Kentucky Wildcats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kentucky Wildcats
División División I da NCAA
Subdivisión en fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Southeastern Conference
Alcume Wildcats
Mascota Blue, The Wildcat e Scratch
Estadio de fútbol americano Commonwealth Stadium
(70.000 espectadores)
Pavillón de baloncesto Rupp Arena
(23.000 espectadores)
Estadio de béisbol Cliff Hagan Stadium
(3.000 espectadores)
RupparenaK.JPG

Kentucky Wildcats é o equipo deportivo da Universidade de Kentucky en Lexington, Kentucky. Os equipos dos Wildcats participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Southeastern Conference. Antigamente, aos equipos femininos coñecíaselles como "Lady Kats", pero nos anos 90 adoptaron o nome dos masculinos, "Wildcats".

A sección deportiva de máis éxito é a de baloncesto, que gañou o título nacional en sete ocasións: 1948, 1949, 1951, 1958, 1978, 1996 e 1998. O equipo vencedor de 1996 era coñecido como Os Intocables, e estaba liderado por Derek Anderson, Tony Delk, Jeff Sheppard e Antoine Walker entre outros. Dous anos despois, con varios integrantes do equipo campión de dous anos atrás, gañaron outra vez o título ante os Utah Utes.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]