Denys Arcand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denys Arcand
DenysArcand07TIFF.jpg
Denys Arcand
Nacemento 25 de xuño de 1941
Deschambault, Quebec (Canadá)
Profesión Director de cine
Ficha na IMDb

Denys Arcand, nado o 25 de xuño de 1941 en Deschambault, é un director, guionista, actor e produtor de cinema do Quebec. Cineasta de estilo variado e dilatada carreira, é coñecido fundamentalmente polos seus dous éxitos principais: "O declive do imperio americano" ("Le déclin de l'empire américain") e a continuación dezaoito anos após: "As invasións bárbaras" ("Les Invasions barbares").

Evolución[editar | editar a fonte]

A obra cinematográfica de Denys Arcand está inserida de cheo no cinema quebequés e as súas transformacións. Nunha primeira vaga a súa obra está composta de ferintes documentais e ao tempo de filmes de ficción mostrando a realidade social e lingüística (os seus traballos normalmente son en francés malia a que o inglés asoma en momentos) do seu país.

A partir da decepción que supón a derrota no referendum pola independencia do Quebec de 1980 abandona o estilo máis radicalmente social e comeza a xerar un cinema de autor, sen esquecer os seus principios, pero buscando un maior éxito persoal chegando mesmo a filmar dous traballos en lingua inglesa. O traballo de fotografía e escenografía adecúase ás normas de Hollywood, tanto pola iluminación como polos encadramentos de evocación televisiva.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 2007 - L'Âge des ténèbres
  • 2003 - Les invasions barbares
  • 2000 - Stardom
  • 1996 - Joyeux calvaire
  • 1993 - Love & human remains
  • 1991 - Montréal vu par...
  • 1989 - Jésus de Montréal
  • 1986 - Le déclin de l'empire américain
  • 1985 - Murder in the family (TV)
  • 1984 - Le crime d'ovide plouffe
  • 1982 - Le confort et l'indifférence
  • 1976 - On est au coton
  • 1975 - Gina
  • 1973 - Réjeanne Padovani
  • 1972 - Québec: Duplessis et après...
  • 1972 - La maldite galette
  • 1967 - Parcs atlantiques (curtametraxe)
  • 1966 - Volleyball (curtametraxe)
  • 1965 - Les montréalistes (curtametraxe)
  • 1965 - La route de l'ouest (curtametraxe)
  • 1964 - Champlain (curtametraxe)
  • 1964 - Samuel de Champlain: Québec 1603 (curtametraxe)
  • 1962 - Seul ou avec d'autres