Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (en galego, Pepi, Luci, Bom e outras mozas do montón) é a primeira longametraxe do cineasta español Pedro Almodóvar. Rodada en 16 milímetros, estréase no 1980 nos cines comerciais. Película cun argumentro fresco, corrosivo e feita cun gran sentido do humor e imaxinación, tendo en conta que está ambientada no Madrid da Movida. Entre o reparto deste filme destacan unha das grandes musas interpretativas do director manchego, Carmen Maura, coa que seguirá a colaborar nos seus vindeiros proxectos, e unha novísima Alaska (Olvido Gara), cantante aínda en activo actualmente e que contaba con tan só 15 anos no rodaxe da película.

Argumento[editar | editar a fonte]

Tres mulleres moi distintas, Pepi, Luci e Bom, unha atolada rapaza, unha ama da casa e unha cantante punk, atópanse no Madrid dos anos oitenta cambiando dun xeito moi profundo as súas vidas.

Reparto[editar | editar a fonte]

  • Carmen Maura: Pepi
  • Félix Rotaeta: polícia/irmán xemelgo
  • Olvido Gara (Alaska): Bom
  • Eva Siva (Ana Curra): Luci
  • Concha Grégori: Charito, a veciña de Luci
  • Kiti Manver: Rapaza modelo e cantante
  • Cecilia Roth: Rapaza do anuncio de "Bragas Ponte"
  • Julieta Serrano: Muller
  • Cristina Sánchez Pascual: Muller barbuda
  • Fabio de Miguel (Mc Namara): Roxy.
  • Diego Álvarez: O fillo da muller
  • Agustín Almodóvar: Chico

Premios, recoñecementos e festivais[editar | editar a fonte]

Non tivo ningún premio nin recoñecemento.