Lamar Odom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lamar Odom
Lamar Odom 2012 Shankbone.JPG
Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 6 de novembro de 1979 (35 anos)
Flag of New York.svg Queens, Nova York
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 104 kg (230 lb)
Instituto Christ The King Regional
Información da carreira
Universidade Rhode Island (1998–1999)
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 4

Escollido por Los Angeles Clippers

Carreira dende 1999
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (1999–2003)
Miami Heat (2003–2004)
Los Angeles Lakers (2004–2011)
Dallas Mavericks (2011–2012)
Los Angeles Clippers (2012–2013)
Saski Baskonia (2014-)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
Sexto Home do Ano da NBA(2011)
1º Equipo de Rookies NBA (2000)

Lamar Joseph Odom, nado en South Xamaica (Queens, Nova York) o 6 de novembro de 1979, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade[editar | editar a fonte]

En 1997, Odom ocupou o primeiro posto no ranking de todas as escolas de Estados Unidos, gañándose unha boa reputación polo seu bo control do balón e a súa habilidade nos pases, así como pola súa gran altura (2,08 m). Foi recrutado pola Universidade de Nevada Las Vegas, pero viuse envolvido nun escándalo de retribucións económicas, polo que foi expulsado da mesma.[1] Foi transferido á Universidade de Rhode Island, pero tivo que permanecer un ano sen xogar. Na súa única tempada cos Rams tivo unha media 17,6 puntos por partido, levando ao seu equipo a lograr o seu único título da Atlantic 10 Conference, anotando unha canastra sobre a bucina de tres puntos ante Amorne na final.[2]

Profesional[editar | editar a fonte]

Odom foi declarado elixible para o Draft da NBA de 1999 procedente da Universidade de Rhode Island nese mesmo ano, sendo seleccionado por Los Angeles Clippers en terceira orde do Draft. Na súa primeira tempada cos Clippers, Odom tivo unha media de 16,6 puntos, 4,2 asistencias e 7,8 rebotes por xogo, sendo incluído no ano 2000 no equipo dos mellores principiante da NBA. Desafortunadamente para Odom, a súa carreira retrocedeu por algunhas lesións e suspensións polo abuso no uso de drogas.

Odom xogou catro tempadas para os Clippers antes de firnar un contrato por $65 millóns de dólares americanos cos Miami Heat. Odom promedió 17,1 puntos, 4,1 asistencias e 9,7 rebotes durante a tempada 2003-2004, axudando aos Heat a xogar os playoffs. Ao final da tempada 2004, foi enviado a xogar a Los Angeles Lakers como parte dun trato que trouxo a Shaquille O'Neal a Miami. No seu primeiro ano nos Angeles Lakers, entre el e Kobe Bryant nunca se estableceu a química que os analistas agardaban que se construíra entre eles. Os Lakers finalizaron fóra dos playoffs por cuarta vez na historia da franquía. Terminada a tempada seguido da decepción de perderse os playoffs, os Lakers volveron contratar ao adestrador Phil Jackson, coa esperanza de que Odom puidésese moldear, como fixera Scottie Pippen, ao triángulo ofensivo.

Lamar Odom comezou a confiar no seu xogo novamente e, xunto a Kobe e Phil Jackson, logrou chegar aos playoffs en 2006. A pesar do gran xogo demostrado polo conxunto anxelino, os Phoenix Suns elimináronos 4 a 3 na primeira rolda. Un ano despois repetiuse o patron; os Angeles de Odom foron derrotados novamente polas dúas veces MVP Steve Nash e os seus Phoenix Suns, esta vez cun contundente 4 a 1. Dende a chegada de Pau Gasol aos Lakers o xogo de Odom e o dos Angeles cambiou a radicalmente, chegando á final da NBA en 2008 e logrando o mellor rexistro do oeste para os playoffs do 2009, para posteriormente gañar a liga.

O 11 de decembro 2011 foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio dunha elección de Draft da primeira rolda.[3][4]

O 29 de xuño de 2012, Odom foi traspasados aos Los Angeles Clippers como parte dun acordo entre catro equipos.[5]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Ten unha filla chamada Destiny.
  • O seu hobbies son escoitar Jay-Z e ir de compras.
  • A súa película favorita é O Padriño e a súa serie Martin.
  • O seu libro facorito é Malcolm X de Alex Haley.
  • Leva o número 7 porque ese número, era o favorito da súa avoa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]