Espoo
Coordenadas: 60°12′20″N 24°39′20″W / 60.20556°N 24.65556°W
| Espoo | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Finlandia |
| Rexión: | Uusimaa |
| Sub-rexión: | Gran Helsinki |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 528,14 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 252.730 hab. (2012) |
| Densidade de poboación: | 809,36 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Jukka Mäkelä |
| Sitio na web: | Páxina Oficial |
Espoo en finés, Esbo en sueco) é unha cidade situada na costa Sur de Finlandia. Forma parte da Área Metropolitana de Helsinki xunto con Helsinki, Vantaa e Kauniainen. Espoo está situado ao oeste de Helsinki e Vantaa, mentres que encerra a Kauniainen. Outros municipios próximos son Nurmijärvi e Vihti no norte e Kirkkonummi no Oeste.
A superficie total de Espoo é de 528 km² e a súa poboación compóñena actualmente unhas 235.000 persoas (31-12-2006).
Índice |
Historia [editar]
Aínda que os primeiros habitantes de Espoo chegaron durante os séculos XII e XIII, non foi ata os anos 50 do século XX cando comezou o seu maior desenrolo. Debido á súa proximidade con Helsinki, Espoo converteuse nun lugar de residencia para os traballadores da capital.
Demografía [editar]
A súa poboación creceu dende os 22.000 habitantes en 1950 até os 210.000 no ano 2000. A media de incremento da poboación entre o año 1964 e o 2006 é duns 3.900 habitantes anuais. Continúa o incremento de poboación, mais nos últimos anos faino a un ritmo moito menor.
Evolución do número de habitantes (31 de decembro):
A poboación por nacionalidade era o 1 de xaneiro de 2007: 95.1% nacionalidade finesa e 4.9% outra nacionalidade. A relixión do 77.4% da poboación era a luterana, 1.3% ortodoxa, 1.3% outras crenzas, e o 19.9% dos cidadáns non tiña afiliación relixiosa ningunha.
| Poboación por áreas (2006);28;11894;1033;1042] | |||
|---|---|---|---|
| Área | Poboación | Área | Poboación |
| Leppävaara | 58,048 | Vanha-Espoo | 33,613 |
| Espoonlahti | 48,649 | Pohjois-Espoo | 9,754 |
| Tapiola | 41,905 | Kauklahti | 6,191 |
| Matinkylä | 33,613 | ||
Situación [editar]
O obxectivo da cidade foi a de desenrolarse preservando a natureza, o que conduciu a unha peculiar planificación da cidade baseada na construción de diversos núcleos urbanos separados entre eles por amplos espazos de zonas verdes e bosques. Espoo está así dividida nas seguintes áreas: Espoon keskus, Espoonlahti, Kalajärvi, Kauklahti, Leppävaara, Matinkylä-Olari, e Tapiola.
A Universidade Politécnica de Helsinki encóntrase en Otaniemi, Espoo, distrito no que residen as sedes de diversos institutos de investigación e empresas tecnolóxicas, por exemplo Nokia.
O seu equipo de fútbol é o FC Honka Espoo cuxo estadio se chama Tapiolan Urheilupuisto.
Personalidades do lugar [editar]
- Children of Bodom, grupo.
- Kimi Räikkönen, piloto de Fórmula 1.
- Ari Vatanen, piloto de rallies.
- Aki Hakala, batería de The Rasmus.
Ligazóns externas [editar]
- Páxina Web da cidade de Espoo
- Sitio oficial da Universidade Politécnica de Helsinki - situada en Otaniemi, Espoo