Charlotte Bobcats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlotte Bobcats
Charlotte Bobcats logo
Conferencia Conferencia Leste
División División Sueste
Fundado en 2004
Historia Charlotte Bobcats
2004–presente
Pavillón Time Warner Cable Arena
Cidade Charlotte, Carolina do Norte
Cores Azul, laranxa, prata e branco
                   
Propietario(s) Michael Jordan
Mánager xeral Rich Cho
Adestrador Paul Silas
Afiliado da D-League Maine Red Claws
Campionatos 0
Títulos de conferencia 0
Títulos de división 0
Web Oficial

Os Charlotte Bobcats é un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. Os Bobcats formáronse no ano 2004, dúas tempadas despois de que o anterior equipo NBA en Charlotte, os Charlotte Hornets, se moveran a Nova Orleáns e se converteran nos New Orleans Hornets.[1]

Índice

[editar] Historia da franquía

[editar] 2002-2004: Creación dos Bobcats

Cando os Charlotte Hornets se moveron para Nova Orleáns na tempada 2002-03, a NBA prometeulle á cidade de Charlotte que ían ter un equipo na NBA para a tempada 2004-05. Moitos grupos de propietarios, incluído un liderado pola antiga estrela dos Boston Celtics, Larry Bird, fixeron ofertas polo equipo.[2] O 18 de decembro de 2002, un grupo liderado polo fundador da Black Entertainment Television, Robert Johnson, conseguiu a franquía,[3] converténdose no primeiro propietario afroamericano dun equipo profesional de deportes nos Estados Unidos.[4] O rapeiro Nelly convertiuse tamén noutro co-propietario salientable.[5]

En xuño de 2003, o novo equipo foi chamado co nome de Bobcats.[6] Charlotte, tamén casa dos Carolina Panthers da NFL, fixo dos nomes con motivos felinos algo natural para o novo equipo de baloncesto. Hay tamén algunhas especulacións nas que se pensa se "Bob" en Bobcats pode ser unha referencia ao propietario orixinal do equipo, Robert "Bob" Johnson.

Os Bobcats contrataron a Bernie Bickerstaff coma primeiro adestrador principal e mánager xeral da historia da franquía.[7] Debido aos intentos fallidos de fundar un novo pavillón no centro de Charlotte, os políticos da cidade decidiron implementar uns impostos para axudar a pagalo.[8][9] George Shinn, propietario dos Hornets, tamén quixo que a cidade pagara un novo pavillón, e deixou a cidade cando non o conseguiu.

[editar] 2004–2007: A NBA volve a Charlotte

Os Bobcats nun partido contra os Dallas Mavericks o 11 de novembro de 2005.

Os Bobcats tiveron o seu draft de expansión o 22 de xuño de 2004, collendo xogadores con experiencia coma Predrag Drobnjak e xogadores máis novos con talento coma o aleiro dos Sacramento Kings, Gerald Wallace.[10] Ademais acordaron cos Los Angeles Clippers a adquisición da segunda elección do Draft da NBA de 2004, onde seleccionaron a Emeka Okafor, pivote da Universidade de Connecticut. O primeiro partido dos Bobcats da tempada 2004-05 foi o 4 de novembro no Charlotte Coliseum, onde perderon por 103-96 contra os Washington Wizards..[11] Dous días despois, gañaron o seu primeiro partido na historia da franquía, por 111-100 aos Orlando Magic.[12] O 14 de decembro, os Bobcats gañaron aos New Orleans Hornets 94-93 na prórroga na primeira viaxe dos Hornets a Charlotte tras o seu traslado a Nova Orleáns.[13] Con todo, coma a maioría de equipos novos, os Bobcats case sempre tiveron moitas dificultades, e remataron a súa tempada inaugural con 18 vitorias e 64 derrotas, e nunca gañaron máis de dous partidos seguidos.[14] Emeka Okafor tivo unha gran actuación, e gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA.[15]

No Draft da NBA de 2005, os Bobcats elixiron a Raymond Felton e Sean May de North Carolina. Con eles, ademais de Okafor e Wallace, o equipo tiña a esperanza de construir unha base sólida para o futuro. Na segunda tempada, os Bobcats inauguraron o novo Time Warner Cable Arena cunha vitoria na prórroga contra os Boston Celtics. Despois de ter dificultades novamente a maioría do ano, pecharon a tempada con catro vitorias consecutivas para rematar cunha marca de 26-56, oito vitorias máis ca na primeira tempada. Despois da tempada, os Bobcats anunciaron que a lenda da NBA Michael Jordan mercara unha parte do equipo, convertíndose na cabeza das operacións baloncestísticas.[16]

Os Bobcats amosaron algunha melloría durante a tempada 2006-07, cunha marca de 22-33 en febreiro. Porén, o equipo foi a menos, sufrindo unha xeira de oito partidos consecutivos perdendo, deixando a marca en 22-41 a comezos do mes de marzo. Despois disto, Michael Jordan anunciou que Bernie Bickerstaff non seguiría sendo o adestrador do equipo na seguinte tempada, pero que ía rematar a tempada adestrando ao equipo.[7] Os Bobcats gañaron 11 dos últimos 19 partidos para rematar a terceira tempada cunha marca de 33-49. En tres tempadas cos Bobcats, Bickerstaff rematou cunha marca de 77-169.

[editar] Récords tempada por tempada

Campións da Liga Campións de Conferencia Campións de División Clasificación para Playoffs
Tempada Liga Conferencia División Tempada regular Playoffs
Posición Vitorias Derrotas %
2004–05 NBA Leste Sueste 18 64 0.219
2005–06 NBA Leste Sueste 26 56 0.317
2006–07 NBA Leste Sueste 33 49 0.402
2007–08 NBA Leste Sueste 32 50 0.390
2008–09 NBA Leste Sueste 35 47 0.427
2009–10 NBA Leste Sueste 44 38 0.537 Perdida primeira rolda vs. Orlando Magic, 0–4
2010–11 NBA Leste Sueste 34 48 0.415

[editar] Records totais na liga

Estatística Vitorias Derrotas %
Record dos Bobcats en tempada regular 222 348 0.389
Record dos Bobcats en playoffs 0 4 .000
Record total 222 352 0.387

Nota: estatísticas actualizadas a 1 de marzo de 2011

[editar] Xogadores e adestradores

[editar] Plantel actual

Charlotte Bobcats 2011-2012
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Orixe
B-E 14 Flag of the United States.svg Augustin, D. J. 1.83 m (6 ft 0 in) 82 kg (180 lb) Texas
A-AP 0 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg Biyombo, Bismack 2.06 m (6 ft 9 in) 110 kg (243 lb) RD Congo
A-AP 4 Flag of the United States.svg Brown, Derrick 2.03 m (6 ft 8 in) 103 kg (227 lb) Xavier
B-E 33 Flag of the United States.svg Carroll, Matt 1.98 m (6 ft 6 in) 96 kg (212 lb) Notre Dame
P 7 Flag of Senegal.svg Diop, DeSagana 2.13 m (7 ft 0 in) 127 kg (280 lb) Oak Hill Academy
B-E 15 Flag of the United States.svg Henderson, Gerald 1.93 m (6 ft 4 in) 98 kg (215 lb) Duke
B-E 11 Flag of the United States.svg Higgins, Cory 1.96 m (6 ft 5 in) 82 kg (180 lb) Colorado
E-A 50 Flag of the United States.svg Maggette, Corey 1.98 m (6 ft 6 in) 102 kg (225 lb) Duke
A-AP 9 Flag of the United States.svg Moon, Jamario 2.03 m (6 ft 8 in) 93 kg (205 lb) Meridian CC
P 22 Flag of the United States.svg Mullens, Byron 2.13 m (7 ft 0 in) 125 kg (275 lb) Ohio State
A-AP 21 Flag of Mexico.svg Nájera, Eduardo 2.03 m (6 ft 8 in) 107 kg (235 lb) Oklahoma
A-AP 12 Flag of the United States.svg Thomas, Tyrus 2.08 m (6 ft 10 in) 102 kg (225 lb) LSU
B-E 1 Flag of the United States.svg Walker, Kemba 1.85 m (6 ft 1 in) 78 kg (172 lb) Texas
A-AP 8 Flag of the United States.svg White, D. J. 2.06 m (6 ft 9 in) 114 kg (251 lb) Indiana
A-AP 55 Flag of the United States.svg Williams, Reggie 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) Virginia Military Institute
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of the United States.svg Charles Oakley (Virginia Union)
  • Flag of the United States.svg Rob Werdann (St. John's)
  • Flag of the United States.svg Stephen Silas (Brown)
  • Flag of the United States.svg Ralph Lewis (La Salle)
Adestrador(es) físico(s)
  • Flag of the United States.svg Michael Irr (Connecticut)
Adestrador(es) atlético(s)
  • Flag of the United States.svg Steve Stricker (Iowa State)
  • Flag of the United States.svg Dennis Williams (South Carolina)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 18-04-2012

[editar] Galardóns e recoñecementos

[editar] Galardóns individuais

Rookie do Ano da NBA

Primeiro equipo de Rookies

Segundo equipo de Rookies

Primeiro equipo defensivo

Participacións no NBA All-Star Game

[editar] Notas

  1. Mary Foster. "Owners approve Hornet's move to New Orleans", USA Today, 10 de maio de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  2. "Bird, Carr thinking pro hoops in Charlotte?", USA Today, 23 de maio de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  3. Michael Hiestand. "Winning NBA bid just the start for Johnson", USA Today, 19 de decembro de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  4. "Johnson will be NBA's first black majority owner", ESPN, 17 de decembro de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  5. "Robert L. Johnson Adds Nelly To Bobcats Ownership Team", Charlotte Bobcats, 19 de xullo de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  6. "NBA Expansion Franchise To Be Named Charlotte Bobcats", Charlotte Bobcats, 11 de xuño de 2003. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  7. 7,0 7,1 "Jordan: Bickerstaff won't return as coach", ESPN, 14 de marzo de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  8. Laura Williams-Tracy. "Arena bounces back", Charlotte Business Journal, 9 de agosto de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  9. Erik Spanberg. "With new plan and new NBA team, arena project finally heads uptown", Charlotte Business Journal, 27 de decembro de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  10. "Building the Bobcats", NBA, June 22, 2004. Consultado o June 30, 2009.
  11. "Magical night: Bobcats fall to Wizards in debut", ESPN, 4 de novembro de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  12. "2 for 1: First win for Okafor, Bobcats vs. Magic", ESPN, 6 de novembro de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  13. "Cats protect their house in Charlotte in OT", ESPN, 14 de decembro de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  14. 2004-05 Charlotte Bobcats Schedule and Results
  15. "Emeka Okafor Named 2004-05 NBA got milk? Rookie Of The Year", Charlotte Bobcats, 4 de maio de 2005. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  16. "Michael Jordan to Become Part Owner of the Charlotte Bobcats", Charlotte Bobcats, 15 de xuño de 2006. Consultado o 30 de xuño de 2009.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas