Hable con ella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hable con ella é unha película española dirixida e escrita por Pedro Almodóvar no ano 2002. Está protagonizada por Leonor Watling, Javier Cámara, Rosario Flores, Geraldine Chaplin e Darío Grandinetti entre outros.

Gañou o premio Oscar ó mellor guión orixinal en 2002 e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa en 2003.

Entre os temas da película inclúense a dificultade de comunicación entre os sexos, a soidade e intimidade, segredos e infidelidades e a persistencia do amor trala perda.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Os camiños de Benigno (Javier Cámara) e Marco (Darío Grandinetti) crúzanse cando ambos acoden á mesma actuación de baile, pero finalmente coinciden de novo na clínica privada onde Benigno traballa. Alí está a enfermeira de Alicia (Leonor Watling), unha fermosa estudante de danza que permanece en coma e coa que Benigno comeza a obsesionarse. Marco está na clínica para visitar a súa moza Lydia (Rosario Flores), unha famosa matadora, tamén en coma despois de ser collida por un touro.

Mentres as vidas de Marco e Benigno xiran arredor das das dúas mulleres, a historia contén flashbacks que contan as vidas das catro persoas centrándose nas súas relacións.

Marco deixa a Lydia cando a súa anterior parella lle informa de que eles volveran a estar xuntos un mes antes de que ela sufrise o accidente. Decide marchar de España cara a Xordania, co obxectivo de escribir unha guía turística. Estando alí descobre nun xornal a morte de Lydia.

Mentres, Benigno é acusado de violar a Alicia, da que cre estar namorado - aínda que non se revela se é realmente culpable - está fortemente implicado e é enviado a prisión. Pouco despois inxire unha gran cantidade de pastillas para intentar quedar el tamén en coma e así poder reunirse novamente con Alicia. Porén, o exceso de pastillas acaba coa vida de Benigno.

Ironicamente, Alicia esperta pouco antes do nacemento do fillo froito da violación. Cando o bebé acaba de nacer, Alicia comeza coa rehabilitación para poder volver a camiñar. A película remata con Marco, sentando diante de Alicia, xirándose e sorríndolle, e logo volvéndose cara a diante.

Elenco[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Gañados[editar | editar a fonte]

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]