San Petersburgo, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "San Petersburgo, Estados Unidos")
San Petersburgo (Estados Unidos de América) visto desde o satélite Spot

San Petersburgo, en inglés Saint Petersburg e normalmente denominada polos seus habitantes como unicamente St. Pete, é unha cidade duns 250.000 habitantes situada no condado de Pinellas, no estado da Florida (Estados Unidos). A cidade é ben coñecida por ser destino turístico de moitos norteamericanos e europeos, sendo alcumada A Cidade Soleada (The Sunshine City). Tamén tivo unha importante relevancia política durante os comicios presidenciais estadounidenses de 2001, onde George W. Bush se enfrontou a Al Gore.

A cidade está situada nunha península entre a Baía de Tampa e o Golfo de México. Está conectada coa terra polo norte; ao lesta está a cidade de Tampa, con pontes a través da Baía de Tampa; e ao sur encóntrase Bradenton, mediante a Sunshine Skyway Bridge.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]