Revolución Rusa de 1905

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Russia.svg
Historia de Rusia
Primeiros eslavos orientais
Cázaros
Principado de Kiev
Principado de Vladimir-Súzdal
República de Novgorod
Bulgaria del Volga
Invasión mongola de Rusia
Horda de Ouro
Principado de Moscova
Kanato de Kazán
Imperio Ruso
Revolución de 1905
Revolución de 1917
  Revolución de Febreiro
  Revolución de Outubro
Guerra Civil rusa
RSS Federativa de Rusia
Federación Rusa
Os manifestantes fuxindo dos soldados tsaristas

A revolución rusa de 1905 foi unha revolta espontánea e antigobernamental que se xeneralizou en todo o Imperio Ruso. Considerada o punto de arrinque dos cambios que conduciron á Revolución Rusa

Contexto[editar | editar a fonte]

A Rusia dos tsares gobernábase como unha autocracia cunha monarquía absoluta e unha nobreza que posuía case toda a terra cultivable que explotaba aos campesiños como servos, Rusia era un país onde a industria era relativamente escasa e que non coñecera a revolución liberal que cambiara a Europa no percorrer do século XIX. A oposición ao réxime estaba dividida en dúas grandes correntes, a liberal que aspiraba a dar a Rusia un réxime semellante ao do resto de Europa e os que desexaban unha revolución social que liberase ás masas campesiñas.

Revolta[editar | editar a fonte]

En 1905 a derrota de Rusia fronte ao Xapón na guerra ruso-xaponesa puxo de manifesto a febleza e acaísmo do réxime ruso e foi a faísca que prendeu o movemento revolucionario. O 22 de xaneiro de 1905 formouse en San Petersburgo unha inmensa manifestación que de forma pacífica se dirixiu ao palacio do tsar Nicolao II para pedir a convocatoria de eleccións democráticas a unha Asemblea Constituinte e a mellora das condicións dos traballadores. A reacción das autoridades foi brutal, a policía metrallou á multitude desde a residencia real causando arredor de mil mortos nunha xornada coñecida como o Domingo vermello, non se sabe se coa compracencia do emperador ou non xa que este non estaba na cidade. A insurrección expendeuse ás principais cidades e en Odessa os mariñeiros do acoirazado Potemkin subleváronse matando aos oficiais. O tsar en vista dos acontecementos prometeu convocar unha asemblea representativa, a Duma que se constituíu en maio de 1906 pero que tivo curta vida xa que foi disolta polo tsar pouco tempo despois.