Ustica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ustica
Vista da illa
Ustica.JPG
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago
Linguas Italiano
Poboación (2008) 1.325 hab.
Superficie 8 km²
Densidade
Coordenadas 38°43′N 13°11′E / 38.717°N 13.183°E / 38.717; 13.183
Maior Altura 244 m. Punta Maggiore
Localización
Localización  da illa

Ustica, é unha illa de Italia, situada no Mar Tirreno a 67 km ao N.O. de Palermo (Sicilia). Ten unha superficie de preto de 8´65 km² cunha circunferencia de 12 km, e mide 3´5 km de longo por 2´5 km de ancho.

Xeoloxicamente afín ás Illas Eolias e de orixe volcánico; presenta un relevo de outeiros, vestixio de antigos volcáns ("Punta Maggiore", 244 m. "Garda dei Turchi", 238 m.) que dividen á illa en dúas.

A illa, ademais, é unha das vinte que forman parte da "Reserva Natural Mariña" de Italia, o que a converte nun verdadeiro paraíso para o mergullo.

Historia[editar | editar a fonte]

Os fenicios habitaron a illa cara ao 1.500 A.C. Na antiga Grecia, foi chamada "Osteodes" (osario) en memoria dos miles de amotinados cartaxineses alí abandonados para morreren de fame no século IV A.C. Os romanos rebautizárono como Ustica, do latín "ustum" que significa "queimada", por mor das súas rocas negras características.

No século VI establécese na illa unha comunidade Benedictina, que foi rapidamente forzada a trasladarse por mor das inminentes guerras entre cristiáns e árabes. No Medioevo fallaron as tentativas de colonizala por causa de frecuentes incursións piratas, que utilizaron a illa como o seu refuxio.

Só a partir do século XVIII os Borbóns asentaron, esta vez de modo estable, a familias provintes das Eolias e de Sicilia xunto cun centenar de soldados.

Durante o réxime fascista e ata 1950 Ustica foi utilizada como prisión.

Ambiente[editar | editar a fonte]

A característica natural máis destacada e peculiar e a presenza de numerosas grutas que se abren ao longo das altas costas. Cabe mencionar a: "Grotta Verde", "Grotta Azzurra", "Grotta della Pastizza", "Grotta dell'Ouro", "Grotta delle Colonne". Con todo, ao escasear a auga e os recursos hídricos na illa, ata a vexetación natural é escasa.