Gran Premio Caesars Palace de 1982

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Estados Unidos de 1982
Detalles da carreira
Carreira 16 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982.
Trazado do Circuíto Caesar Palace
Trazado do Circuíto Caesar Palace
Data 25 de setembro de 1982
Nome oficial Caesars Palace Grand Prix
Localización Las Vegas, Nevada, Estados Unidos
Percorrido Circuíto urbano
3´650 km
Distancia 75 voltas, 273´75 km
ClimaAsolladocon temperaturas que acadaron os 37´1 °C, velocidade do vento de ata 29´1 km/h[1]
Pole position
Piloto Francia Alain Prost Renault
Tempo 1:16.356
Volta rápida
Piloto Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford
Tempo 1:19.639 na volta 59
Podio
Primeiro Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford
Segundo John Watson McLaren-Ford
Terceiro Eddie Cheever Ligier-Matra

O Gran Premio Caesars Palace de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 25 de setembro de 1982 na franxa de Las Vegas. Foi a última carreira da tempada de Fórmula Un de 1982. Foi gañado por Michele Alboreto co Tyrrell.

Resumo[editar | editar a fonte]

Por primeira vez desde que comezara o Campionato Mundial en 1950, un país foi sede de tres roldas na mesma tempada de 1982. A última carreira do ano, e o terceira nos Estados Unidos, unha vez máis, decidía o campionato. Keke Rosberg de Williams tiña 42 puntos, avantaxaba a John Watson de McLaren que tiña 33, e necesitaba terminar sexto ou mellor para asegurar o título. A carreira foi o último Gran Premio do ex campión do mundo Mario Andretti.

As pechadas curvas do circuíto e as curtas rectas permitiron que os coches non turbo foran máis competitivos do habitual, con Michele Alboreto no Tyrrell e Eddie Cheever no Talbot Ligier entre os máis rápidos. Os Renault turboalimentados de Alain Prost e René Arnoux lograron a primeira e segunda posicións na cualificación, con máis de oito décimas de vantaxe sobre Alboreto. Os dous aspirantes ao título, Rosberg e Watson, pola súa banda, estaban en sexta e novena posición respectivamente, separados polos Ferraris de Mario Andretti e Patrick Tambay.

O sábado, Prost liderou desde a pole, seguido polo seu compañeiro Arnoux. Cheever, desde a cuarta posición da grella, estaba decidido a pasar a Alboreto polo exterior na primeira curva a esquerdas. Tocáronse cas rodas, pero ambos continuaron con Alboreto aínda diante, pero o Ligier de Cheever cunha roda dianteira vibrando e o Tyrrell de Alboreto cunha marca de pneumático no pontón lateral dereito.

Nas dez primeiras voltas, os Renault distanciáronse de Alboreto, con Arnoux agora líder. O Tyrrell comezou a igualar os tempos de Arnoux, pero cando se acercaba, Prost tomou o liderado na volta 15. O coche de Arnoux parecía ter problemas que resultaron ser certos, xa que o Renault retirouse na volta 21.

Watson, pola súa banda, caera a duodécima posición nas primeiras voltas, pero pasou a Piquet na volta 12, e a continuación, a Rosberg, Andretti e Cheever nas voltas sucesivas, ata alcanzar o terceiro lugar, con trinta segundos diferenza cos dous líderes. Pero, cando Andretti esperaba axudar a lograr o título de construtores para Ferrari, tivo que retirarse na volta 27 coa suspensión traseira rota, Rosberg fíxose cargo do quinto lugar que buscaba.

Entre os líderes, Alboreto estaba cada vez máis preto de Prost, e Watson continuaba a pechar a diferenza con deles. O Mclaren de Niki Lauda retirouse na volta 54, mentres que Alboreto eliminara a brecha con Prost, e conseguira tomar por primeira vez o liderado nun Gran Premio. Os pneumáticos de Prost recolleran caucho e desenvolveran vibracións. catro voltas despois, Watson tamén o capturara e pasara, pero tiña o mesmo problema que Prost, e non puido acercarse a Alboreto.

Alboreto logrou unha cómoda vitoria, a súa primeira e a primeira para Tyrrell en catro anos. Alboreto foi o 11º vencedor diferente dese ano. Cheever tamén foi capaz de superar a un débil Prost para ser terceiro, a nove voltas do final. A menos de tres segundos por detrás de Prost e o último coche na volta do líder, foi Rosberg, que polo tanto gañou o título.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 75 1:41:56.888 3 9
2 7 John Watson McLaren-Ford 75 + 27.292 segs 9 6
3 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 75 + 56.450 segs 4 4
4 15 Francia Alain Prost Renault 75 + 1:08.648 1 3
5 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 75 + 1:11.375 6 2
6 5 Italia Derek Daly Williams-Ford 74 + 1 volta 14 1
7 29 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 74 + 1 volta 17
8 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 74 + 1 volta 19
9 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 73 + 2 voltas 18
10 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 73 + 2 voltas 16
11 30 Italia Mauro Baldi Arrows-Ford 73 + 2 voltas 23
12 17 Rupert Keegan March-Ford 73 + 2 voltas 25
13 18 Raul Boesel March-Ford 69 + 6 voltas 24
NC 9 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-Ford 62 Nonclasificado 22
Ret 8 Austria Niki Lauda McLaren-Ford 53 Motor 13
Ret 33 Tommy Byrne Theodore-Ford 39 Trompo 26
Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 32 Buxías 10
Ret 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 28 Motor 20
Ret 28 Mario Andretti Ferrari 26 Suspensión traseira 7
Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 26 Buxías 12
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 20 Motor 2
Ret 2 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW 17 Embrague 5
Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 8 Colisión 21
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 5 Encendido 11
NTS 27 Francia Patrick Tambay Ferrari 0 Piloto no apto 8
NTS 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford 0 Motor 15
NTS 31 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Cosworth 0 Accidente 27
DNQ 36 Italia Teo Fabi Toleman-Hart
NSC 10 Chile Eliseo Salazar ATS-Ford
NSC 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford

Notas[editar | editar a fonte]

  • Rosberg e Watson ambos entraron nesta carreira coa oportunidade de gañar o Campionato de Pilotos.
    • Rosberg (42pts) bastáballe con puntuar
      • Sexto ou mellor
      • Watson segundo ou peor
    • Watson (33pts) necesita gañar, con Rosberg sétimo ou peor.
      • Se Watson igualaba puntos de Rosberg se gañaba a carreira e Rosberg terminaba fóra dos puntos, Watson gañaba o Campionato de Pilotos, porque gañara unha carreira máis que Rosberg durante a tempada.
  • Por primeira vez en 18 anos, tres equipos entraron na última carreira con posibilidades de gañar o Campionato de Construtores.
    • Ferrari (74pts) necesitaba ser ou ben que
      • Segundo (ou cuarto e quinto) ou mellor
      • Cuarto (ou quinto e sexto) ou mellor, cos McLaren primeiro e terceiro ou peor
      • Quinto ou mellor, cos McLaren primeiro e cuarto ou peor
      • Sexto ou mellor, cos McLaren primeiro e quinto ou peor
      • Os McLaren anotando menos de 11pts, cos Renault primeiro e terceiro ou peor
    • McLaren-Ford (63pts) necesitaba ser ou ben
      • Primeiro e segundo, cos Ferrari anotando menos de 5 puntos
      • Primeiro e terceiro, cos Ferrari anotando menos de 3 puntos
      • Primeiro e cuarto, cos Ferrari sexto ou peor
      • Primeiro e quinto, co Ferrari sétimo ou peor
    • Renault (59pts) necesita ser primeiro e segundo, cos Ferrari sétimo ou peor.

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1983
Carreira anterior:
Gran Premio Caesars Palace de 1981
Gran Premio Caesars Palace Carreira seguinte:
Gran Premio Caesars Palace de 1983

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Weather information for the "1982 Caesars Palace Grand Prix"". The Old Farmers' Almanac. Consultado o November 22, 2013. 
  • Rob Walker (xaneiro de 1983). "2nd Las Vegas Grand Prix: King Keke". Road & Track, 96-99.
  • Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]