Eladio Fernández Diéguez
Eladio Fernández Diéguez, nado na Coruña o 3 de marzo de 1865 e finado en Zamora o 17 de novembro de 1935, foi un xornalista e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo do xornalista Ezequiel Fernández Miranda. Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi concelleiro na Coruña. Comezou o seu traballo como xornalista en Murmullos Literarios e El Anunciador. Posteriormente, en Santiago de Compostela fundou El Cupido, traballou como redactor de La Verdad e Gaceta de Galicia, e colaborou con El Ciclón. Novamente na Coruña, fundou e dirixiu Galicia Cómica e colaborou con El Imparcial Coruñés e El Alcance. Foi director de Tierra Gallega, redactor xefe de El Telegrama e tivo unha sección propia en La Voz de Galicia. Na súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Dirixiu Diario de Huelva, ademais de colaborar en diferentes xornais americanos.
Obras [editar]
- Para una noche (Historias y cuentos de miga), 1887.
- Parábolas, 1920.