Dorell Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dorell Wright
Dorell Wright.jpg
Philadelphia 76ers – No. 4
Aleiro
Información persoal
Nacemento 2 de decembro de 1985 (27 anos)
Flag of California.svg Los Angeles, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Instituto Leuzinger (Lawndale, California)
South Kent (South Kent, Connecticut)
Información da carreira
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 19

Escollido por Miami Heat

Carreira dende 2004
Historial de equipos
Miami Heat (2004-2010)
Golden State Warriors (2010-2012)
Philadelphia 76ers (2012-presente)
Premios e galardóns
1x Campión da NBA (2006)
Información en nba.com

Dorell Lawrence Wright, nado o 2 de decembro de 1985 en Los Angeles, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

Índice

Traxectoria profesional [editar]

Wright foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Miami Heat. Entrou na NBA directamente dende o instituto, tras acadar 29.4 puntos, 14 rebotes e 5 tapóns por partido no South Kent School en Connecticut.

En 2006, Wright foi o membro dos Heat máis novo no plantel que gañou o primeiro campionato da NBA para Miami. O 21 de agosto de 2008, Wright asinou un novo contrato cos Heat.[1]

Wright asinou cos Golden State Warriors o 13 de xullo de 2010.[2] O 27 de novembro de 2010, Wright anotou 9 triplas, a marca máis alta da franquía, superando a marca de Jason Richardson, con 8 triplas o 29 de marzo de 2007.[3]

O 9 de febreiro de 2011, Wright foi seleccionado para participar no concurso de triplas do NBA All-Star Weekend de 2011 en Los Angeles. [4]

Ao remate da tempada 2010-11, Wright rematou 3º na votación polo xogador máis mellorado da NBA, detrás de LaMarcus Aldridge e Kevin Love.

O 11 de xullo de 2012, Wright foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]