César Sánchez Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
César
Cesar Sanchez VCF.jpg
Información persoal
Nome completo César Sánchez Domínguez
Nacemento 9 de setembro de 1971 (43 anos)
Lugar Coria, España
Altura 1,82 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Villarreal
Número 1
Carreira xuvenil
Plasencia
1991-1993 Valladolid B
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992–2000 Valladolid 206 (0)
2000–2005 Real Madrid 20 (0)
2005–2008 Zaragoza 110 (0)
2008–2009 Tottenham Hotspur 0 (0)
2009–2011 Valencia 63 (0)
2011– Villarreal
Selección nacional
2000 España 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

César Sánchez Domínguez, coñecido como César, nado en Coria (Cáceres) o 9 de setembro de 1971, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual club é o Villarreal CF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na Unión Polideportiva Plasencia en terceira división, da cal ficharía polo Real Valladolid. Debutou en primeira división xogando co Real Valladolid no partido Valladolid-Barcelona (0-6) o 24 de maio do 1992. En ano 1999 fichou polo Real Madrid aínda que non foi ata o ano 2000 cando xogou co club madridista, xa que se decidiu que permanecese un ano máis no Real Valladolid. Nos seus dúas primeiras tempadas no Real Madrid, Vicente del Bosque decidiu outorgarlle a titularidade no último mes de competición, en detrimento de Iker Casillas. Aínda que os seus partidos como titular finalizaron ao final desta Segunda campaña, na final da Liga de Campións de Glasgow, cando Iker Casillas tivo que substituírlle por lesión, completando o de Móstoles unha gran actuación que significaría finalmente a vitoria branca. A partir deste momento César só disputaría de forma contínua partidos de Copa do Rei.

As súas grandes citas foron a disputa de dous finais de Copa do Rei, titulos que o Real Madrid non puido gañar. A pesar diso conseguiu títulos tanto a nivel nacional como internacional (2 Ligas Españolas, 1 Liga de Campións, 1 Copa Intercontinental, 2 Supercopas de España, 1 Supercopa de Europa). En 2005 ficha polo Real Zaragoza no que permanece ata o 2008, ano no que o club maño termina descendendo a Segunda División. Entón ficha polo Tottenham Hotspur inglés. A principios do 2009 ficha polo Valencia CF para suplir a baixa do lesionado Renan Brito.

Ao final da tempada o conxunto ché renóvalle o seu contrato ata o 30 de xuño de 2010 tras o gran nivel mostrado. En maio do 2010 renóvaselle por outra tempada máis.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga española Real Madrid España 2000 - 2001
Supercopa de España Real Madrid España 2001
Liga española Real Madrid España 2002 - 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Campións da UEFA Real Madrid España 2001 - 2002
Supercopa de Europa Real Madrid España 2002
Copa Intercontinental Real Madrid España 2002

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]