Shawn Marion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shawn Marion
Shawn MARION.jpg
Dallas Mavericks – No. 0
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 7 de maio de 1978 (36 anos)
Flag of Illinois.svg Waukegan, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 103 kg (228 lb)
Salario $6.635.068
Instituto Clarksville, Tennessee
Información da carreira
Universidade UNLV
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 9

Escollido por Phoenix Suns

Carreira dende 1994
Historial de equipos
Phoenix Suns (1999–2008)
Miami Heat (2008–2009)
Toronto Raptors (2009)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2011)
NBA All-Star (2003, 2005-2007)
Información en nba.com

Shawn Dwayne Marion, nado o 7 de maio de 1978 en Waukegan, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 metros e pode xogar tanto de aleiro como de ala-pivote.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Procedente do Instituto Clarksville en Clarksville, Tennessee, Marion asistiu á Universidad de Vincennes, onde gañou o "Allen J. Bradford NJCAA Region 12 MVP" en dúas ocasións antes de chegar á UNLV. No seu ano junior cos Rebels, liderou ao equipo en anotación, facendo 18.7 puntos por partido, e en rebotes, con 9.3. En 29 partidos, taponou 54 tiros e roubou 73 balóns. O 22 de febreiro de 1999, nun partido televisado a nivel nacional ante Texas Christian, Marion conseguiu 34 puntos, 21 rebotes e 6 roubos na derrota do seu equipo por 76-72.

En Vincennes, Marion disputou as súas dúas primeiras tempadas, facendo na primeira 23,5 puntos, 13,1 rebotes, 2,9 tapóns e 2,0 roubos por partido. Foi nomeado MVP do National Junior College All-Star Game ao anotar 21 puntos, 16 rebotes e 9 asistencias. Na súa primeira tempada universitaria, os seus números foron: 23.3 puntos e 12.8 rebotes por encontro, sendo posteriormente retirada a súa camiseta. Tras só unha campaña na División I da NCAA, Marion deu o salto á NBA.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado polos Phoenix Suns na novena posición do Draft de 1999. Na súa primeira tempada na NBA, rematou quinto en anotación dos Suns con 10.2 puntos por partido, terceiro en rebotes con 6.5 e segundo en tapóns con 1.04 en 51 partidos, xogando 38 deles coma titular. Ademais, logrou sete dobres-duplas e 8 partidos con 10 rebotes ou máis. Ao rematar a tempada regular, foi nomeado nos segundo mellor quinteto de rookies.

Na súa segunda campaña, chegou a explosión de Marion, consagrándose coma un dos aleiros máis prometedores da liga ao facer 10,7 rebotes, primeiro xogador na franquía dende Charles Barkley en superar a barreira da decena de rebotes nunha tempada. Ademais, complementounos con 17.3 puntos e 1.67 roubos de balón. O 26 de febreiro foi por primeira vez o mellor xogador da semana na NBA, tras liderar aos Suns a catro partidos consecutivos con vitoria nos que promediou 21.8 puntos, 13.5 rebotes e un 57.6% en tiros de campo.

En 2003 foi elixido por primeira vez no All-Star, xogando coma reserva do equipo da Conferencia Oeste. En dita tempada foise ata os 21.2 puntos e 9.5 rebotes en 81 partidos. Repetiría presenza en 2005 e 2006.

A chegada de Steve Nash favoreceu a Marion, realizando os Suns dende a súa fichaxe un xogo ofensivo e ao contrataque. A súa mellor tempada foi a de 2005-06, segunda de Nash na franquía, na que fixo 21,8 puntos e 11,8 rebotes, baixando tímidamente as súas prestacións na última campaña, inda que servíndolle igualmente o seu concurso no NBA All-Star Game.

En 2004, Marion participou nos Xogos Olímpicos de Atenas logrando a medalla de bronce coa súa selección. Tamén formou parte do fracaso da USA Basketball no Mundial de Indianápolis de 2002, onde o equipo non conseguiu ningunha medalla. Marion disputou un total de 22 partidos coa selección norteamericana. Tras oito tempadas e media nos Suns, na campaña 2007-2008 Marion foi traspasado a Miami Heat xunto con Marcus Banks a cambio dun Shaquille O'Neal moi lastrado polas lesións. O 13 de febreiro de 2009 foi traspasado a Toronto Raptors xunto con Marcus Banks por Jermaine O'Neal e Jamario Moon. Máis tarde, o 9 de xullo de 2009 pasa a formar parte dos Dallas Mavericks.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Marion foi compañeiro do tamén xogador Trenton Hassell no instituto.
  • Ten unha irmá xemelga chamada Shawnett, e outras dúas irmás: Quinnisha e Traimane.
  • O seu pavillón favorito é o Madison Square Garden de Nova York.
  • Goza vendo películas, escoitando música e xogando a videoxogos.
  • Usou case toda a súa carreira o dorsal 31, en honra a Reggie Miller.
  • Cando xogaba en Miami Heat, utilizaba o número 7.
  • Ao chegar a Dallas escolleu o dorsal 0, estando o dorsal 31 utilizado por Jason Terry e o 7 por Tim Thomas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]