Mi vida sin mí
Mi vida sin mí é unha coprodución española e canadense dirixida por Isabel Coixet no ano 2003. Está baseada na novela Pretending the bed is a raft de Nanci Kincaid.
Índice |
Argumento [editar]
Ann (Sarah Polley) é unha moza de 23 anos que traballa como limpadora polas noites. Casou moi nova e é nai de dúas fillas Penny (Jessica Amlee) e Patsy (Kenya Jo Kennedy) co seu noivo de sempre, Don (Scott Speedman), que pasa máis tempo no paro que traballando. A parella vive nunha caravana no xardín da casa da nai de Ann, en Vancouver, mentres que o seu pai leva anos no cárcere.
A súa vida vai cambiar de xeito radical cando o nun recoñecemento médico descobre que está gravemente enferma e que lle queda pouco tempo de vida. A partir de aí Ann, sen contarlle a ninguén o que ocorre, fai unha lista das cousas que quere facer nos dous meses que lle quedan antes de morrer.
Reparto [editar]
- Sarah Polley (Ann)
- Amanda Plummer (Laurie)
- Scott Speedman(Don)
- Leonor Watling (Ann, a veciña)
- Deborah Harry (Nai de Ann)
- Maria de Medeiros (Perruqueira)
- Mark Ruffalo (Lee)
- Julian Richings (Dr. Thompson)
- Kenya Jo Kennedy (Patsy)
- Jessica Amlee (Penny)
- Esther García
- Camille Martinez
- María Cami
- Deanne Henry
- Gillian Barber
- Errin Clutton
- Jerry Thompson
- Morgan Brayton
- Sam Barnett
- Lauren Diewold
- Neezor Elerezeli
- Sonja Bennett
- Tyron Leitso
- Alfred Molina
Premios [editar]
Premios Goya [editar]
- Premio Goya á mellor canción orixinal
- Premio Goya ó mellor guión adaptado
- Nominación ó Premio Goya á mellor película
- Nominación ó Premio Goya á mellor dirección
- Nominación ó Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista
Unión de Actores [editar]
- Premio da Unión de Actores á mellor actriz de reparto (Leonor Watling)