Jiří Menzel
Jiří Menzel, nado en Praga o 23 de febreiro de 1938, é un director de cine checo. Gañou un Oscar ao mellor filme de fala non inglesa por Trens rigurosamente vixilados, de 1966, baseada nunha novela homónima do escritor Bohumil Hrabal.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo do coñecido escritor e xornalista Joseph Menzel, o mozo Menzel pensou inicialmente en seguir os pasos do seu pai e estudar xornalismo, pero finalmente ingresou na Academia de Cine de Praga, da que foi expulso. Porén, grazas á intervención dun dos seus profesores, puido continuar os seus estudos.
A súa ópera prima no ámbito das longametraxes profesionais, Trens rigurosamente vixilados, supuxo unha grata sorpresa no panorama do novo cinema checo por lograr o Oscar á mellor película de fala non inglesa. O filme está considerado unha das obras cimeiras da cinematografía europea e adscríbese á Nova Onda checa.
As altas cualidades de Menzel quedaron patentes na súa segunda obra, Capricho de verán onde interpretou un papel como actor. Malia a todo, Lavercas no arame, a súa seguinte obra, foi prohibida polo réxime checo. Esta película esta baseada nun libro de contos de Bohumil Hrabal titulado Anuncio dunha casa onde xa non quero vivir. Tras rematar de rodar prohibiuse a proxección da película e ata 1974 Menzel non dirixiu máis nada.
Nos oitenta Menzel rodou outros máis dous filmes baseados en relatos do seu escritor favorito, Bohumil Hrabal, como Tesoirazos, A festa das campaíñas verdes e A miña doce aldeíña, que foi nomeada para o Oscar ao mellor filme de fala non inglesa.
Filmografía [editar]
- Obsluhoval jsem anglického krále (Eu servín ao rei de Inglaterra) – 2006
- Dalších deset minut II (Os dez próximos minutos II) – 2002
- Život a neobyčejná dobrodružství vojáka Ivana Čonkina (Vida e aventuras extraordinarias do soldado Ivan Tchonkine) – 1994
- Žebrácká opera (A ópera dos catro cuartos) – 1990
- Konec starých časů (A fin dos bos vellos tempos) – 1989
- Vesničko má, středisková (A miña doce aldeiña) – 1985
- Slavnosti sněženek (A festa das campaniñas verdes) – 1983
- Postřižiny (Tijeretazos) – 1980
- Báječní muži s klikou (Os afortunados) – 1978
- Na samotě u lesa (Solitario no lindeiro do bosque) – 1976
- Kdo hledá zlaté dno (Quen busca a fonte do ouro) – 1974
- Skřivánci na niti (Lavercas no arame) – 1969 - Oso de Ouro (1990) no Festival Internacional de Cinema de Berlín
- Rozmarné léto (Capricho de verán) – 1968 - gran premio do Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary
- Zločin v šantánu – 1968
- Ostře sledované vlaky (Trens rigurosamente vixilados) – 1966 - Oscar ao mellor filme de fala non inglesa
- Zločin v dívčí škole (O crime da escola de raparigas) – 1965
- Perličky na dně (As pérolas do fondo da auga) – 1965
- Umřel nám pan Foerster (O señor Foerster finou) – 1963
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "O riso é o mellor xeito de coñecer o mundo", entrevista con Jiří Menzel na web oficial da República Checa