Fernando Pérez Barreiro
Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol en 1968, foi un xornalista, escritor e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Cursou estudos da carreira eclesiástica, que non rematou, e licenciouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro e trasladouse a Ferrol, onde se dedicou activamente á política. Foi presidente da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) local e impulsor do Sindicato Católico Agrario, inspirado polas ideas de Eugenio Vázquez Gundín. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección pola Fronte Popular. Colaborou en El Departamento de Ferrol e dirixiu Pro Neutralidad, La Voz de la Verdad e El Correo Gallego (en dúas ocasións).
Foi o pai do escritor e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Obras [editar]
- Pavesas de la hoguera, 1912.
- Andrómenas, 1922.
- Virgen y Mártir, novela aparecida en Heraldo de Viveiro.
- El Digesto no indigesto. Anecdotario forense del humorismo galaico, 1952 (serie de textos en castelán nos que os personaxes populares empregan o galego).
- Ducia e pique de fábulas. Atiriño prá un fabulario gallego, 1954.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Para ser e crear necesitas independencia Conversa con Fernando Pérez-Barreiro Nolla