Todo sobre mi madre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todo sobre mi madre (en galego, Todo sobre (a) miña nai) é un filme español dirixido por Pedro Almodóvar no ano 1999. Cecilia Roth, Marisa Paredes, Candela Peña, Penélope Cruz e Antonia San Juan encabezan o reparto da cinta.

Trátase dun dos grandes éxitos da carreira de Pedro Almodóvar, que conseguiu excelentes críticas e numerosos premios, entre eles o Oscar á mellor película estranxeira e tamén o Goya.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Manuela (Cecilia Roth) é unha nai que se dedicou totalmente ó seu fillo Esteban (Eloy Azorín) e que traballa como enfermeira nun hospital en Madrid.

O seu fillo escribe un guión chamado "Todo sobre a miña nai" e neste reflicte a súa inquietude polo seu pai, a quen non coñece. O mesmo día do aniversario do fillo van ver unha obra de teatro e ó terminar a obra, el vai en busca dun autógrafo da actriz Huma Rojo (Marisa Paredes), e no intento perde a vida accidentalmente. Manuela mantén a súa compostura na clínica de transplantes ante os pacientes e, posteriormente, constrúe un muro edificado polas feridas que lle deixa a perda de Esteban, o seu fillo.

Manuela parte cara a Barcelona para buscar o pai de Esteban e revelarlle que cando ela partiu tempo atrás foi cun fillo deles dous. Pero a procura non será fácil e mentres o busca, Manuela recupérase no mundo feminino.

As mulleres do filme amosad a súa capacidade de actuar, finxir, mentir, transformarse, improvisar e, como non, capacidade de fuxir de todo, cando en realidade dentro do ser humano non hai nada. Agrado fai mercadotecnia do seu corpo para venderse como mercancía no campo; Huma Rojo engánase a si mesma esperanzándose en confiar cegamente nunha relación de amor-odio con Nina Cruz (Candela Peña), que vaporiza a realidade que lle rodea con autoestradas de cocaína que lle conducen a un inferno sen saída.

Finalmente, Lola (Tony Cantó), volve xunto ó que vai ser o seu novo fillo, Esteban, con Huma e Nina.

Reparto[editar | editar a fonte]

Palmarés cinematográfico[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañador
Mellor director Pedro Almodóvar Gañador
Mellor actriz protagonista Cecilia Roth Gañador
Mellor actriz de reparto Candela Peña Candidata
Mellor actriz revelación Antonia San Juan Candidata
Mellor dirección de produción Esther García Gañador
Mellor dirección artística Antxón Gómez Candidato
Mellor guión orixinal Pedro Almodóvar Candidato
Mellor montaxe José Salcedo Gañador
Mellor fotografía Afonso Beato Candidato
Mellor música orixinal Alberto Igrexas Gañador
Mellor son Miguel Reixas Gañador
Mellor deseño de vestiario Sabine Daigeler e José María De Cossío Candidato
Mellor maquillaxe e perruquería Juan Pedro Hernández e Jean Jacques Pichu Candidato

Outros premios[editar | editar a fonte]

Premios Categoría Resultado
Oscar 1999 Mellor filme en lingua non inglesa Gañador
Premios Globo de Ouro Mellor película de fala non inglesa Gañador
Premios César Mellor película estranxeira Gañador
Festival de Cannes Mellor director Gañador
Festival de Cannes Premio Ecuménico Gañador
Festival Internacional de Cine de Donostia FIPRESCI Mellor película do ano Gañador
Premio David de Donatello Mellor película de fala non inglesa Gañador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]