Gonzalo Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonzalo Suárez
AlcumeMartín Girard
Nacemento30 de xullo de 1934
Lugar de nacementoOviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema, escritor, guionista, actor e produtor de cinema
IrmánsCarlos Suárez
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras, Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes e Gran Cruz de Afonso X o Sabio
Na rede
IMDB: nm0840779 Allocine: 6306 Allmovie: p113161
Facebook: Gonzalo-Suárez-53593897068 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Gonzalo Suárez (2011).

Gonzalo Suárez Morilla, nado en Oviedo o 30 de xullo de 1934, é un escritor e director de cine asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gonzalo Suárez naceu en Oviedo pouco antes da revolución de Asturias. O alzamento nacional que deu pé á guerra civil española colleuno en Madrid, onde o seu pai, o catedrático de francés Gonzalo Suárez Gómez, fora a presidir uns exames. Comezou a ir á escola aos dez anos, sendo instruído até entón polo seu pai. En 1951 comezou os estudos de Filosofía e Letras, ao tempo que escribía pezas de teatro e actuaba en obras de Saroyan, Eurípides ou Shakespeare. Influenciado polos impresionistas iniciouse no mundo da pintura, e logo de abandonar os estudos marchou a París, onde fixo traballos eventuais.

En 1958 marchou a Barcelona coa súa muller, e traballou de xornalista co pseudónimo de Martin Girard.[1] Pouco despois instalouse en Italia, onde traballou no Inter de Milán como asesor do adestrador de fútbol Helenio Herrera, parella de súa nai dende había anos. Era o encargado de asistir aos partidos dos rivais do Inter e realizar informes tácticos e técnicos para Herrera.[2]

Deixou o xornalismo e publicou relatos de ficción, algúns dos cales foron adaptados ao cinema. En 1966 comezou a facer el tamén cine, sendo financiadas as súas primeiras películas por Angelo Moratti, presidente do Inter de Milán, por medio de Helenio Herrera, que se fixo coprodutor xunto con el.[2][3]

Obra[editar | editar a fonte]

Filmografía[4][editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • De cuerpo presente (1963)
  • Los once y uno (1964)
  • Trece veces trece (1964)
  • El roedor de Fortimbrás (1965)
  • Rocabruno bate a Ditirambo (1966)
  • La zancada del cangrejo (1969)
  • Operación Doble Dos (1974)
  • Gorila en Hollywood (1980)
  • La reina roja (1981)
  • El asesino triste (1994)
  • La literatura (1997)
  • Ciudadano Sade (1999)
  • Yo, ellas y el otro (2000)
  • El cine: de las cavernas a la pantalla (2001)
  • El hombre que soñaba demasiado (2005)
  • La suela de mis zapatos (2006)
  • Dos pasos en el tiempo. De Aoom a El Genio tranquilo. Asturias 1969-2006 (2006)
  • El secreto del cristal. Aforismos y desafueros de Gonzalo Suárez (2008)
  • Las fuentes del Nilo (2011)
  • El síndrome de Albatros (2011)

Guións[editar | editar a fonte]

  • Fata Morgana (1965; canda a Vicente Aranda)
  • Operación Doble Dos (1975; canda a Sam Peckinpah; publicado en Viridiana núm. 12).
  • La colmena (1980)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Martin Girard". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 03 de abril de 2014. 
  2. 2,0 2,1 González, Enric (Outubro de 2012). "Gonzalo Suárez y Enric González o la necesidad de huir" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  3. "El director y los intérpretes". El Pueblo Gallego (en castelán) (17773). 15 de abril de 1972. p. 20. Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  4. http://www.gonzalo-suarez.com Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. e IMDb (29 de novembro de 2009).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso, A. (ed., 2004): Gonzalo Suárez: entre la literatura y el cine. Universidad de Oviedo - Kassel - Edition Reichenberger.
  • Becerra, C. (ed.; 2004): El cine de Gonzalo Suárez. Mirabel editora.
  • Cercas, J. (1993): La obra literaria de Gonzalo Suárez. Quaderns Crema.
  • Cercas, J. (1994): La trayectoria artística de Gonzalo Suárez. Instituto Grande Covián.
  • Cherta, R. e Garrido, T. (2007): Guía para ver y analizar Remando al viento. Nau Llibres.
  • Cortázar, J. (1978): "Juegos secretos de Gonzalo Suárez". Les Nouvelles Literaires nº 2644.
  • Cruz, J. e outros (2008): Gonzalo Suárez, 40 años de cine y literatura. Semana Internacional de Cine de Valladolid.
  • Hernández Ruiz, J. (1991): Gonzalo Suárez: un combate ganado con la ficción. Universidad de Alcalá de Henares.
  • Martínez Delgado, A. B. (2000): A Esmorga de Blanco Amor e Parranda de Gonzalo Suárez. Ediciós do Castro.
  • Mena, J. (1992): Aspectos fantásticos en la narrativa de Gonzalo Suárez: La resurrección. Universidad de Barcelona.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]