Tim Hardaway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tim Hardaway
Posición Base
Dorsal 5, 10, 14
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Nacemento 1 de setembro de 1966 (57 anos)
Chicago, Illinois
Carreira
Universidade Texas El Paso
NBA Draft 1989 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Golden State Warriors
Tempadas 19892003
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 173
Asistencias     7 095
Rebotes     2 855
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Timothy Duane "Tim" Hardaway, nado 1 de setembro de 1966 en Chicago, Illinois, é un ex xogador americano de baloncesto profesional que xogou na National Basketball Association (NBA) e foi un dos mellores bases da súa época. É o pai de Tim Hardaway, Jr., que xoga actualmente para os New York Knicks.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Hardaway naceu en Chicago, Illinois. Tras graduarse no Carver Area High School en Chicago, foi á Universidade de Texas El Paso (UTEP), onde gañou o premio Frances Pomeroy Naismith, ao mellor xogador universitario de 6 pés (1.83 metros) de alto ou menos. Hardaway foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 1989 polos Golden State Warriors.

NBA[editar | editar a fonte]

Na súa tempada coma rookie, Hardaway levou o número "5", xa que Manute Bol levaba o "10". Tras a marcha de Bol dos Warriors, Hardaway colleuno. Cos Warriors, Hardaway era parte do "Run TMC" (as iniciais dos nomes dos xogadores, e un xogo de palabras co nome do grupo de rap Run DMC) que foi o trío máis anotador, formado por el, Mitch Richmond e Chris Mullin. Como parte do ataque dos Warriors, Hardaway era responsable de liderar ao Run TMC, co seu excelente pase e as súas habilidades no un contra un, complementando o lanzamento de Mullin e a forza de Richmond. Hardaway xogou para os Warriors ata a metade da tempada 1995-96 cando foi traspasado aos Miami Heat xunto con Chris Gatling a cambio de Kevin Willis e Bimbo Coles.

Nas súas mellores tempadas, Hardaway acadou de 18 a 23 puntos e de 8 a 10 asistencias por partido. Chegou aos 5.000 puntos e 2.500 asistencias máis rápido que calquera outro xogador, excepto Oscar Robertson. Hardaway participou ademais en cinco NBA All-Star Games. Foi o líder de asistencias de Miami Heat da historia, e xunto co pivote Alonzo Mourning liderou aos Heat a varias das mellores tempadas da franquía.

Foi candidato ao MVP da Tempada na tempada 1996-97, e foi incluído no primeiro quinteto da NBA tras liderar aos Heat á mellor marca da historia da franquía, acadando 20.3 puntos, 8.6 asistencias, e sendo cuarto na liga con 203 triplas.

Coas súas habilidades decrecendo coa idade, Hardaway foi traspasado aos Dallas Mavericks o 22 de agosto de 2001 a cambio dunha elección en segunda rolda do Draft. Con Dallas, Hardaway foi usado frecuentemente dende o banco, sendo titular en tan só 2 de 54 partidos e facendo case dez puntos por partido. Na metade da tempada, foi traspasado aos Denver Nuggets a cambio do base Nick Van Exel. Cos Nuggets xogou de inicio os 14 partidos que xogou con eles, antes de retirarse e converterse en analista de baloncesto para a ESPN. Mentres xogaba cos Nuggets, foi suspendido dous partidos e sancionado con 10.000 dólares pola liga ao tirar un monitor de televisión á pista.[1] O 27 de marzo de 2003, Hardaway asinou un contrato cos Indiana Pacers, e no seu primeiro partido anotou 14 puntos, a súa mellor marca da tempada, e repartiu 7 asistencias contra os Chicago Bulls.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Rule of Flaw, Chicago Sun-Times, March 26, 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]