Stan Van Gundy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stan Van Gundy.

Stan Van Gundy, nado o 26 de agosto de 1959 en Indio, California, é un adestrador de baloncesto estadounidense que na tempada 2007-08 fíxose cargo do equipo dos Orlando Magic da NBA, posto que tivo ata o ano 2012. Anteriormente fora adestrador dos Miami Heat durante tres anos. É irmán do antigo adestrador dos New York Knicks e Houston Rockets, Jeff Van Gundy.[1] Actualmente non adestra a ningún equipo.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Van Gundy xogou ao baloncesto universitario no SUNY Brockport, centro dependente da Universidade Estatal de Nova York, onde en 1981 foi nomeado Atleta do Ano de todos os centros da universidade. Comezou a súa andaina como adestrador no Canisius College en 1987 como adestrador asistente, pasando a cumprir as mesma funcións ao ano seguinte na Universidade Fordham. O seu primeiro posto como adestrador principal conseguiuno na pequena universidade de Castleton State College, levando ao equipo en 1985 a disputar o Torneo da NAIA.[2] Posteriormente dirixiu á Universidade de Massachusetts Lowell. En 1994 asinou contrato coa Universidade de Wisconsin-Madison, onde permaneceu durante dúas tempadas. En oito anos como adestrador universitario gañou 135 partidos e perdeu 92, cunha porcentaxe de vitorias do 59,5%.

Profesional[editar | editar a fonte]

Miami Heat[editar | editar a fonte]

En 1995 entra a formar parte do equipo de asistentes do adestrador de Miami Heat, Pat Riley. Na tempada 2003-2004, tras a repentina renuncia de Riley ao cargo de adestrador, foi elixido substituto do mesmo como adestrador principal. Na súa primeira tempada gañou 42 partidos, clasificándose para os playoffs, perdendo nas semifinais de conferencia ante Indiana Pacers.[3] Ao ano seguinte, Pat Riley, que exercía os labores de Presidente do equipo, contratou a Shaquille O'Neal, o que permitiu a Van Gundy acabar a primeira parte da tempada co mellor balance da Conferencia Leste, gañándose o dereito a ocupar o banco da mesma no All-Star Game da NBA 2005, gañando ao Oeste 125-115.[4] Ese ano o equipo chegou ás Finais de Conferencia, perdendo ante os Pistons no sétimo partido.

Na postempada, xurdiron os rumores de que Riley quería despedir a Van Gundy. Fosen ou non certos eses rumores, a realidade é que este renunciou ao seu posto do 12 de decembro de 2005. Segundo informacións xurdidas en abril de 2008, Shaquille O'Neal puido ter moito que ver na renuncia de Van Gundy, o cal ao parecer burlábase del chamándoo "Ron Jeremy", unha coñecida estrela do porno que moitos din que se parece fisicamente ao adestrador.[5] Trala súa renuncia, Riley volveu facerse cargo do equipo, conseguindo gañar o anel de campións da NBA.[6]

Orlando Magic[editar | editar a fonte]

En maio de 2007 recibiu unha oferta para adestrar a Indiana Pacers para substituír a Rick Carlisle, a cal declinou, pero seguiu contemplando a posibilidade de saír da disciplina dos Heat. Sacramento Kings e Orlando Magic eran as principais opcións, decantándose finalmente polo equipo de Florida.[1] Na súa primeira tempada cos Magic logrou 52 vitorias e 30 derrotas, chegando aos Playoffs, onde derrotaron a Toronto Raptors en primeira rolda, pero caeron nas semifinais de conferencia ante Detroit Pistons por 4-1.[7]

En 2009 levou ao seu equipo ás Finais da NBA, algo que non sucedía no equipo desde a tempada 1994-95, tras derrotar nas fases previas a Philadelphia 76ers, Boston Celtics e aos favoritos da Conferencia Leste, Cleveland Cavaliers. Alí atopáronse co campión da Conferencia Oeste, Los Angeles Lakers.[8]

O 21 de maio de 2012, Van Gundy deixou de ser adestrador dos Magic.[9]

Estadísticas como adestrador[editar | editar a fonte]

Equipo Ano Liga Regular Playoffs
Partidos Vitorias Derrotas  % Vitorias Clasificado Vitorias Derrotas  % Vitorias Resultado
Miami 2003-04 82 42 40 .512 2º na División Atlántico 6 7 .462 Semifinais de Conf.
Miami 2004-05 82 59 23 .720 1º na División Sueste 11 4 .733 Semifinais de Conf.
Miami 2005-06 21 11 10 .524 1º na División Sueste (Renunciou antes de finalizar)
Orlando 2007-08 82 52 30 .643 1º na División Sueste 5 5 .500 Segunda Rolda
Orlando 2008-09 82 59 23 .720 1º na División Sueste 13 10 .565 Finais da NBA
Total 349 223 126 .639 - 35 26 .574 -

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]