwehr des Antisemitismus, 11(37):307-8, 11 de setembro de 1901. Article. Mitteilungen, 11(38):316, 18 de setembro de 1901. Artigo. Véxase GA31 para unha lista completa e texto de artigos.
  78. 78,0 78,1 "Hammer und Hakenkreuz – Anthroposophie im Visier der völkischen Bewegung", Südwestrundfunk, 26 de nov. De 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rudolf Steiner

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]