Tyler Herro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyler Herro
Miami Heat – No. 14
Posición Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 20 de xaneiro de 2000 (24 anos)
Milwaukee, Wisconsin
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Información da carreira
Instituto Whitnall (Greenfield, Wisconsin)
Universidade Kentucky (2018–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Miami Heat
Carreira dende 2019
Historial de equipos
Miami Heat (2019–presente)
Información en nba.com

Tyler Christopher Herro, nado o 20 de xaneiro de 2000 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga na posición de escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 2019, Herro foi seleccionado polos Miami Heat na 13ª posición do Draft da NBA de 2019.[1] O 10 de xullo de 2019, Herro asinou cos Heat.[2] O 23 de outubro de 2019, fixo o seu debut na NBA, saíndo de titular na vitoria de Miami por 120–101 contra os Memphis Grizzlies, e facendo 14 puntos, 8 rebotes e 2 roubos de balón.[3] O 15 de setembro de 2020, Herro foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da tempada 2019-20 da NBA.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tjarks, Jonathan (2019-06-20). "Grading the 2019 NBA Draft". The Ringer. Consultado o 2019-06-22. 
  2. "HEAT Signs Tyler Herro". NBA.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  3. "Butler misses Miami debut, Heat beat Grizzlies 120-101". ESPN.com. 23 de outubro 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. "Ja Morant, Zion Williamsom headline 2019-20 Kia All-Rookie First Team Tyler Herro, Rui Hachimura voted to Second Team". NBA.com. 15 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]