Isabel Coixet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isabel Coixet (Barcelona, 9 de abril de 1962 - ), é unha directora de cine española.


Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Barcelona o 9 de abril de 1962. Licenciada en Historia pola Universidade de Barcelona, traballou como xornalista na revista Fotogramas. A súa afección á imaxe faille achegarse ó mundo do cine, desenvolvendo diversas tarefas, e ó mundo da publicidade no que, tras un tempo, creará produtora propia. Anos máis tarde, decidida a filmar a súa primeira longametraxe, trasládase a USA a rodar Cosas que nunca te dije (1996).

É un dos pesos pesados da industria publicitaria, e dirixe anuncios por todo o mundo: foi directora creativa da axencia JWT, fundadora e directora creativa da axencia Target e a produtora Eddie Saeta, obtendo os máis prestixiosos premios polos seus traballos este campo. Entre os seus clientes publicitarios figuran Telecomunicaciones Británicas, Ford, Danone, BMW, Ikea, Evax, Renault, Peugeot, Winston, Kronenbourg, Pepsi, Kellogg, MCI, Helene Curtis, Procter Gamble, Juventud de Philip Morris que Fuma Prevención, AT*T... entre moitos outros.

No ano 2000 creou a produtora Miss Wasabi Films desde dnde tamén realizou destacados documentais -e videoclips ós máis variados músicos (desde Sexy Sadie ata Alejandro Sanz).

En 2003 triunfa con Mi vida sin mí e en 2005 dirixe La vida secreta de las palabras cuxos protagonistas son Tim Robbins e Sarah Polley.

En 2008 estrea Elegy, un drama romántico baseado na novela The Dying Animal, de Philip Roth, e protagonizado por Penélope Cruz e Ben Kingsley.

A comezos do 2009 remata a rodaxe de Mapa de los sonidos de Tokio, un filme que conta con Rinko Kikuchi e Sergi López como actores principais, e que foi estreado o 28 de agosto do mesmo ano.

Películas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Cine e Audivisual de Cataluña (2002) pola película Mi vida sin mí.
  • Premio Ollo Crítico de Cine na súa XIV Edición pola película, Mi vida sin mí.

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Película Categoría Resultado
2005 La vida secreta de las palabras Mellor película Gañadora
2005 La vida secreta de las palabras Mellor director Gañadora
2005 La vida secreta de las palabras Mellor guión orixinal Ganadora
2003 Mi vida sin mí Mellor película Candidata
2003 Mi vida sin mí Mellor director Candidata
2003 Mi vida sin mí Mellor guión adaptado Gañadora
1997 Cosas que nunca te dije Mellor guión orilinal Candidata
1990 Demasiado viejo para morir joven Mellor director novel Candidata

Anuncios TV[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]