Wò hǔ cáng lóng
| Tigre e Dragón | |
|---|---|
| Título orixinal | Wò hǔ cáng lóng |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Ang Lee |
| Produtor | Li-Kong Hsu William Kong Ang Lee |
| Guión | Hui-Ling Wang James Schamus Kuo Jung Tsai |
| Baseado en | Crouching Tiger, Hidden Dragon (novela) de Wang Dulu |
| Intérpretes | Chow Yun-Fat Michelle Yeoh Zhang Ziyi Chang Chen Sihung Lung Pei-pei Cheng Fa zeng Li Xian Gao Yan Hai Deming Wang Li Li De Ming Wang, |
| Música | Tan Dun |
| Fotografía | Peter Pau |
| Montaxe | Tim Squyres |
| Estudio | |
| Distribuidor | Sony Pictures Classics |
| Ano | 2000 |
| Duración | 119 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción, Romance, Artes marciais |
| Orzamento | $17.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Wò hǔ cáng lóng (Título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa Tigre agazapado, Dragón agochado; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixida por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-Fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme está baseado na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.
Índice |
Argumento [editar]
É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing en China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).
Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-Fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou ó seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasiones, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.
Personaxes [editar]
- Chow Yun-Fat como Li Mu Bai
- Michelle Yeoh como Yu Shu Lien
- Zhang Ziyi como Jen Yu (versión en mandarín) / Jiao Long (versión internacional)
- Chang Chen como Lo "Nube Escura" / Luo Xiaohu
- Cheng Pei-pei como Raposa de Xade
- Sihung Lung como Sir Te
- Li Fazeng como Gobernador Yu
- Gao Xi'an como Bo
- Hai Yan como Madam Yu
- Wang Deming como Inspector de policía Tsai / Prefeto Cai Qiu
- Huang Suying como Tío Wu
- Yang Rui como Maid
- Li Kai como Gou Jun Pei
- Feng Jianhua como Gou Jun Sinung
- Ma Zhongxuan como Mi Biao
- Li Baocheng como Fung Machete Chang
- Yang Yongde como Monk Jing
- Zhang Shaocheng como O home na noite
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2000: 4 Oscars: Mellor película estranxeira. 10 Nomeamentos.
- 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor director, película de fala non inglesa. 3 Nomeamentos.
- 2000: 4 premios BAFTA, incluíndo David Lean á dirección, Anthony Asquith. 14 Nomeamentos.
- 2000: National Board of Review: Mellor película de fala non inglesa.
- 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía.
- 2000: 2 premios en el Festival de Toronto: Mellor director (Ang Lee), mellor película.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritics (en inglés)