Ponza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponza
Vista da illa
Ponza cala feola3.JPG
Datos
Capital Ponza
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Illas Ponziane
Linguas Italiano
Poboación (2010) 3.300 hab.
Superficie 7´3 km²
Densidade
Coordenadas 40°54′N 12°58′E / 40.900°N 12.967°E / 40.900; 12.967
Maior Altura 279 m. Monte Garda
Localización
Localización  da illa

Ponza (en italiano:Isola di Ponza) é a máis grande do arquipélago Italiano das Illas Ponziane, localizado a 33 km ao sur de Cabo Circeo no Mar Tirreno. Así mesmo, e o nome do municipio da illa, que forma parte da provincia Latina na rexión do Lazio.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi habitada desde o neolítico. Segundo as lendas locais, Ponza foi chamada así por Poncio Pilato, gobernador romano de Xudea que acusou de herexía a Xesús de Nazaret. Esta lenda e controvertida entre os historiadores, porque o nome de "Pontia" aparece na 'Xeografía' de Estrabón.

Na antigüidade, a illa chamábase Tirrenia. A lenda di que Ponza é o que queda da illa perdida de Tirrenia. Dise que Ponza estaba conectada ao continente por unha estreita franxa de terra, que se afundiu no mar coa maior parte da illa. O mesmo fenómeno ocorreu exactamente en Capri. Segundo a lenda, houbo unha gran cidade na antiga illa. Avances arqueolóxicos recentes mostran que isto pode ser certo. Por exemplo, descubriuse que o chan do porto de Pozzuoli afundiuse e rexurdiu varias veces nos últimos 5.000 anos, revelando templos afundidos romanos.

Ponza foi colonizada polos etruscos. Na antigüidade a illa era moi boscosa con árbores xigantes, pero o bosque e as árbores extinguíronse e hoxe en día os outeiros están cubertos de terrazas feitas polo home. O cerro máis alto da illa, chamado Monte Garda, aínda ten tocóns das árbores xigantes, (sobre oito pés de ancho), extintas en descomposición. Nestas terrazas prodúcense cultivos como uvas para viño e cactus e figueiras.

Tamén se cree que Ponza é a illa de Eea da Odisea de Homero, illa donde Circe, a feiticeira, tiña a súa cova ou gruta. Hoxe en día é coñecida como Grotta della Maga Circe no lado oeste da illa, entre o Capo Bianco e a praia Chaia di Luna. Dicíase que vivia nesta cova nos meses de inverno. E pasaba o verán na cima do próximo monte Circe na parte continental de Italia. Aquí é onde Circe convertiu en animais aos homes de Ulises e fixo o seu feitizo para seducilo e vivir con el por máis dun ano. No lado oeste de Ponza está a Grotta di Ulises O Del Sangue, o que significa cova de Ulises do sangue. A cova está case directamente debaixo do outeiro/península de Il Belvedere, onde atopamos o Giardino Botánico Ponziano un xardín botánico cunha vila e os restos dun castelo . Estas covas ou grutas son populares destinos turísticos para visitar soamente en barco.

Durante a época romana, Nerón César, o irmán maior de Calígula, foi deportado a Ponza, no ano 29, onde no 30 foi condenado á morte. Dous das súas irmás, Agripina (nai do emperador Nerón) e Xulia Livia foron exiliadas a Ponza no ano 39 pola súa complicidade nun complot para derrocar Calígula. Elas foron chamados a Roma no ano 41. Xulia Livia tiña unha mansión chamada Palazzo Giulia (Pazo de Xulia), construído especialmente para ela en Ponza. Os restos son aínda visibles. Unha mansión similar co mesmo nome tamén foi construída na próxima Ventotene para a filla exiliada do emperador Augusto, Xulia a Maior.

vista dunha das baías máis belas situado na zona de Le Forna

Ponza foi abandonada durante a Idade Media debido ás constantes incursións de sarracenos e piratas. En 1552, a flota Otomán baixo o mando de Turgut Reis (coñecido como Dragut no Oeste) derrotou á flota española de Carlos I de España baixo o mando do famoso Almirante xenoves Andrea Doria preto de Ponza. Durante o século 18, o Reino de Nápoles recolonizou a illa. Hoxe a illa é unha atracción turística, con grandes praias de area como Chiaia di Luna ou Praia da Media Lúa.

Ponza sufriu numerosas invasións, do mesmo xeito que a veciña Sicilia e foi conquistada nun momento ou outro por Inglaterra, España, Grecia, Francia, musulmáns, Cartago, Libia, Exipto, e Fenicia. Ata un lugar en Ponza central chámase "Campo Inglese", que significa "Campamento Inglés" por onde se guarnicionaban as tropas. Aínda se poden ver varias fortalezas ao redor da illa.

A illa converteuse en parte do Reino de Italia no século 19 e agora é parte da República de Italia. Polo illamento da illa, foi destinada a servir como colonia penal por diversos réximes. Durante as dúas décadas de fascismo, Ponza e a próxima Ventotene, serviron como prisión para os opositores políticos do réxime de Benito Mussolini. O líder de Etiopía Ras Immiru, quen foi capturado polo exército italiano en 1936, foi encarcerado nunha casa en Santa Maria. Mussolini mesmo foi encarcerado na illa durante varias semanas logo de ser derrocado e detido en 1943.

A illa é coñecida pola tráxica historia de Lucia Rosa, quen se arroxou ao mar Tirreno, ao verse obrigada a casar cun home contra a súa vontade. Ela é considerada por moitas mulleres de todo o mundo como unha mártir dos dereitos da muller e o símbolo dos dereitos humanos.

A praia máis popular de Ponza, Chiaia dei Lúa.

Fai uns anos, enxeñeiros que traballaban nun túnel romano que conectaba a parte do porto de Ponza co barrio de Santa María, utilizaron explosivos para cavar unha canle próxima - supúñase que debían utilizar feramentas manuais. A esplosión destruíu esta galería romana de 2.100 anos de idade.

A finais do verán / outono a principios de 2007, seis "Aquanauts" pasaron dúas semanas de vida baixo a auga da costa de Ponza, rompendo todos os outros rexistros.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ponza é a maior das Illas Ponziane, que son restos de volcáns extintos, cunha superficie de 7´3 quilómetros cadrados. Ponza ten aproximadamente 5´5 quilómetros de longo por 2´4 km. na súa parte máis ancha. É unha illa con forma de media lúa cunha gran praia chamada Spiaggia di Chiaia di Lúa (Praia de Media Lúa) e algunhas praias pequenas, ten unha costa rochosa na súa maioría de caolín e roca de toba. Ten moitas formacións rochosas naturais estrañas, unha vese como un monxe, outra se parece a un par de pantalóns de traballo xigantes, Spaccapurpo (Arco Naturale O Spaccapolpi), outro parece unha horta de flores, outra parecen como fungos e outro parece un cabaleiro. Tamén hai Faragliones, columnas xigantes no mar feitos de roca sólida. Conta con varios pobos pequenos, entre eles están Commune di Ponza, Santa María e Le Forna. Ponza a miúdo confúndese coas illas próximas como Ischia e Capri, agás de que Ponza non ten actividade volcánica.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade de Ponza é un porto pesqueiro e mercante con grandes peiraos que poden acoller buques de gran tamaño. A súa maior industria é o Turismo seguido da construción naval, e a reparación de barcos e pesca. É accesible en coche por ferry e os peóns poden viaxar ao continente en hidroplanos de alta velocidade.

As catro minas que se atopan no extremo norte, a zona máis bela da illa, pecháronse en 1975 pola Axencia de Protección Ambiental italiana, debido a que extración mineira destruía a fauna e flora, que son [ [Especies ameazadas]]. Eran minas de caolín e Bentonita. Ponza ten unha estrada que vai de norte a sur, pero e valida soamente para coches pequenos. A pista de aterraxe prevista no norte da illa foi cancelada, debido a problemas de medio ambiente.