American Airlines Arena
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Datos | |
|---|---|
| Localización | 601 Biscayne Boulevard Miami, Florida 33132, |
| Arquitecto | Arquitectonica & 360 Architecture |
| Custo | $175 millóns USD |
| Inauguración | 31 de decembro de 1999 |
| Superficie | Multi-superficie |
| Capacidade | Baloncesto NBA: 19.600 |
| Localía | Miami Heat (NBA) (2000-presente) Miami Sol (WNBA) (2000-2002) |
| Eventos | |
| WCW Uncensored (2000) World Wrestling Entertainment's RAW (2007) Royal Rumble (2006) Me Verás Volver Tour Soda Stereo 2007 |
|
O American Airlines Arena é un pavillón deportivo situado no centro de Miami, Florida. É usado para partidos de baloncesto e para concertos. Foi construído para substituír ao Miami Arena. É a casa dos Miami Heat da NBA e tamén foino do Miami Sol da WNBA dende o ano 2000 ata o 2002.
American Airlines mercou os dereitos do nome do pavillón en 1999, tralo pago de 42 millóns de dólares, por 20 anos.