Pyhäjärvi, Pirkanmaa
Pyhäjärvi | |
---|---|
O Tesomajärvi en setembro de 2020. | |
País | Finlandia |
Rexión | Pirkanmaa |
Localización | Europa do Norte |
Coordenadas | 61°30′29″N 23°36′47″L / 61.50806, -23.61306Coordenadas: 61°30′29″N 23°36′47″L / 61.50806, -23.61306 |
Superficie | 124 km² |
Cota | 77 msnm |
Costa | 450,266 km |
Profundidade | 5,499 m (media) 50,16 m (máxima) m |
Tipo | Lago de auga doce |
Cidades | Vesilahti, Nokia, Tampere, Pirkkala, Lempäälä, Akaa |
O Pyhäjärvi é un lago situado nas cidades de Akaa, Lempäälä, Nokia, Pirkkala, Tampere e Vesilahti, en Finlandia. O Pyhäjärvi esténdese dende Tampere ao norte ata Lempäälä ao sur en forma de "C". É o 36ª lago máis grande de Finlandia e o cuarto da rexión de Pirkanmaa por detrás do Näsijärvi, o Längelmävesi e o Vanajavesi,[1] é ademais o segundo lago máis grande da cidade de Tampere.[2]
O lago ten 124 km² e está situado a 77 msnm e ten unha profundidade máxima de 50,16 metros.[1]
As augas do Näsijärvi flúen cara ao sur a través do Tammerkoski ata a parte norte do Pyhäjärvi no centro da cidade de Tampere, mentres que ao sur recibe as augas do Vanajavesi a través do Kuokkalankoski en Lempäälä.[1]
Entre as atraccións do lago encóntrase a illa de Viikinsaari, unha das numerosas illas coas que conta o lago. Situada a 20 minutos en barco dende o centro de Tampere, Vikiinsaari conta con numerosos atractivos turísticos durante o verán.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pajunen, Hannu (2004). Järvisedimentit kuiva-aineen ja hiilen varastona (PDF). GTK. pp. 164–166.
- ↑ "Vesiensuojelu" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ "Viikinsaari island – A summer oasis in the city" (en inglés). visittampere.fi. Consultado o 1 de abril de 2021.