Nadia Comăneci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nadia Comăneci
Nadia Comăneci from acrofan.jpg
Nadia Comăneci en setembro de 2010.
Información persoal
Nacionalidade Romanesa e estadounidense
Nacemento 12 de novembro de 1961 (55 anos)
Onești, condado de Bacău, Romanía Romanía
Deporte
País Romanía Romanía
Deporte Ximnasia artística
Adestrador Béla Károlyi e Márta Károlyi
Retiro 1981

Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti[1] o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística e segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo, sendo considerada unha das grandes atletas de todos os tempos.

Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi, e na súa carreira gañou nove medallas olímpicas, cinco delas de ouro, e foi a primeira ximnasta en conseguir un 10 -execución perfecta- en ximnasia artística nuns Xogos Olímpicos, amais de conseguir catro medallas mundiais e doce europeas. Xunto coa rusa Svetlana Khorkina, Nadia é posuidora do tricampionato do individual xeral continental, amais de ser bicampiona olímpica na barra de equilibrio. No que respecta aos campionatos nacionais, aínda posúe o pentacampionato do concurso xeral.

Dende que deixou a vida de atleta profesional, Comăneci continuou involucrada no deporte: na actualidade é membro de algunhas asociacións e federacións, ben como fundadora dunha institución filantrópica e colaboradora en diversas outras tanto en Romanía como nos Estados Unidos, amais de colaborar coa revista International Gymnast -unha das publicacións máis importantes da ximnasia- xunto co seu marido, o tamén ximnasta retirado Bart Conner. Polas súas notas e conquistas, é considerada unha das maiores ximnastas da modalidade de todos os tempos. Fuxida do réxime comunista de Romanía, afincouse nos Estados Unidos e tornouse cidadá norteamericana. Alí tivo ao seu primeiro e único fillo, Dylan, e abriu un ximnasio e unha empresa de equipamentos ximnásticos, que produce unha liña de roupa.

Entre os recoñecementos persoais cos que conta salientar a dobre Orde Olímpica, sendo cando lle foi entregada a primeira a atleta máis nova en conseguir tal distinción; foi elixida como unha das cen mulleres máis importantes do século XX; figura, desde 1993, no International Gymnastics Hall of Fame, no cal foi a segunda inserida dende a súa inauguración; foi elixida polo líder comunista romanés, Nicolae Ceauşescu, como unha heroína do traballo socialista, sendo a máis nova en conseguilo; tamén foi elixida, en Romanía, como a atleta máis importante do país, nunha votación realizada no ano 2006; en 2007, foi escollida polo público como a celebridade máis confiable da nación; foi elixida como a mellor atleta do século XX polo xornal portugués Mundo Desportivo, e recibeu da World Records Academy, o título de recordista mundial na súa modalidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nadia naceu en Onești, unha pequena cidade nos Cárpatos romaneses o 12 de novembro de 1961, filla de Gheorghe Comăneci, un mecánico de coches, e Stefania Alexandrina, unha ama de casa.[2] Comăneci creceu na República Socialista de Romanía, cando Romanía encontrábase baixo un réxime gobernamental unipartidista de ideoloxía marxista-leninista.[3] Aínda que era un aliado soviético durante a Guerra Fría (entre 1947 e 1989), non formaba parte da Unión Soviética.[4] Ela e seu irmán pequeno, Adrina, criáronse na fe da Igrexa ortodoxa romanesa.[5] O seu nome procede do diminutivo ruso de Nadiejda e significa esperanza. Segundo a súa nai, durante o embarazo viu un filme no que a protagonista atendía a ese nome e decidiu que a súa filla tamén se chamaría así.[6] Nadia viviu coa súa familia nun pequeno apartemento de Onești. Moi activa durante a súa infancia, gustáballe tanto saltar que rompeu os resortes de catro sofás da casa.[6][7]

Comăneci comezou a practicar a ximnasia nunha escola local cun equipo local chamado Flacăra ("A Chama"), cos adestradores Duncan e Munteanu.[8][9] Unha vez, xogando á ximnasia cunha amiga no patio da escola, foi vista por Béla Károlyi, quen, ao achegarse a falar coas nenas escoitou tocar o sinal e as rapazas entraron no colexio. Insatisfeito, entrou na escola, e foi clase por clase buscando ás dúas rapazas. Na terceira clase na que entrou, encontrounas e convenceunas para que fixeran a proba para adestrar. Nadia camiñou pola barra de equilibrio, un aparello ao cal as nenas tiñan medo, saltou e cumpriu os requisitos da proba para iniciar os seus adestramentos aos seis anos de idade. Nunha ocasión, o adestrador declarou que Nadia era a pupila perfecta:[6]

Ela non coñece o medo.

Romanía júnior[editar | editar a fonte]

Teodora Ungureanu, Béla Károlyi e Nadia Comăneci nos anos 1970.

Comăneci comezou a adestrar con Károlyi cando tiña 7 anos, en 1968. Foi unha das primeiras alumnas da escola de ximnasia que Béla e a súa muller Márta, daquela considerados os preparadores máis célebres do país e responsables do equipo nacional romanés,[10][11] fundaron en Onești. Ao contrario do que ocorría con moitas outras alumnas da escola, Comăneci podía ir a diario á súa casa durante moitos anos, xa que vivía na cidade.[11] Durante este período, pasou a adestrar seis días á semana, catro horas ao dia. A nena era a primeira en chegar, quecer, practicar e mellorar intensamente os mesmovos movementos. Xa apta para competir, en 1969 participou no seu primeiro campionato nacional en categoría júnior, onde finalizou na 13ª posición, sendo a ximnasta máis nova en conseguir ese posto.[7][12] Con todo, ao ano seguinte xa conseguira gañar a competicón.[13] Tan só un ano despois, en 1971, chegou o primeiro triunfo internacional da ximnasta romanesa, na Copa da Amizade disputada en Bulgaria, aínda que non sería ata o anos seguinte cando os técnicos de todo o mundo fixáronse nela logo de conseguir, con tan só once anos, dúas medallas de ouro na Copa das Esperanzas Olímpicas disputada na capital búlgara.[10] Previamente ese ano, debutara nunha competición internacional, un encontro júnior dobre entre Romanía e Iugoslavia, gañando o título xeral e axudou ao seu equipo a gañar o ouro. Durante os anos seguintes competiu como júnior en numerosos campionatos nacionais no seu país e encontros dobres con países como Hungría, Italia, e Polonia.[14] En 1973, con 11 anos, gañou o ouro no concurso xeral, así como o poldro, e as barras asimétricas, no Torneo da Amizade Júnior disputado en Druzhba, unha importante reunión internacional para ximnastas de categoría júnior.[14][15]

O maior éxito internacional de Comăneci chegou en 1975, cando tiña 13 anos, cando estio a piques de arrasar no Campionato de Europa celebrado en Skien (Noruega). Alí gañou o concurso xeral logo de superar á multimedallista Ludmilla Tourischeva,[6] así como as medallas de todos os aparellos coa excepción do solo, no que finalizou segunda, sendo superada pola soviética Nellie Kim.[16] Cómpre lembrar que logo da Segunda Guerra Mundial, Romanía convertérase nun país satélite da Unión Soviética e non estaba ben visto en Moscova que atletas non soviéticos destacaran tanto e con tanta diferenza respecto das ximnastas "oficiais" do réxime, feito que provocou máis dun problema con Nadia e o seu equipo durante a súa carreira.[10]

Ese mesmo ano, a ximnasta tamén competiu no Champions All e conquistou unha medalla de ouro no concurso xeral. Xa no Campionato Nacional Romanés, conquistou as medallas de ouro no individual xeral, no salto, na barra e nas barras asimétricas.[12] No solo, de novo finalizou na segunda posición. 1975 também foi ano de disputa do preolímpico en Montreal. Nel, Comăneci conquistou o individual xeral e as barras asimétricas. No salto e no solo, conseguiu a medalla de prata, e na barra finalizou na terceira posición. No Campionato Romanés, conquistou a medalla de ouro no concurso xeral, por equipos, no salto, nas barras asimétricas e na barra. No solo finalizou unha vez máis en segundo lugar.[12] O ano 1975 finalizaría coa elección de Nadia como atleta do ano pola Associated Press.[10]

En cinco anos na categoría júnior, a atleta conquistou 55 medallas, entre as cales destacan catorce vitorias no concurso xeral, en vinte eventos nacionais e internacionais disputados.[12]

Romanía sénior[editar | editar a fonte]

Con 14 anos Nadia convértese na estrela indiscutible dos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, Canadá, conseguiu sete veces dos xuíces a puntuación perfecta (10 de todos os xuíces) á súa volta a Romanía déuselle a distinción de Heroe Socialista do Traballo.

Nos Campionatos do Mundo de 1978 conseguiu o ouro en barra de equilibrios. En 1979 conseguiu o seu terceiro título europeo consecutivo, converténdose na primeira ximnasta en conseguilo.

Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova clasificouse segunda na final individual trala rusa Yelena Davidova, pero conseguiu outras dúas medallas de ouro. En 1981 puxo fin á súa carreira deportiva. En novembro de 1989 escapou aos Estados Unidos e non volveu ao seu país ata 1994.

En 2001 obtivo a cidadanía norteamericana e en 2003 publicou o seu primeiro libro Letters To A Young Gymnast.

Campionato do Mundo de Ximnasia Artística[editar | editar a fonte]

Foron dúas as participacións de Nadia Comăneci nos Campionatos do Mundo. Entre os anos de 1978 e 1979, a ximnasta obtivo catro medallas.

Estrasburgo 1978[editar | editar a fonte]

O Mundial de Francia tivo lugar no mes de novembro. No seu debut en competicións deste nivel, aos dezasete anos, Nadia clasificouse para catro finais.

A primeira das finais foi veu por medio do concurso por equipos: xunto con Emilia Eberle, Marilena Neacşu, Teodora Ungureanu, Anca Grigoraş e Marilena Vladarau, a ximnasta conseguiu a medalla de prata por equipos, por derás tan só das atletas da Unión Soviética. Considerada a principal potencia deste deporte e lideradas por Nellie Kim e Maria Filatova, as ximnastas soviéticas finalizaron campioas do concurso cunha vantaxe sobre as romanesas de 16,895 puntos. Alemaña Oriental completou o podio desta edición.[17][18] Clasificada para o individual xeral, durante as rotacións, clasificouse en segundo lugar logo da presentación nas barras asimétricas. Visivelmente máis alta e máis pesada, en parte a causa da puberdade, o seu punto de equilibrio modificouse e Nadia caeu durante os exercicios de solo e non conseguiu suficiente nota para subir ao podio, nunha proba dominada polas soviéticas Elena Mukhina, Nellie Kim e Natalia Shaposhnikova.[19]

Nas finais por aparellos, a atleta estivo presente en dúas: na de salto, por 0,025 non superou á soviética Nellie Kim e terminou a disputa coa medalla de prata, ao recibir a nota 19,600 fronte a 19,625; xa na barra de equilíbrio, ao totalizar 19,625, terminou coa primeira posición, por diante da soviética Elena Mukhina, tamén por 0,025, e da súa compatriota Emilia Eberle, medallista de bronce.[17]

Ft. Worth 1979[editar | editar a fonte]

Na súa segunda e última participación en Mundiais, desta volta celebrado en decembro, Nadia, xa de novo adestrada por Béla e Marta Károlyi en Deva, permaneceu motivada para a competición. Con todo, unha contaminación sanguínea, causada pela exposición a metais nas mans, e unha inflamación na muñeca prexudicaron a súa estancia no evento.[20]

Contrariando ordes médicas, a ximnasta competiu co equipo, formado tamén por Rodica Dunca, Emilia Eberle, Melita Ruhn, Dumitriţa Turner e Marilena Vladarau, para conquistar súa segunda medalla de ouro nos Mundiais, a primeira da historia de Romanía en eventos colectivos nesta competición: Ao final das rotacións, sumaron 389,550 puntos e mantivéronse á fronte da daquela campioas do mundo por 0,825, despois de dar o resultado final das adversarias, que conseguiran 388,725 puntos, 0,650 por dianta das terceiras a clasificación - Alemaña Oriental, que repetiu a mesma posición do Mundial anterior e novamente completou o podio desta edición. Deste xeito, Nadia finalizou a súa participación en Campionatos do Mundo coa conquista de catro medallas - dúas de ouro e dúas de prata.[17][18] Logo da disputa, Nadia permaneceu internada por algúns días no All Saints Hospital, localizado no Condado de Oldham, tamén no estado do Texas, para recuperarse do esforzo exixido na competición e da pequena cirurxía realizada para reducir os efectos da contaminación.[20][21]

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Foram duas as participações de Comăneci em Jogos Olímpicos: Montreal 1976 e Moscou 1980.

Montreal 1976[editar | editar a fonte]

Comăneci em 1976
Comăneci em 1976

Sua estreia em Jogos Olímpicos foi aos catorze anos, na edição de 1976 realizada no mês de julho, no Canadá. Na ocasião, a ginasta esteve presente em seis das seis finais possíveis.

Na competição qualificatória, realizada no dia 18 de julho, a romena executou nas paralelas assimétricas uma rotina arrojada, que agradou ao público. No final da apresentação, após análise dos árbitros, o placar mostrou a nota 1.00. Em um primeiro momento, o ginásio ficara em silêncio, sem entender como aquela técnica poderia receber um score tão baixo. Contudo, não se passou muito e logo percebeu-se a fragilidade dos placares: como um dez perfeito nunca havia sido atingido antes, não foram programados para registrar tal marca. Assim, pela primeira vez na história olímpica, uma ginasta recebia o chamado dez perfeito.[16][22] No dia seguinte, durante a final por equipes, Nadia atingiu suas segunda e terceira notas dez ao executar o seu exercício na trave de equilíbrio e, novamente, nas barras assimétricas. Ao final, apesar das notas alcançadas, a Romênia encerrou na segunda colocação. Ao lado das companheiras de equipes, Teodora Ungureanu, Mariana Constantin, Anca Grigoraş, Gabriela Truşca e Georgeta Gabor, Comăneci conquistou a medalha de prata, ao ser superada pela União Soviética de Ludmilla Tourischeva.[1][23] Em 21 de julho, na final do concurso geral, tirou sua terceira nota dez nas assimétricas, e sua segunda na trave, para conquistar a medalha de ouro na competição, após somar 79,275, 0,600 a frente da segunda colocada, Nellie Kim, em prova que reuniu um total de 36 ginastas, dentre as quais três eram da Romênia nas primeiras quinze posições.[24]

Nas finais por aparelhos, sucedidas em 23 de julho de 1976, a atleta atingiu suas sexta e sétima notas dez, mais uma vez nas paralelas e na trave. Como resultado, conquistou mais duas medalhas de ouro. Na trave, encerrou a frente da também soviética Olga Korbut, enquanto nas assimétricas superou a compatriota Ungureanu; no solo, encerrou na terceira colocação, atrás das soviéticas que havia superado dois dias antes, no individual geral; por fim, no salto, sem subir ao pódio, foi a quarta classificada em disputa vencida por Kim.[25]

Assim, a ginasta encerrou sua primeira participação olímpica como a primeira romena a conquistar um all around em Olimpíadas e como a atleta mais jovem a vencer tal evento. Hoje, este feito, mediante as novas regras estabelecidas pela Federação Internacional de Ginástica, tornou-se inviável de ser alcançado, pois a idade mínima - antes sendo de catorze anos - subiu para dezesseis e o dez perfeito foi dividido em notas A (de partida, chamada nota D de dificuldade) e B (de execução, chamada nota E).[26][27][28]

Moscova 1980[editar | editar a fonte]

En 1980, Comăneci despediuse dos Xogos Olímpicos coa participación na edición celebrada en Moscova, Unión Soviética. Neses Xogos, a ximnasta conquistou o dereito a disputar cinco das seis finais posibles durante a fase cualificatoria.

Así, aos dezaoito anos, conquistou a súa segunda medalla de prata na competición por equipos, ao ser novamente superadas as romanesas polas soviéticas. Sumando 196,80, o equipo romanés, formado por Nadia, Emilia Eberle, Rodica Dunca, Melita Rühn, Dumitriţa Turner e Cristina Grigoraş, finalizou na segunda posición por 0,350 puntos de diferenza respecto das vencedoras.[29] No individual geral, 36 atletas disputaram as rotações que compunham o evento. Após o encerramento delas, a atleta totalizou 79,075, suficiente para empatar na segunda posição com a alemã oriental Maxi Gnauck. No entanto, foram 0,075 ponto atrás da medalhista de ouro, Yelena Davydova. Com melhor desempenho, as três romenas presentes nesta prova realizada no dia 24 de julho, terminaram entre as dez primeiras posições.[16][30]

Nas finais por aparelhos, a ginasta disputou três dos quatro. Apenas nas barras assimétricas, aparato que lhe rendeu a primeira nota dez olímpica, não disputou medalha, tendo encerrado na vigésima posição.[31] No salto sobre o cavalo, em disputa vencida por Natalia Shaposhnikova, Comăneci encerrou na quinta colocação, com o total de 19,350.[32] Na trave de equilíbrio, em prova sucedida no dia no dia 25 de julho, somou 19,800 pontos, 0,050 a frente da campeã do concurso geral, e conquistou seu bicampeonato no aparelho. Nos exercícios de solo, disputados no mesmo dia, conquistou sua segunda medalha de ouro desta edição, a quinta da carreira, após somar 19,875 e empatar com Nellie Kim.[16][33]

Assim, Comăneci encerrou suas participações olímpicas com um total de cinco medalhas de ouro, três de prata e uma de bronze.

Principais resultados[editar | editar a fonte]

Ano Evento Ind. xeral Equipo Salto. Barra. Barras asimétricas. Solo.
1971 Campionato da República (categoría III) Gold medal blank.svg
Copa Romanesa de Ximnasia (categoría IV) Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg
1972 Campionato da República (júnior) Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg
Torneo da Amizade Júnior Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg
1973 Campionato Internacional de Romanía Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg
Campionato das Escolas Bronze medal blank.svg
1975 Champions All Gold medal blank.svg
Campionato de Europa Gold medal europe.svg Gold medal europe.svg Gold medal europe.svg Gold medal europe.svg Silver medal europe.svg
Preolímpico Gold medal blank.svg Silver medal blank.svg Bronze medal blank.svg Gold medal blank.svg Bronze medal blank.svg
Campionato Nacional Romanés Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg Silver medal blank.svg
1976 American Cup Gold medal blank.svg
Copa Chunichi Gold medal blank.svg
Xogos Olímpicos Gold medal.svg Silver medal.svg Gold medal.svg Gold medal.svg Bronze medal.svg
Campionato Nacional Romanés Gold medal blank.svg
1977 Campionato de Europa Gold medal europe.svg Gold medal europe.svg
Romanía vs Estados Unidos Gold medal blank.svg Gold medal blank.svg
1978 Campionato do Mundo de Xinasia Artística Silver medal world centered-2.svg Silver medal world centered-2.svg Gold medal world centered-2.svg
1979 Campionato de Europa Gold medal europe.svg Gold medal europe.svg Bronze medal europe.svg Gold medal europe.svg
Campionato do Mundo de Xinasia Artística Gold medal world centered-2.svg
Copa do Mundo Gold medal blank.svg Silver medal blank.svg Gold medal blank.svg
1980 Xogos Olímpicos Silver medal.svg Silver medal.svg Gold medal.svg Gold medal.svg
1981 Xogos Universitarios Gold FISU.svg Gold FISU.svg Gold FISU.svg Gold FISU.svg Gold FISU.svg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Espinosa, Cristina. "Atletas do século - Nadia Comaneci" (en portugués). TerraAtletas. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  2. Comăneci, p. 4
  3. Lafon, Lola. "The Little Communist Who Never Smiled" (en inglés). Serpent's Tail/Profile Books. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  4. "Gymnastics legend Nadia Comaneci wants to remind everyone she’s from Romania". New York Daily News. 6 de agosto de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  5. Comăneci, p. 5
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Nadia Comaneci". PH. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2003. Consultado o 8 de outubro de 2016.  Parámetro descoñecido |lingua2= ignorado (suxírese |lingua=) (Axuda)
  7. 7,0 7,1 "Olympic Champion Nadia Comaneci" (en inglés). GYMN. 24 de outubro de 2004. Consultado o 6 de outubro de 2016. 
  8. Fisher, Barbara; Isbister, Jennifer (2003). "Whatever Happened to Nadia Comăneci?". Gymnastics Greats.com. 
  9. Comăneci
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Salvador, David (13 de marzo de 2013). "Nadia Comaneci, el hada de Montreal". Mundo Deportivo (en español). Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  11. 11,0 11,1 Comăneci, p. 19
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome CAR
  13. "Nadia Comăneci". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  14. 14,0 14,1 "Nadia Comaneci (ROM). Competition Results" (en inglés). Gymn-Forum. Consultado o 8 de novembro de 2016. 
  15. Comăneci, pp. 27–28
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Modelo:Citar web
  17. 17,0 17,1 17,2 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome RES
  18. 18,0 18,1 Modelo:Citar web
  19. Modelo:Citar web
  20. 20,0 20,1 Modelo:Citar web
  21. RYAN, Joan. Little Girls in Pretty Boxes. Editora: Doubleday, Estados Unidos 2000. ISBN 0-446-67682-9
  22. Modelo:Citar web
  23. Modelo:Citar web
  24. Modelo:Citar web
  25. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome SENA
  26. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome LOYG
  27. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome INFO
  28. Modelo:Citar web
  29. Modelo:Citar web
  30. Modelo:Citar web
  31. Modelo:Citar web
  32. Modelo:Citar web
  33. Modelo:Citar web

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nadia Comăneci Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]