Jean-Jacques Annaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jean-Jacques Annaud, nado en Juvisy-sur-Orge (Essonne, Francia) o 1 de outubro de 1943, é un director de cine.

Biografía[editar | editar a fonte]

Tras cursar estudios no Institut des hautes études cinématographiques, iniciouse no mundo do cine coa publicidade.

Obtivo o Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1976 coa súa primeira longametraxe, (La Victoire en chantant). Encargóuselle entón a dirección de Coup de tête, escrita por Francis Veber e interpretada por Patrick Dewaere.

Adicouse a proxectos moi caros e ambiciosos, como La guerre du feu, (1981) e L'Ours (1988) nos que demostra mestría técnica.

A súa consagración comercial acadouna coa adaptación da novela de Umberto Eco Il nome della Rosa, película que combina acertadamente problemas filosóficos e morais co suspense. Contou cun elenco de luxo: Sean Connery, Christian Slater e F. Murray Abraham. Este éxito permitiulle abordar a superproducción erótica L'Amant (1992), adaptación do libro de Marguerite Duras.

En 2006 rodou unha superprodución europea, Sa Majesté Minor, con exteriores rodados nas oliveiras de Benigembla, e na cala do Poble Nou de Benitatxell, na comarca da Marina Alta da Comunidade Valenciana.

Malia non ser sempre ben tratado pola prensa, Annaud ten fama de perfeccionista e de técnico destacado, encargándose de revisar persoalmente todas e cada unha das etapas de elaboración das películas e mesmo a súa adaptación ó DVD.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]