Kornelia Ender

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKornelia Ender

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Plauen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
República Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Participou en
1976swimming at the 1976 Summer Olympics – women's 100 metre freestyle (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976swimming at the 1976 Summer Olympics – women's 4 × 100 metre freestyle relay (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1976swimming at the 1976 Summer Olympics – women's 100 metre butterfly (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976swimming at the 1976 Summer Olympics – women's 4 × 100 metre medley relay (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976swimming at the 1976 Summer Olympics – women's 200 metre freestyle (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1972swimming at the 1972 Summer Olympics – women's 4 × 100 metre medley relay (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1972swimming at the 1972 Summer Olympics – women's 4 × 100 metre freestyle relay (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1972swimming at the 1972 Summer Olympics – women's 200 metre individual medley (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSteffen Grummt (1984–)
Roland Matthes (1978–1982)
Premios

IMDB: nm2351244 Editar o valor em Wikidata

Kornelia Ender, nada en Plauen o 25 de outubro de 1958, é unha nadadora alemá que competiu pola República Democrática Alemá. Foi a primeira muller que gañou catro medallas de ouro nuns únicos Xogos Olímpicos, todas con récord do mundo. Posteriormente probouse que os médicos do equipo da RDA administraban esteroides sistematicamente aos deportistas[1] sen o seu coñecemento. Ender mostrou síntomas do uso de esteroides en 1976 (voz profunda, corpo sobredesenvolvido), polo que houbo fortes sospeitas sobre a validez dos seus resultados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kornelia Ender comezou a nadar aos dez anos cando o pediatra aconsellou á súa nai que a levase a nadar para corrixir unha lixeira desviación de cadeira. A súa progresión foi tan espectacular que con só trece anos xa se deu a coñecer nos Xogos Olímpicos de Múnic (1972). Aínda que non gañou ningunha medalla de ouro, deixou constancia da súa enorme capacidade ao obter tres medallas de prata nas probas de 200 m estilos, remudas 4×100 estilos e 4×100 libres.

A partir de aí e durante os seguintes catro anos non tivo rival nas probas de velocidade. Primeiro nos Campionato do Mundo de Belgrado 1973 onde obtivo catro medallas de ouro e unha de prata. Sen moitos problemas volveu conseguir outros catro triunfos nos europeos de Viena en 1974. No Campionato do Mundo de Cali 1975, volveu ser intratable con outros catro ouros e unha prata nos 200 m libres, onde foi derrotada pola estadounidense Shirley Babashoff, eterna segundona que desta volta obtivo a recompensa do ouro. Polos seus triunfos en Cali, Kornelia Ender foi nomeada a mellor deportista do mundo de 1975.

A consagración definitiva de Kornelia Ender e a actuación pola que é lembrada como unha das mellores nadadoras da historia tivo lugar nos Xogos Olímpicos de Montreal (1976). Ender sumou catro medallas de ouro en 100 m libres, 200 libres, 100 bolboreta e 4×100 estilos, batendo en cada proba o correspondente récord do mundo. Como día histórico lémbrase o 22 de xullo, cando en apenas 25 minutos foi quen de gañar as probas de 100 bolboreta e 200 libres. Ademais, o equipo de remudas 4×100 libres obtivo a medalla de prata tras ser derrotado na final polo estadounidense liderado por Shirley Babashoff. Kornelia Ender foi, xunto coa ximnasta Nadia Comăneci e o nadador John Naber, unha das grandes estrelas dos Xogos de Montreal.

En 1991 falou sobre as sospeitas que había sobre o seu estado físico nos Xogos de 1976, recoñecendo que os médicos e os adestradores do equipo lle fixeran moitas inxeccións de medicamentos durante os meses anteriores. Ender dixo que nin nese momento nin despois sobou exactamente cales eran as drogas. Afirmou que só lle dicían que as drogas a axudarían a "rexenerarse e recuperarse" e, polo tanto, aínda que estaba sorprendida pola masa muscular que chegou a ter, atribuíuna ao seu rigoroso adestramento. Cando comezou a sospeitar e rexeitou tomar clorodehidrometiltestosterona en 1977 foi apartada do equipo por Manfred Ewald.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1978, casou co nadador Roland Matthes, tamén campión olímpico, do que se divorciou catro anos despois. Posteriormente casou co tamén deportista Steffen Grummt.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]