Las Vegas, Nevada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Las Vegas")
Las Vegas
Bandeira de Las Vegas, Nevada
Bandeira
City of Las Vegas
Las Vegas 63.jpg
The Entertainment Capital of the World
Alcume Sin City
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Flag of Nevada.svg Nevada
Fundación 16 de xullo de 1769
Superficie
 • Total

340 km²
Poboación
 • Total
 • Posto
 • Área metropolitana

558.383 (2008)
31º
1.865.746
Densidade 1.604 hab./km²
Altitude 610 m
Alcalde Oscar B. Goodman
Clark County Nevada Incorporated Areas Las Vegas highlighted.svgLocalización de Las Vegas
Páxina oficial

Las Vegas é a maior das cidades do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e vacacionais, pero sobre todo grazas ós seus casinos. De acordo co censo de 2000 a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano 2005) cifran a poboación do área metropolitana en torno a 1.950.000 persoas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar un fin de semana ou polo turismo mundial.

O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmente as áreas residenciais situadas dentro ou preto de Las Vegas Strip. A maior parte dos 7,25 quilómetros de Las Vegas Boulevard están situados fóra dos límites da cidade de Las Vegas, concretamente na area do condado chamado Paradise. Las Vegas é coñecida en ocasións como a "Cidade do pecado" (en inglés: Sin City) debido á popularidade do xogo e apostas legais, a dispoñibilidade de bebidas alcohólicas a calquera hora do día (como en toda Nevada), ou a legalidade da prostitución nos condados veciños (as leis de Nevada prohiben a prostitución nos condados de máis de 400.000 habitantes). O goberno local e os promotores turísticos da cidade prefiren o alcume de "o que pasou en Las Vegas, quedou en Las Vegas". A imaxe glamurosa da cidade fíxoa escenario de diversas películas e series televisivas.

Historia[editar | editar a fonte]

O Lloyd D. George Federal District Courthouse de Las Vegas foi o primeiro edificio federal construído de acordo coas normas aprobadas tras o atentado de Oklahoma City.

O nome de Las Vegas deullo o español Antonio Armijo quen chegou aí mentres seguía un vello camiño español desde Texas. Nesa época, nalgunhas áreas baixas do Val de Las Vegas, existían mananciais que creaban extensas áreas verdes que contrastaban co deserto que as rodeaba; de aí o nome de "Las Vegas".

O oficial e explorador do exército estadounidense John C. Frémont viaxou ao val de Las Vegas o 3 de maio de 1844, cando este territorio formaba parte aínda de México; lideraba un grupo de exploradores do corpo de enxeñeiros do exército estadounidense. O 10 de maio de 1855, despois da anexión de Las Vegas aos Estados Unidos, Brigham Young enviou un grupo de 30 misioneiros mormóns para converter á poboación india. Os mormóns abandonaron a zona en 1857 xa que os nativos rexeitaron os seus ensinos. En 1864 o exército construíu o Forte Baker. En 1900, os mananciais foron canalizados cara á cidade que quedou así provista dunha fonte de auga corrente. Isto permitiu a Las Vegas converterse nunha parada na que encher auga para os trens que viaxaban entre Os Ánxeles (California) e Albuquerque (Novo México).

Legalizaron o xogo en 1931, Las Vegas iniciou a súa fama mundial. En 1941 empezáronse a construír grandes hoteis que incorporaban casinos de xogo. Moitos dos primeiros investidores da cidade foron acusados de traer a Las Vegas diñeiro procedente dos sindicatos do crime da costa Este. De feito o primeiro hotel de características da cidade moderna (Flamingo) foi construído baixo a supervisión do gángster Benjamin "Bugsy" Siegel.

Desde os anos 50, esténdese a actividade musical na cidade, maiormente como complemento ás salas de xogo. Estrelas como Elvis Presley, Frank Sinatra, Tom Jones, gozan dunha actividade privilexiada, cobrando elevados cachés polos seus shows nun local estable, sen necesidade de facer fatigosas xiras. En tempos recentes, seguiron esta tradición outras estrelas como Cher, Céline Dion e Sheena Easton.

Renacemento da cidade[editar | editar a fonte]

Las Vegas en 1895.
O extremo sur de Las Vegas Strip en 2003.

Cando o hotel The Mirage abriu as súas portas en 1989 iniciouse unha etapa de construción que se afastaba do centro da cidade cara á zona coñecida como Las Vegas Strip. Isto resultou nunha caída do turismo da cal a zona do downtown (zona centro) aínda se está recuperando.

Fixéronse moitos esforzos por parte dos dirixentes da cidade para diversificar a economía de Las Vegas, tentando atraer empresas de manufacturas, bancos e outras actividades comerciais. A ausencia de imposto sobre a renda tanto individual como corporativo e os sinxelos trámites burocráticos necesarios para crear unha corporación fomentaron o éxito dos esforzos realizados.

O desenvolver relativamente tarde un núcleo urbano ha feito que Las Vegas manteña un prezo bastante alcanzable dos inmobles en comparación cos núcleos urbanos próximos. Como consecuencia a cidade experimentou recentemente un boom tanto en poboación como en turismo. Deste xeito en 2001 a área metropolitana de Las Vegas foi o centro de poboación de maior crecemento en todos os Estados Unidos. A poboación incorporada a Las Vegas foi de 478.434 persoas. A área metropolitana de Las Vegas Valley é o fogar de 1.583.172 residentes segundo a estimación do condado en 2003.

Interior dun casino.

Como reflexo do rápido crecemento da poboación atópase a construción a principios dos 90 do novo Barrio Chinés (Chinatown en inglés) en Spring Mountain Road. Inicialmente consistía unicamente nun enorme complexo comercial, aínda que recentemente a área ampliouse con novos centros comerciais.

Coa expansión da zona de Las Vegas Strip nos 90, a zona de Las Vegas Downtown comezou a sufrir. O Fremont Street Experience construíuse nun esforzo de arrastrar turistas á zona do downtown. Aínda que freou o declive non detivo a caída de turismo e ingresos. O Neonopolis con restaurantes e teatros construíuse para ofrecer máis servizos á zona centro. Neonopolis sufriu diversos cambios na propiedade e a xestión de tal forma que non puido alugar todo o espazo dispoñible. En marzo de 2005 atopábase en venda.

A cidade comprou 247.000 m2 propiedade da compañía ferroviaria Union Pacific Railroad nos anos 90 co obxectivo de crear algo que atraese turistas cara ao centro da cidade. Despois de varias propostas, virtualmente toda esa parcela non ten ningún plan de desenvolvemento firme. O concello acordou realizar cambios na zona de Fremont Street permitindo que as barras estean máis xuntas duplicando as que existen noutras cidades. Estes cambios teñen aínda que mostrar o seu impacto.

Nos primeiros anos 2000 producíronse algúns signos prometedores; anunciáronse varios proxectos de condominio ou multipropiedad. A cidade convenceu á axencia tributaria estatal para que desprazase a súa sede desde as aforas da cidade a un novo e céntrico edificio aberto en abril de 2005. Espérase que os proxectos de multipropiedad acheguen poboación nova a esta zona da cidade. Espérase tamén que a axencia tributaria xere unha demanda adicional de negocios nesta zona, especialmente nas horas diúrnas.

Xeografía e demografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Las Vegas ocupa unha área de 293,6 km2. A cidade está localizada nunha zona árida, rodeada de montañas con cores que van do rosa ao gris no Condado de Clark. Ao estar situada no deserto, a maior parte do terreo é rochoso e poeirento. A poboación é un crisol de cubanos, latinos, estadounidenses e turistas de tódalas nacionalidades.

  • Altitude: 609 metros.
  • Latitude: 36º 10' 30" N
  • Lonxitude: 115º 08' 11" O
  • Superficie: 340 km2
    • Terra: 339,74 km2
    • Auga: 0.26 km2

Clima[editar | editar a fonte]

Típica imaxe do deserto que rodea a Las Vegas

Las Vegas ten un clima desértico con moi pouca choiva e extremadamente cálido no verán. Temperaturas de 40 °C son habituais entre os meses de maio a setembro. Non é estraño que durante varios días ao ano estas temperaturas superen o 45 °C. Os habitantes da cidade prefiren utilizar túneles, pasadizos, coches ou monorraís con tal de evitar as altas temperaturas. Tamén é frecuente atopar ventiladores que disparan chorros de vento e auga pola rúa. Os invernos son fríos e ventosos. Poden producirse chuvieiras, pero menos frecuentemente, na primavera e o outono. De xullo a setembro, o monzón mexicano trae a miúdo bastante humidade do golfo de México causando tempestades de tronos durante a tarde. Aínda que as montañas que rodean a cidade poden verse nevadas de novembro a marzo, non é común que isto suceda na zona urbana, pero sucede algúns anos como a nevada que caeu o 17 de decembro de 2008.[1]

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 15 18 22 25 31 49 52 49 47 40 30 16
26
Temperatura mínima media (°C) 2 4 6 10 15 20 24 23 18 12 6 3
12
Precipitación (mm) 15 13 13 5 5 2,5 10 13 7,6 5 10 10
10,4
Fonte: Weatherbase

Edificacións, puntos turísticos e espectáculo[editar | editar a fonte]

Localización dos grandes hoteis[editar | editar a fonte]

Vista nocturna do skyline de Las Vegas Strip preto do Bellagio

Vista nocturna do skyline de Las Vegas Strip preto do Bellagio


Norte cara á Fremont Street
?
Stratosphere
Sahara Avenue Sahara Avenue
Circus Circus Sahara
Riviera
Echelon Place
Convention Center Drive
Wynn Las Vegas
Fashion Show Mall
Spring Mountain Street Sands Avenue
Treasure Island The Venetian
Casino Royale
The Mirage Harrah's
Imperial Palace
Caesars Palace Flamingo
Bill's Gamblin' Hall and Saloon
Flamingo Road Flamingo Street
Bellagio Bally's
Paris
Planet Hollywood
Harmon Avenue Harmon Avenue
Proxecto City Center
Monte Carlo
New York-New York MGM Grand
Tropicana Avenue Tropicana Avenue
Excalibur Hotel e Casino Tropicana
Luxor
THEhotel, Mandalay Bay, Four Seasons
Russell Street
?
Cara ao sur da I-215.svg Interestatal 215
cara ao Airport Sign.svg Aeroporto Internacional de Las Vegas

Principais edificios[editar | editar a fonte]

O Circus Circus, popularizado grazas a unha das películas de James Bond, en 1971.
Caesars Palace.
Paris Hotel.
New York, New York Casino.

Entre as edificacións de Las Vegas podemos atopar o centro da cidade, composto por casinos de todo tipo e a periferia, unha masa de chalés que se estende polo ermo deserto. Os casinos están conectados moi frecuentemente entre eles por monorraís ou pasadizos subterráneos con aire acondicionado que repele as atafegantes temperaturas da cidade. O espectáculo, as exposicións, as galerías de arte e os museos xeran tantos ingresos como os casinos. A tematización fai únicos a cada hotel, algúns deles con categoría de cinco diamantes. Por exemplo:

  • O Caesars Palace: con aparencia de templo romano estirado até ser convertido nun rañaceos. O interior parece un paseo polo antigo Imperio e obsérvanse máquinas con aspecto romano e espectáculos de robots, lume, auga e luces que semellan loitas entre deuses. Actualmente é un dos grandes puntos turísticos da cidade debido ao show Cher At The Colosseum no que a cantante Cher actúa catro días á semana desde o 6 de maio de 2008, no coliseo do hotel que foi construído para Céline Dion no seu show "A New Day...". Tamén o británico Elton John actúa esporadicamente co seu show "The Rede Piano".
  • O Stratosphere: con aparencia de torre de control de aeroporto e unha lanzadeira e dúas montañas rusas na súa cúspide.
  • O Paris: Un palacio francés, unha Torre Eiffel e un Arco do Triunfo en miniatura. Recreación interna dunha pequena parte da cidade de París.
  • O Treasure Island: rodeado de auga e ten un espectáculo de especialistas e bailaríns gratuíto que se representa cada media hora e que inclúe barcos pirtas, sirenas e fogos artificiais.
  • O Venetian: Con paseo en góndola no seu segundo piso, recreación interna e externa en fachada de Venecia.
  • O Luxor, con forma de pirámide, estatuas e mesmo unha esfinxe. Toda a maxia de Exipto en Las Vegas.
  • O Circus Circus, tematizado no fabuloso mundo do circo. Por unha banda, ofrece atraccións e números circenses de forma gratuíta e continuada ao longo do día. Ademais, ten un parque de atraccións cuberto por unha gran cúpula rosa, cuxas montañas rusas e demais atraccións funcionan os 365 días do ano.
  • O Mandalay Bay famoso polas súas piscinas de ondas, o seu gran acuario incluíndo varias especies de quenllas e os seus espectáculos e combates de boxeo.
  • O que fose pioneiro no Strip e famoso polos seus espectáculos e historia, e o Stardust Resort & Casino foi pechado despois de 48 anos de funcionamento, e está en proceso de derriba.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A cidade do neón acolle á tenda oficial de M&M's
  • En Las Vegas atópase a tenda oficial de Coca-Cola Company con forma de botella xigante de cristal de Coca-Cola.
  • Tamén está a tenda oficial de M&M's. Coñecida como M&M's World é un edificio con varias plantas onde se poden atopar dende camisas, a bolsos, chaveiros e até bonecos.
  • O argumento da película Resident Evil: Extinction está ambientado na cidade, nun futuro incerto, cando o deserto de Nevada deixouna en ruínas.
  • A serie CSI: Las Vegas, está ambientada nesta cidade, e tamén nos seus casinos.
  • A serie "Las Vegas", protagonizada por James Caan e Josh Duhamel que, á parte de rodarse nesta cidade, utilizou o interior de casinos como o Mandalay Bay ou o Montecarlo. Narra a vida diaria dun luxoso hotel-casino ficticio desta cidade: o Montecito.
  • Outras moitas películas están ambientadas na cidade. Por exemplo: "Leaving Las Vegas", "Ocean's Eleven", "Ocean's Thirteen", "21 Blackjack", "Algo pasa en Las Vegas", "Os reis do crim]", "Next", "Cuestión de pelotas", "Casino" ou "Resacón en Las Vegas".

Personaxes famosos[editar | editar a fonte]

Las Vegas.
Elvis Presley nos seus comezos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Las Vegas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]