Economía de Bolivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Bolivia
Moeda Boliviano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur, Unasur e CAF
Datos estatísticos[1]
PIB 50,94 mil millóns (2011)
Posición do PIB 91ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5,2% (2011)
PIB per cápita $ 4.800 (2011)
PIB por sector agricultura 10%, industria 40%, comercio e servizos 50% (2011)
Inflación 9,9% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 51,3% (2009)
Total da forza de traballo 4.643.000 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 10%, industria 40%, comercio e servizos 50% (2011)
Desemprego 7,6% (2011)
Industrias Minería, refino de minerais, petróleo, alimentos e bebidas, tabaco, artesanía, roupa, xoiaría
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 8 332 millóns (2011)
Produtos de exportación Gas natural, soia e derivados, petróleo cru, minerais de cinc e estaño
Principais mercados Brasil 41,8%, Estados Unidos 12,2%, Corea do Sur 6,4%, Perú 5,7%, Arxentina 5,2%, Xapón 4,7% (2011)
Importacións 7 126 millóns (2011)
Principais produtos importados Derivados de petróleo, plásticos, papel, avións e pezas, vehículos, insecticidas, soia
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 5 451 millóns (2011)
Receitas 10,82 mil millóns (2011)
Despesas 10,62 mil millóns (2011)

A Bolivia é un dos países máis pobres e menos desenvolvidas da América Latina.[1] Tras unha desastrosa crise económica no inicio da década de 1980 reformas atraeron o investimento privado, estimularon o crecemento económico e diminuíron os índices de pobreza na década seguinte.[1] O período entre 2003 e 2005 foi caracterizado por inestabilidade política, tensións raciais e violentas protestas contra plans - posteriormente abandonados - de exportar o gas natural producida no país para grandes mercados do Hemisferio Norte.[1] No ano 2005 o país aprobou unha controvertida lei sobre hidrocarburos que impuxo un significativo aumento dos dereitos sobre a produción e determinou que as empresas estranxeiras que operaban baixo o réxime de contratos de risco entregasen toda a súa produción á empresa estatal, a cambio dunha tarifa fixa polos servizos.[1]

As principais actividades económicas en Bolivia son a minería, a fundición de metais, e a agricultura (especialmente a soia, o café e tamén a coca). O país é auto-suficiente en enerxía, grazas ás súas reservas de gas natural.

O país, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre co México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos camiños de ferro, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentarias restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en Abril e en Setembro/Outubro baixaron o crecemento para 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.

Referencias[editar | editar a fonte]