Procida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Procida | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Italia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | |
| Linguas | Italiano |
| Poboación (2010) | 10.614 hab. |
| Superficie | 4´1 km² |
| Densidade | 2.589 hab./km² |
| Coordenadas | 40°45′30″N 14°01′00″E / 40.75833°N 14.0166667°E |
| Maior Altura | 91 m Terra Murata |
| Localización | |
Procida é unha illa italiana no golfo de Nápoles, Campania. É unha comuna que posúe unha poboación de 10.694 hab. (2004) e unha extensión de 4´1 km².
A súa economía baséase principalmente no cultivo de cítricos (maioritariamente limóns, e o licor coñecido como limoncello) a pesca e o turismo. Os principais núcleos urbanos céntranse na costa este en Corricella, e o porto maior no norte (Mariña Grande) onde chegan os barcos procedentes da costa de Nápoles.
A illa foi ocupada por Gran Bretaña en dúas das tres ocasións entre 1799 e 1813.
Nesta illa filmouse Il Postino, entre outras películas.