James Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Jones
James Jones.jpg
Cleveland Cavaliers – No. 1
Ala
Información persoal
Nacemento 4 de outubro de 1980 (33 anos)
Flag of Florida.svg Miami, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 98 kg (215 lb)
Instituto American HS
Información da carreira
Universidade Miami (Florida) (1999–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 49

Escollido por Indiana Pacers

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Indiana Pacers (2003–2005)
Phoenix Suns (2005–2007)
Portland Trail Blazers (2007–2008)
Miami Heat (2008–2014)
Cleveland Cavaliers (2014–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012, 2013)
Información en nba.com

James Andrew Jones, nado en Miami (Florida) o 4 de outubro de 1980, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Jones foi seleccionado na 49ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Indiana Pacers, tras saír da Universidade de Miami.[1] Tras xogar tan só 26 minutos[2] en seis partidos durante a súa tempada coma rookie, xogou case a tempada enteira na 2004-05, facendo 4.9 puntos por partido, e quedando 25ª na liga en porcentaxe de triplas anotadas (39.8%).[2]

O 25 de agosto de 2005, foi traspasado aos Phoenix Suns, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2008.[2]

En xuño de 2007, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Rudy Fernández, a cambio de diñeiro.[3] Durante a súa primeira tempada en Portland, Jones mantívose no máis alto nas listas de porcentaxe de anotación de triplas, e rematou 3º cunha porcentaxe dun 44.4%.[4] Malia a súa alta porcentaxe en triplas, non foi escollido para participar no concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA de 2008.[5]

O 26 de xuño de 2008, Jones usou a súa opción de xogador para convertirse en axente libre e deixar Portland ao remate da tempada.[6] O 9 de xullo de 2008, Jones asinou un contrato cos Miami Heat por 5 anos, cun valor de 23.2 millóns de dólares.

O 29 de xuño de 2010, foi cortado polos Heat para liberar espacio salarial, pero o 19 de xullo asinou de novo con Miami co salario mínimo.[7]

O 19 de febreiro de 2011, gañou o concurso de triplas do All-Star Weekend de 2010, no Staples Center dos Ánxeles. Ao ano seguinte, participou de novo en Orlando, pero quedou eliminado na primeira rolda do concurso.

O 5 de agosto de 2014, asinou cos Cleveland Cavaliers.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]