Druk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Druk
Logo de Druk.
Ficha técnica
Título orixinalDruk
DirectorThomas Vinterberg
Produtor
Guión
Intérpretes
MúsicaJanus Billeskov Jansen
FotografíaSturla Brandth Grøvlen
Montaxe
  • Anne Østerud
  • Janus Billeskov Jansen
Estudio
DistribuidoraNordisk Film
EstreaFestival de Toronto: 12 de setembro de 2020
Dinamarca 24 de setembro de 2020[1]
Duración115 minutos
OrixeDinamarca Dinamarca
XéneroDrama e comedia
Orzamento33,5 millóns de kr[2]
Na rede
http://www.samuelgoldwynfilms.com/another-round/
IMDB: tt10288566 Filmaffinity: 875031 Allocine: 275050 Rottentomatoes: m/another_round Metacritic: movie/another-round Editar o valor em Wikidata

Druk é un filme dinamarqués de 2020 dirixido por Thomas Vinterberg, cun guión de Vinterberg e Tobias Lindholm. Está protagonizado por Mads Mikkelsen, Thomas Bo Larsen, Magnus Millang e Lars Ranthe.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 12 de setembro de 2020, e en Dinamarca o 24 de setembro de 2020 a través de Nordisk Film, así como no Festival de Cinema de Adelaide en outubro de 2020.[3] Gañou o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[4] sendo nomeado tamén na categoría de mellor director. Tamén foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa e a catro galardóns nos premios BAFTA, conseguindo finalmente o de mellor filme en lingua non inglesa.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Os profesores Martin, Tommy, Peter e Nikolaj son compañeiros e amigos que traballan nun instituto de Copenhaguen. Os catro enfróntanse con estudantes pouco motivados e senten que as súas vidas se tornaron aburridas e estancadas. Nunha cea para celebraren o 40 aniversario de Nikolaj, o grupo fala sobre a teoría do psiquiatra Finn Skårderud, segundo a cal os humanos nacen cunha deficiencia no contido de alcohol en sangue de 0.05%, facendo entón unha taxa do 0.05% as persoas máis creativas e relaxadas. Martin vese confrontado polos seus estudantes máis vellos e os seus pais, que lle din que se converteu nunha barreira para aprobar os seus exames de historia. O grupo de amigos deciden entón embarcarse no experimento de comprobar a teoría de Skårderud.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Druk". Danish Film Institute. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  2. Carving, Michael (12 de xuño de 2019). "Optagelserne til Thomas Vinterbergs "Druk" er i gang igen!". danske-biografer.dk (en dinamarqués). Danske Biografer. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  3. "Final days of Adelaide Film Festival serves up more winners". InDaily. 20 de outubro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  4. Bisset, Jennifer. "Oscars 2021 results: The full list of winners, from Nomadland to Daniel Kaluuya". CNET (en inglés). Consultado o 2021-04-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]