Caron Butler
| Los Angeles Clippers – No. 5 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de marzo de 1980 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 103 kg (228 lb) |
| Instituto | Maine Central, Maine |
| Información da carreira | |
| Universidade | Connecticut |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 10
Escollido por Miami Heat |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
| Miami Heat (2002–2004) Los Angeles Lakers (2004–2005) Washington Wizards (2005–2010) Dallas Mavericks (2010-2011) Los Angeles Clippers (2011-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| Campión da NBA (2011) 2× NBA All-Star (2007, 2008) |
|
| Información en nba.com | |
James Caron Butler, nado o 13 de marzo de 1980 en Racine, Wisconsin, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura xoga de aleiro.
Índice |
Carreira [editar]
Instituto [editar]
Creceu en Racine, Wisconsin, onde antes dos 15 anos foi detido en 15 ocasións. Tras unha breve carreira no Insituto Washington Park, matriculouse no Maine Central Institute, onde tivo éxito e recibiu unha bolsa para xogar na Universidade de Connecticut baixo as ordes do adestrador Jim Calhoun.
Universidade [editar]
Con Calhoun, Butler perdeu peso e desenvolveu o seu xogo de perímetro. No seu primeiro ano, Butler liderou aos Huskies tanto en anotación como no rebote con 15.6 puntos e 7.6 rebotes por encontro. Tras o seu ano freshman, conseguiu a medalla de ouro coa selección estadounidense no Mundial Junior FIBA de 2001 en Xapón. Butler continuou sorprendendo no seu segundo ano, con medias de 20.3 puntos e 7.5 rebotes por partido, liderando aos Huskies tanto ao título de tempada regular como o da Big East Conference, ademais da a Elite 8 do torneo da NCAA. A pesar dos 32 puntos de Butler, UConn perdeu ante Maryland Terrapins, posteriores campións. Foi nomeado mellor xogador da conferencia xunto con Brandin Knight de Pittsburgh e no segundo equipo do All-American. Tras esta tempada, declarouse elegible para o Draft da NBA.
NBA [editar]
Foi seleccionado por Miami Heat na décima posición do Draft de 2002. Na súa primeira campaña na NBA, fixo uns estelares 15,4 puntos, 5,1 rebotes e 2,7 asistencias en 36,6 minutos de xogo, perdéndose un total de catro encontros por lesión. Finalizou terceiro na votación ao Rookie do Ano tras Amar Stoudemire e Yao Ming, aínda que foi o mellor rookie dos meses de novembro, xaneiro, febreiro e marzo, converténdose no sexto novato da historia da NBA que gaña catro ou máis premios ao rookie do mes xunto con Tim Duncan, Shaquille O'Neal, David Robinson, Ralph Sampson e Terry Cummings. Tamén xogou o Rookie Challenge co equipo de novatos, anotando 23 puntos, repartindo 7 asistencias, collendo 4 rebotes e roubando 4 balóns en 32 minutos.
Na súa segunda campaña nos Heat, perdeuse 13 partidos debido a unha lesión, e as súas medias descenderon considerablemente, en parte pola chegada do rookie Dwyane Wade. Asinou 9,2 puntos, 4,8 rebotes, 1,9 asistencias, 1,1 roubos de balón e 29,9 minutos en 68 partidos, 58 deles como titular. Ao finalizar a tempada, foi traspasado a Los Angeles Lakers con Lamar Odom e Brian Grant a cambio do pivote Shaquille O'Neal.
En California, regresou aos números na súa primeira campaña na NBA, con 15,5 puntos e 5,8 rebotes por noite en 77 partidos, todos eles de titular. A pesar da súa decente tempada individual, o equipo non logrou o obxectivo de clasificarse para playoffs, sendo traspasado a Washington Wizards xunto con Chucky Atkins a cambio de Kwame Brown e Laron Profit. Antes de que dese comezo a nova campaña, Butler asinou un contrato de 5 anos a razón de 46 millóns de dólares. Xunto con Gilbert Areas e Antawn Jamison formou o "Big Three", substituíndo a Larry Hughes, quen asinou con Cleveland Cavaliers. No seu primeiro ano na capital, fixo 17,6 puntos e 6,2 rebotes en 75 partidos, 54 de titular. Combinado con Areas e Jamison, o trío fixo 67,4 puntos por partido, todo un perigo ofensivo. Butler foi chamado polo seu adestrador Eddie Jordan "Tough Juice" (fluido duro), polo seu agresivo e apaixonante xogo, personificado o día que Butler colleu 20 rebotes no sexto partido de playoffs ante os Cavs.
Na súa segunda tempada nos Wizards, Butler foi seleccionado por primeira vez para disputar como suplente o All-Star Game de 2007, ademais de facer 19,1 puntos por partido, 7,4 rebotes e 3,7 asistencias. A mala sorte chegoulle pouco antes de que comezasen os playoffs de 2007, sufrindo unha lesión e por tanto perdéndose a postempada. A súa baixa, xunto coa de Areas, notouse no resultado (4-0) da serie ante os Cavaliers. O 13 de febreiro de 2010, Butler foi traspasado a Dallas Mavericks xunto con Brendan Haywood e DeShawn Stevenson a cambio de Josh Howard, Drew Gooden, James Singleton e Quinton Ross.[1]
O 8 de setembro, asinou cos Los Angeles Clippers un contrato por 3 anos e 24 millóns de dólares.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||