Klaksvík

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 62°13′26″N 6°34′43″W / 62.22389°N 6.57861°W / 62.22389; -6.57861

Porto
Estaleiro
Christianskirkjan
Vista de Klaksvík

Klaksvík é a segunda maior cidade das Illas Feroe, centro natural das illas do norte, Norðoyar, constitúe un dos mellores portos naturais do país e o principal porto pesqueiro das Feroe. É a capital do concello de Klasvík que se fundou en 1908 e que abrangue as cidades de Árnafjørður, Norðoyri, Ánirnar e Mikladalur. Xuntos, en 2007, tiñan 4.886 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Klaksvík localízase na illa Borðoy, a maior das illas do norte, a cidade está situada nun val, no final dun pequeno fiorde entre entre os montes Myrkjanoyrarfjall (689 m), Háafjall (647 m), Hálgafelli (503 m) e Klakkur (414 m), ao cal a cidade debe o seu nome.

Historia[editar | editar a fonte]

A actual área de Klaksvík está poboada desde a época dos viquingos, como amosan escavacións. Tamén aquí había un thing local, o chamado várting. No século XIX o Monopolio das Feroe abriu aquí unha sucursal. En 1873 Klaksvík formou co resto de Norðoyar un concello. En 1908 formouse o concello de Klasvkív, naquela data a cidade tiña preto de 700 habitantes. Naquela época a cidade tiña preto de 700 habitantes. En 1960 Klaksvík converteuse no máis importante porto de pesca nas illas Feroe.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Klaksvík está unido coa capital, Tórshavn, por estrada, en 2006 rematouse o Norðoyatunnilin, túnel que permite o tráfico por estrada con Leirvík, ata entón só posible por ferry

Monumentos e cultura[editar | editar a fonte]

A Christianskirkjan é o edificio máis coñecido da cidade, unha igrexa que data de 1963, a pía bautismal feita en granito ten catro mil anos e orixinalmente utilizouse para ritos pagás. Norðoya Fornminnissavn é un museo que entre outras cousas contén unha antiga farmacia que estivo en funcionamento ata 1961. O Norðlýsið, fundado en 1915, é o xornal local. O festival de música, Summarfestivalur. atrae cada ano a milleiros de visitantes das Feroe. O club de fútbol local é o KÍ Klaksvík.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]