Akira Kurosawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Akira Kurosawa
Akira Kurosawa.jpg
Akira Kurosawa
Nacemento 23 de marzo de 1910
Shinagawa, Tokyo, Flag of Japan.svg Xapón
Falecemento 6 de setembro de 1998
Setagaya, Tokyo, Flag of Japan.svg Xapón
Profesión Director de cine

Akira Kurosawa (en xaponés 黒澤 明, くろさわ あきら), nado o 23 de marzo de 1910 e finado o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993.

Índice

Biografía [editar]

Fillo dun oficial do exército, Akira foi o máis novo de sete irmáns. O suicidio dun deles e o falecemento doutros dous cando Akira aínda era un rapaz deixaron unha pegada profunda no director. Estudou Belas Artes e pintura en Tokio, o que lle influiu fondamente na súa obra.

Chegou aos estudos Tōhō no 1936 onde empezou coma axudante de dirección do cineasta Kajirō Yamamoto, escribindo tamén varios guións para outros directores. Rodou as súas primeiras películas durante a Segunda Guerra Mundial.

A finais dos anos sesenta protagonizou un intento de suicidio, desesperado por non ser quen de atopar financiación para as súas películas. Finalmente, conseguiu os cartos que precisaba grazas a algúns dos seus admiradores, tales como George Lucas ou Francis Ford Coppola.

No 1990 recibiu o Oscar honorífico da Academia de Hollywood polo conxunto da súa obra.

O cine de Akira Kurosawa [editar]

A súa primeira gran obra foi Drunken angel (1948) (O anxo ebrio) que marcou o inicio da súa colaboración co actor Toshirō Mifune. Con Rashomon (1950) veulle a notoriedade internacional, xa que foi a primeira película oriental premiada nun festival internacional, concretamente gañou o León de Ouro no Festival de Venecia. Tamén foi premiada co Oscar á mellor película estranxeira.

Adaptou varios novelistas occidentais, como Fiódor Dostoievski en The idiot (O idiota, 1951), William Shakespeare en Throne of blood (Trono de sangue, 1957) ou Maxim Gorki en The lower depths (Os baixos fondos, 1957).

No 1954 chegou a súa grande obra Shichinin no samurai (Os sete samurais). Inspirou numerosos westerns, salientando Os sete magníficos de John Sturges.

Con Dersu Uzala (1975) gañou outravolta o Oscar á mellor película estranxeira.

Filmografía [editar]

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • El ángel ebrio (2002). Filmax Home Video.

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: