Refracción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo da refracción da imaxe dun lápis ao ser submerso nunha vasilla chea de auga.

Refracción (ou refración) é a mudanza de velocidade dunha onda debido a unha mudanza de medio de propagación. Normalmente ocorre o desvío da onda incidente, mais, tamén, ocorre refración sen desvío. Acontece cando as ondas pasan dun medio cun dado índice de refracción para un medio onde este parámetro difire. Na fronteira entre os dous medios, a onda muda de dirección, aumentando ou diminuíndo o seu lonxitude de onda, mantendo, no entanto, a súa frecuencia constante. Por exemplo, un raio de luz será refractado ao pasar por vidro, lentes ou pola auga. A comprensión deste concepto permitiu, por exemplo, a invención do telescopio de refracción.

O Índice de refracción é unha relación entre a velocidade da luz nun determinado medio e a velocidade da luz no vacuo (c). En medios con índices de refración máis baixos (próximos a 1) a luz ten velocidade maior (ou sexa, próximo a velocidade da luz no vacío). A relación pode ser descrita pola fórmula:

n = {c \over v}

Onde: c é a velocidade da luz no vacío (c = 3 x 10^8 m/s); v é a velocidade da luz no medio;

Véxase tamén[editar | editar a fonte]