La vita è bella
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La vita è bella é unha película italiana de 1997 que narra como un italiano xudeu, Guido Orefice (interpretado por Roberto Benigni, que tamén dirixe o filme), vive no seu propio mundo: unha especie de historia romántica como contraposición ó terrible mundo que lle rodea de campos de concentración na segunda guerra mundial.
O obxectivo deste xogo que crea o protagonista é protexer ó seu fillo para que este non se dea conta de cal é a situación real que están vivindo.
Premios [editar]
Esta película foi premiada en diversas partes do mundo, algúns deles son:
- Celebrado en 1998 na cidade de Londres, mellor película, Premio do cine europeo.
- En Francia, Premio do Xurado no Festival de Cannes en 1998.
- En Grecia, Festival de Cine Internacional de Atenas, Premio de audiencia, en 1998.
- En Polonia, Festival de Cine Internacional de Varsovia, Premio de audiencia, en 1998.
- En Canadá, Festival de Cine Internacional de Vancouver, como a película máis popular en 1998.
- En Italia, Sindicato Nacional Italiano de Xornalistas de Cine, mellor actor, mellor director, mellor historia orixinal e mellor guión, en 1998.
- En Francia, Premios César, mellor película estranxeira en 1999.
- En Alemaña, Premios do Cine Alemán, mellor película estranxeira en 1999.
- En Australia, Instituto de Cine Australiano, mellor película estranxeira en 1999.
- En Estados Unidos, Premios Oscar, gañou tres Oscar, mellor actor, mellor película estranxeira, mellor música orixinal en 1999.
Nominacións [editar]
Esta película tamén foi obxecto de diversas nominacións, aquí algunhas delas:
- En Noruega, Premios Amanda, mellor película estranxeira, en 1999.
- En Australia,Círculo de Críticos Cinematográficos de Australia, mellor película estranxeira en 1999.
- En Reino Unido, Premios do Cine Independente Brtitánico, mellor película estranxeira, en 1999.
- En Estados Unidos, Premios Oscar, catro nomeamentos: mellor director, montaxe, película e guión orixinal, en 1999.
- En Xapón, Premios da Academia Xaponesa, mellor película estranxeira no ano 2000.
- En Checoslovaquia, Czech Lions, mellor película estranxeira no ano 2000.
Banda sonora [editar]
A banda sonora da película é de Nicola Piovani, que conseguiu por ela oOscar.
Está composta polos seguintes temas:
- Beatiful that way-Noa
- Buongiorno Principessa
- La vita è bella
- Viva Giosuè
- Grand hotel valse
- La notte di favola
- La notte di fuga
- Le uova nel cappello
- Grand hotel fox
- Il treno nel buio
- Arriva il carro armato
- Valsa Larmoyante
- L'uovo di struzzo-Danza etiope
- Krautentang
- Il gioco di Giosuè
- Barcarolle
- Guido e Ferruccio
- Abbiamo vinto (titoli di coda)