Circuíto Paul Ricard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto Paul Ricard
Plano do Circuíto
Paul Ricard.svg
Datos
Carreiras
Localización Francia Le Castellet, Francia
Lonxitude 5´809
Curvas 14
Volta rápida (1985) 1:39.914
Piloto Record Keke Rosberg
Escudería Record Williams Honda
Lonxitude 3´812
Curvas 9
Volta rápida (1990) 1:08.012
Piloto Record Nigel Mansell
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 43°15′2″N 5°47′30″E / 43.25056°N 5.79167°E / 43.25056; 5.79167
Vista do Circuíto

Paul Ricard é un autódromo construído no ano 1969 en Le Castellet, no sur de Francia.

[editar] Historia

Recibe o nome do excéntrico magnate das bebidas que vivía na comunidade próxima de Signes. Durante anos foi considerado o circuíto máis seguro da súa época, xa que dispuña de mellores instalacións que o resto de circuítos, e foi fogar das probas de inverno de moitos equipos. O circuíto tiña tres posibles trazados, un aeroporto e unha zona industrial. A zona máis prominente do trazado é a recta Mistral, de máis de quilómetro e medio de lonxitude, que vai seguida da curva aberta Signes. Tras a morte de Paul Ricard, a familia decidiu vender o circuíto e en maio de 1999 foi comprado por Bernie Ecclestone por preto de 11 millóns de dólares. Desde entón o circuíto foi completamente reconstruído e segue en activo.

[editar] Automobilismo

Foi inaugurado en 1970 cunha carreira de coches de motores de 2.0 litros gañada por Brian Redman. Ao seguinte ano tocoulle albergar o Gran Premio de Francia de Fórmula 1 que foi dominado por Jackie Stewart. Dous anos máis tarde o evento retornou a Paul Ricard e esta vez o gañador foi Ronnie Peterson tras a colisión que encerellou a Emerson Fittipaldi e a un novísimo Jody Scheckter. Niki Lauda dominou a carreira de 1975 mentres que o seu rival James Hunt fíxoo ao ano seguinte. En 1978 chegoulle a quenda a Mario Andretti.

Na década de 1980 tiveron lugar dúas importantes vitorias francesas, a de René Arnoux en 1982 e a de Alain Prost en 1983, ambos pilotos de Renault. Tras 1985 o circuíto consolidouse como Gran Premio de Francia a pesar da morte de Elio de Angelis durante unhas probas nel, o que fixo que se acurtase a recta Mistral para reducir drasticamente a velocidade. En 1986 e 1987 Nigel Mansell obtivo a vitoria, mentres que de 1988 a 1990 foi Alain Prost quen gañou. Paul Ricard foi substituido en 1991 polo circuíto de Magny-Cours en Nevers. Actualmente segue sendo sede de moitas das probas de inverno de equipos de Fórmula 1.

[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Paul Ricard

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1971 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Tyrrell-Ford 1:46:41,680 h 5,810 km 55 179,700 km/h 4. Xullo Francia Francia
1973 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:41:36,520 h 5,810 km 54 185,264 km/h 1. Xullo
1975 Austria Niki Lauda Ferrari 1:40:18,840 h 5,810 km 54 187,655 km/h 6. Xullo
1976 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford 1:40:58,600 h 5,810 km 54 186,423 km/h 4. Xullo
1978 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford 1:38:51,920 h 5,810 km 54 190,404 km/h 2. Xullo
1980 Flag of Australia.svg Alan Jones Williams-Ford 1:32:43,420 h 5,810 km 54 203,016 km/h 29. Xuño
1982 Francia René Arnoux Renault 1:33:33,217 h 5,810 km 54 201,215 km/h 25. Xullo
1983 Francia Alain Prost Renault 1:34:13,913 h 5,810 km 54 199,767 km/h 17. Abril
1985 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:31:46,266 h 5,810 km 53 201,325 km/h 7. Xullo
1986 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda 1:37:19,272 h 3,813 km 80 188,062 km/h 6. Xullo
1987 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda 1:37:03,839 h 3,813 km 80 188,560 km/h 5. Xullo
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:37:37,328 h 3,813 km 80 187,482 km/h 3. Xullo
1989 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:38:29,411 h 3,813 km 80 185,830 km/h 9. Xullo
1990 Francia Alain Prost Ferrari 1:33:29,606 h 3,813 km 80 195,761 km/h 8. Xullo

Record: A.Prost (4 Veces)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas