Álex de la Iglesia
Alejandro de la Iglesia, máis coñecido como Álex de la Iglesia é licenciado en filosofía pola Universidade de Deusto, ex-debuxante de banda deseñada, agora realizador, produtor e guionista de cinema español, nado en Bilbao, o 4 de decembro de 1965.
O seu primeiro traballo no mundo cinematográfico foi como director artístico no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, traballo que repetiu na curtametraxe "Mamá" de Pablo Berguer. A súa primeira curtametraxe, Mirindas asesinas (1991), conseguiu chama-la atención do cineasta Pedro Almodóvar, e da súa produtora El Deseo Films, produciu a primeria longametraxe de Álex, Acción Mutante (1993). Seguiulle o filme que o consagraría como un dos directores máis importantes do panorama do cinema español: El día de la Bestia (1995). Esta longametraxe, considerada como un filme de culto por moitos adolescentes, consiguiu seis premios Goya, entre os que destaca o premio á Mellor Dirección. Este filme tamén encumbrou a Santiago Segura, un dos actores máis famosos do cinema español.
Máis tarde dirixiu sketches para televisión (El peor programa de la semana de O Gran Wyoming para Televisión Española e Inocente, Inocente, para as televisións autonómicas) e máis longametraxes: Perdita Durango (1997), Muertos de risa (1999), La comunidad (2000), 800 balas (2002), Crimen ferpecto (2004), Los crímenes de Oxford (2007), Balada triste de trompeta (2010) e en 2011 estrenou La chispa de la vida, con Salma Hayek y José Mota como protagonistas.
Escribiu tamén a novela Payasos en la lavadora (1997) e publicou varios artigos en prensa.
Filmografía [editar]
- Acción mutante (1993)
- El día de la Bestia (1995)
- Perdita Durango (1997)
- Muertos de risa (1999)
- La comunidad (2000)
- 800 balas (2002)
- Crimen ferpecto (2004)
- The Incredibles (Voz) (2004)
- La habitación del niño (2006)
- Los crímenes de Oxford (2007)
- Balada triste de trompeta (2010)
- La chispa de la vida (2011)